Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
ED516B
Axudas para centros privados concertados no ámbito das bibliotecas escolares e fomento da lectura.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Esta orde ten por obxecto regular o procedemento para tramitar as seguintes liñas de axudas dirixidas a centros docentes privados concertados para o curso 2019/20:
1. Plan de mellora de bibliotecas escolares-concertados (continuación das axudas á actualización das bibliotecas escolares iniciadas en 2016), por un importe global de 126.000 €.
E así mesmo, a continuación das axudas para:
2. Clubs de lectura-concertados (vinculados á biblioteca escolar, a realizar fóra das aulas, é dicir, do tempo das materias) e destinados a alumnado de ensino secundario obrigatorio, por un importe global de 30.000 €.
3. Radio na biblio-concertados (laboratorio de radio, vinculado á biblioteca escolar en centros xa integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares durante o curso 2018/19), por un importe global de 9.600 €.
4. Biblioteca inclusiva-concertados (melloras para a accesibilidade concretadas no mobiliario, equipamento e colección das bibliotecas escolares de centros específicos de educación especial), por un importe global de 132.000 €.
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos
Subdirección Xeral de Centros
Servizo de Apoio Económico e Axudas ao Estudo
San Caetano, s/n bloque, 2º
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546547
Email: bibliotecasescolares@edu.xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
03/09/2019 00:00 - 02/10/2019 23:59
O prazo límite de presentación de instancias será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Enténdese por último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte. Se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
En termos xerais os centros solicitantes son os centros privados concertados. Dependendo das liñas de axuda os requisitos específicos aparecen regulados nos artigo 17, 20.2, 26 e 29.
As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
1. Plan de mellora de bibliotecas escolares-concertados:
1.1. Centros que se incorporen por primeira vez:
a) Análise da situación da biblioteca do centro (anexo II).
b) Memoria de actividades realizadas no período 2017-2019 (anexo III).
c) Programa de biblioteca escolar para o curso 2019/20 (anexo IV).
d) Relación do profesorado responsable da biblioteca escolar e integrante do equipo de apoio no curso 2019/20 (anexo V).
e) Certificado da persoa titular da dirección coa data de presentación no claustro do programa de biblioteca para a súa aprobación (anexo VI).
f) Certificado da persoa titular da dirección coa data de presentación no consello escolar do programa de biblioteca para a súa inclusión na programación xeral anual (anexo VII).
g) Certificados acreditativos das actividades de formación do profesorado responsable de poñer en marcha o programa de biblioteca escolar.
1.2. Centros incorporados nas convocatorias de 2016, 2017 ou 2018 que solicitan a continuidade:
a) Liñas prioritarias de actuación da biblioteca escolar para o curso 2019/20 (anexo VIII).
2. Club de lectura-concertados:
a) Certificado da persoa titular da dirección coa data de presentación no consello escolar do proxecto club de lectura para a súa inclusión na programación xeral anual (anexo IX).
b) Descrición do proxecto club de lectura (anexo X).
3. Radio na biblio-concertados:
a) Certificado da persoa titular da dirección conforme a emisora de radio e as súas actividades estarán vinculadas á biblioteca escolar (anexo XI).
4. Biblioteca inclusiva-concertados:
a) Memoria das actividades da biblioteca escolar no curso 2018/19 (anexo XII).
b) Descrición das necesidades concretas para avanzar como biblioteca inclusiva (anexo XIII).
5. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
6. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
7. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supera os tamaños máximos establecidos ou ten un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta e Galicia.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) NIF do centro solicitante.
b) DNI ou NIE da persoa representante.
c) Estar ao día no pagamento das obrigas tributarias ante a Axencia española de Administración Tributaria.
d) Estar ao día no pagamento das obrigas ante a Seguridade Social.
e) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos datos citados poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Solicitudes
1. As solicitudes (anexo I) presentaranse obrigatoriamente a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriríaselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
2. A solicitude deberá indicar a modalidade ou modalidades de axuda, e no caso da axuda para o Plan de mellora de bibliotecas escolares-concertados, se se trata de nova incorporación ou de continuidade no plan; ademais, deberá estar asinada pola persoa representante do centro e incluír unha declaración de non estar incursos en ningunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
En todo caso, a súa presentación implicará que a persoa solicitante acepta as bases da convocatoria e que son certos os datos indicados nesta e na documentación achegada.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deben realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Solicitude
- Solicitude (Anexo I)
Prazo de resolución: Catro meses
Sentido do silencio: Negativo
- Xustificación
- Xustificación do gasto (Anexo XIV)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 7 de agosto de 2019 pola que se convocan axudas para centros privados concertados da Comunidade Autónoma de Galicia no ámbito das bibliotecas escolares e o fomento da lectura para o curso 2019/20 (DOG nº 165 do 2 de setembro de 2019).
-
Extracto da Orde do 7 de agosto de 2019 pola que se convocan axudas para centros privados concertados da Comunidade Autónoma de Galicia no ámbito das bibliotecas escolares e o fomento da lectura para o curso 2019/20 (DOG nº 165 do 2 de setembro de 2019).
-
Orde do 23 de decembro de 2019 pola que se resolve a convocatoria de axudas para centros privados concertados da Comunidade Autónoma de Galicia no ámbito das bibliotecas escolares e o fomento da lectura para o curso 2019/20 (DOG nº 7 do 13 de xaneiro de 2020).
-
Outros procedementos relacionados
Autorización de centros privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias.
Aberto todo o ano
Modificación de autorización de centros privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias.
Aberto todo o ano
Autorización de centros privados para impartir ensinanzas artísticas.
Aberto todo o ano
Modificación de autorización de centros privados para impartir ensinanzas artísticas.
Aberto todo o ano