Guía de procedementos e servizos

CT301A

Subvencións do programa Cultura no Camiño.

Procedemento dirixido a: Entidades locais

Convocatoria 2019 - Prazo pechado: 25/04/2019 00:00 - 24/05/2019 23:59

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

1. Esta resolución, no desenvolvemento das funcións e obxectivos encomendados e previstos na Lei 4/2008, do 23 de maio, de creación da Axencia Galega das Industrias Culturais, e dentro das súas competencias, ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras das subvencións destinadas a financiar as programacións culturais realizadas nas entidades locais polas cales discorren os diferentes camiños de Santiago, para contribuír á promoción das artes escénicas e musicais, e proceder á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento CT301A).

2. Estas axudas teñen como finalidade o fomento das artes escénicas e musicais de carácter profesional, en particular de teatro, música, danza, novo circo e maxia, nos concellos das rutas xacobeas que discorren por Galicia, sendo subvencionable unha parte das súas contratacións que se integrarán nas programacións do programa Cultura no Camiño 2019 e que serán desenvolvidas nas datas comprendidas entre o 1 de maio e o 30 de setembro de 2019.

Procedemento.

O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase polo procedemento de concorrencia non competitiva de xeito abreviado e polo esgotamento do crédito, de conformidade co previsto nos artigos 19.2 e 22 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Gastos subvencionables.

1. Considéranse gastos subvencionables aqueles gastos que, de maneira indubidable, respondan aos cachés das compañías/grupos que configuran as programacións culturais incluídas neste programa, Cultura no Camiño 2019.

2. O gasto considerarase realizado, con carácter xeral, cando se contabilice o recoñecemento da obriga por parte do órgano competente da entidade local. As entidades locais beneficiarias deberán acreditar documentalmente a efectividade dos pagamentos realizados no prazo máximo de 60 días naturais contados a partir da data de ingreso do aboamento da subvención, na conta bancaria da entidade local beneficiaria, de conformidade co establecido no artigo 3 do Decreto 193/2011, do 6 outubro, pola que se regulan as especialidades de subvencións ás entidades locais galegas.

3. O período de programación será o comprendido entre o 1 de maio e o 30 de setembro de 2019 e as contratacións de artes escénicas e musicais serán as celebradas nas devanditas datas.

4. Non serán gastos subvencionables:

– Os gastos derivados de calquera tipo de taxa, tributo ou imposto, agás o imposto sobre o valor engadido non recuperable.

– Os gastos de xuros debedores en contas bancarias, xuros, recargas e sancións administrativas e penais, e os gastos dos procedementos xudiciais.

5. As dúbidas ou controversias en relación coa subvencionabilidade dos gastos será resolta pola Axencia Galega das Industrias Culturais por propia iniciativa ou por pedimento de calquera das entidades solicitantes.

Poderán ser beneficiarios destas axudas todos os concellos galegos polos cales discorran os camiños de Santiago recoñecidos pola Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural, e delimitados polo correspondente decreto, así como aqueles respecto dos cales se ditou acordo de inicio para a súa tramitación.

Obrigas das entidades beneficiarias.

As entidades beneficiarias deberán cumprir coas seguintes obrigas e quedarán suxeitas ás obrigas recollidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e, en concreto, estarán obrigadas a:

1. Cumprir o obxectivo e realizar o proxecto que fundamenta a concesión da subvención, xustificando nos prazos e forma establecidos o cumprimento dos requisitos, así como o cumprimento da finalidade da subvención e a realización do proxecto que fundamentou a concesión da subvención, destinando os fondos percibidos ao obxecto concreto para o cal foron concedidos executando a totalidade das actuacións que fundamentan a resolución de concesión, sen prexuízo das modificacións autorizadas.

2. E, en particular, deberá cumprir coas seguintes obrigas:

a) Realizar a programación nos prazos que indique Agadic, a través da páxina de xestión www.galescena.gal.

As programacións deberá recoller un mínimo de dúas actuacións e deberán contemplar, polo menos, dúas das cinco disciplinas ofertadas (teatro, circo, danza, música e maxia).

b) Contratar espectáculos de teatro, danza, novo circo, maxia e/ou concertos de música de calquera modalidade, producidos e distribuídos por empresas adicadas profesionalmente ás artes escénicas ou musicais con sede, domicilio social ou establecemento permanente na Comunidade Autónoma de Galicia, quedando excluídas as asociacións culturais.

c) Formalizar a contratación destas actividades mediante un contrato de actuación artística de conformidade coa lexislación contractual aplicable e vixente.

d) Aboar ás compañías ou grupos participantes na programación o 100 % do caché e/ou o importe estipulado no contrato.

e) Asumir os gastos derivados da organización puntual de cada actividade, da coordinación e xestión do ciclo de actuacións, así como dos gastos de difusión gráfica e oral, e o pagamento dos dereitos de autor á entidade xestora destes.

f) Remitir a información sobre públicos e recadación da billeteira en formato electrónico a través da páxina de Agadic www.galescena.gal nun prazo non superior aos cinco días hábiles seguintes á celebración de cada actuación.

g) Comunicar, con antelación suficiente, á dirección da Agadic calquera modificación da programación en particular, ao referente ás alteracións unilaterais do calendario de actuacións, dos horarios de celebración ou dos espazos en que se desenvolve a programación.

h) Utilizar en todo o material de difusión, así como nos actos de comunicación pública, que se realice ao abeiro das actuacións contidas neste convenio a imaxe corporativa da Agadic e da Xunta de Galicia, seguindo as normas respectivas en materia de identidade corporativa, así como aqueles logotipos que estean en vigor no momento da sinatura deste convenio, debendo constar expresamente «coa colaboración da Agadic (Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia)» e Xacobeo 21.

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC)

Cidade da Cultura. Monte Gaiás

15707  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881996098

Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC)

Outros procedementos relacionados

CT211B

Subvencións a entidades locais de Galicia, para o equipamento e mellora das instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 11/03/2025 00:00 - 10/04/2025 23:59

CT213A

Subvencións a festivais de artes escénicas.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 26/03/2025 00:00 - 25/04/2025 23:59

CT230C

Creación de novos servizos de lectura.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT302B

Subvencións para o fomento das artes escénicas e musicais nos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia polos que discorren os diferentes camiños de Santiago.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 19/02/2025 09:00 - 21/07/2025 14:00