Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
TR807D
Axudas para a posta en marcha de laboratorios cooperativos no rural. Programa II: impulso de proxectos empresariais colectivos.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras que rexerán a concesión de subvencións da Consellería de Economía, Emprego e Industria, en réxime de concorrencia non competitiva, para a posta en marcha dos laboratorios cooperativos no rural e proceder á súa convocatoria para os anos 2018 e 2019.
Os ditos laboratorios teñen por finalidade fomentar a dinamización da economía local, identificando oportunidades de negocio no territorio e seleccionando un grupo de persoas interesadas en iniciar unha actividade económica no dito sector a través da constitución dunha cooperativa ou sociedade laboral.
Establécese o seguinte programa de axuda:
- Programa II: impulso de proxectos empresariais colectivos (procedemento TR807D).
Este programa ten como finalidade esencial fomentar e promover o emprendemento colectivo baixo fórmulas de economía social no ámbito da comunidade autónoma, concedendo axudas económicas que faciliten a posta en marcha dos proxectos empresariais resultantes dos laboratorios cooperativos no rural previstos no programa I.
- Para o programa II: as cooperativas e sociedades laborais resultantes dos laboratorios cooperativos previstos nesta orde.
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais
Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social
Subdirección Xeral de Economía Social
Servizo de Fomento do Emprego en Economía Social
Edificios Admvos. San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981545679
Fax: 981957748
Prazo de presentación: PECHADO
08/06/2018 00:00 - 01/10/2018 23:59
1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 1 de outubro de 2018 para o programa II, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.
Non obstante, se o período de presentación resulta inferior a un mes, as solicitudes poderán presentarse no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Neste caso, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día é inhábil entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.
2. No suposto de que antes de finalizar o prazo de presentación de solicitudes se esgote o crédito establecido na convocatoria, o órgano xestor deberá publicar, na forma que regulamentariamente se estableza, o esgotamento da partida orzamentaria asignada e a inadmisión das posteriores solicitudes destinadas a participar no procedemento, de acordo co establecido no artigo 31.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
a) Ter a capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir as condicións da axuda.
b) Estar ao día das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
c) Non ter sido sancionadas mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións.
d) Non estar incursas nas prohibicións para obter a condición de beneficiaria sinaladas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, e no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e reunir os restantes requisitos previstos nesta.
A documentación que debe presentarse para solicitar a subvención deste programa, de acordo co previsto no artigo 8 desta orde, é a seguinte:
a) Documentación que acredite, por calquera medio válido en dereito, a representación con que actúa a persoa que asina a solicitude.
b) Se é o caso, alta no censo de obrigados tributarios do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.
c) Memoria técnica e económica do proxecto empresarial ou o plan de empresa, que deberá conter os datos de identificación e descrición do proxecto, os aspectos técnicos de produción e comercialización, a previsión de postos de traballo netos que se van crear, así como unha descrición detallada dos aspectos económicos, técnicos e financeiros que permitan avaliar a viabilidade do proxecto. Esta memoria deberá axustarse ao modelo dispoñible na páxina web da consellería (http://emprego.ceei.xunta.gal), no seu punto de axudas e subvencións.
d) Documentación específica da subvención para accións de asistencia técnica (artigo 31.1): orzamento individualizado correspondente a cada concepto subvencionable e cuantificado economicamente en todas as epígrafes.
e) Documentación específica da axuda para o lanzamento de actividade (artigo 31.2): orzamento total dos gastos necesarios para o inicio da actividade, con indicación daqueles a que se vai destinar a subvención, así como das fontes de financiamento, xunto coas facturas, facturas pro forma, orzamentos ou declaración da previsión de gastos, cuantificado economicamente por anualidades e co IVE desagregado.
Para este programa II o órgano xestor comprobará de oficio a seguinte documentación, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta na fase de solicitude ou en calquera momento posterior, caso en que deberá achegar os seguintes documentos, de acordo co disposto no artigo 10 desta orde:
a) Número de identificación fiscal da entidade solicitante.
b) DNI ou NIE da persoa representante.
c) Alta no imposto de actividades económicas da entidade solicitante.
d) Certificado de estar ao día do pagamento de obrigas tributarias coa AEAT da entidade solicitante.
e) Certificado de estar ao día do pagamento de obrigas tributarias coa Atriga da entidade solicitante.
f) Certificado de estar ao día do pagamento coa Seguridade Social da entidade solicitante.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas, segundo proceda:
a) Número de identificación fiscal da entidade solicitante.
b) DNI ou NIE da persoa representante
c) Alta no imposto de actividades económicas da entidade solicitante, de ser o caso.
d) Certificación de atoparse ao día das obrigas coa Axencia Estatal de Administración Tributaria referida á entidade solicitante.
e) Certificación de atoparse ao día das obrigas coa Atriga referida á entidade solicitante.
f) Certificación de atoparse ao día das obrigas coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social referida á entidade solicitante.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
4. A comprobación poderá ser realizada polo órgano competente en cada unha das fases de xestión, control e verificación das axudas.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
Se algunha das entidades interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que foi realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á entidade interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As entidades interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das entidades interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Fase Solicitude
- Solicitude (Anexo VII)
Prazo de resolución: Tres meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 24 de maio de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a posta en marcha de laboratorios cooperativos no rural, e se convocan para os anos 2018 e 2019 (DOG nº 108 do 7 de xuño de 2018)
-
Extracto da Orde do 24 de maio de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a posta en marcha de laboratorios cooperativos no rural, e se convocan para os anos 2018 e 2019 (DOG nº 108 do 7 de xuño de 2018).
-
Resolución do 7 de novembro de 2018 pola que se dá publicidade ás subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 24 de maio de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a posta en marcha de laboratorios cooperativos no rural, e se convocan para os anos 2018 e 2019 (Diario Oficial de Galicia número 108, do 7 de xuño) (DOG nº 220 do 19 de novembro de 2018).
-
Outros procedementos relacionados
Cualificación iniciativas de emprego.
Aberto todo o ano
Cualificación de iniciativa de emprego de base tecnolóxica (IEBT).
Aberto todo o ano
Cualificación como empresa de inserción
Aberto todo o ano
Cualificación como Centros Especiais de Emprego.
Aberto todo o ano