Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
TR310A
Programa de incentivos á formación de persoas traballadoras ocupadas en sectores estratéxicos para as empresas galegas, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Esta orde ten por obxecto proceder á terceira convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva e no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, do Programa de incentivos á formación de persoas traballadoras ocupadas en sectores estratéxicos para as empresas galegas (procedemento TR310A).
As bases reguladoras desta convocatoria son as que constan na devandita Orde do 31 de decembro de 2017, coas especificacións que se establecen nesta orde.
Poderán ser entidades beneficiarias das axudas reguladas nesta orde as empresas privadas con centro de traballo en Galicia, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, excepto as persoas traballadoras por conta propia, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos nesta orde.
Tamén poderán ser entidades beneficiarias as agrupacións de empresas, que deberán estar constituídas, como mínimo, por dúas empresas non vinculadas entre si con necesidades formativas similares, de tal modo que así se poida alcanzar o número mínimo de alumnado participante que se establece nestas bases. O tamaño máximo da agrupación será de seis empresas.
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais
Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego
Subdirección Xeral de Formación para o Emprego
Servizo de Xestión Administrativa da Formación para o Emprego
Rúa San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 900815333
Email: ocupadosfse.emprego@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
28/12/2018 00:00 - 11/02/2019 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
O prazo que sinala o artigo 6 da Orde do 7 de decembro de 2018 queda ampliado ata o vindeiro 11 de febreiro de 2019.
Para garantir a capacidade de execución do plan formativo proposto, as entidades beneficiarias deberán presentar no último exercicio pechado unha cifra de negocio que represente o dobre do orzamento previsto para accións de formación. Todas as empresas membros da agrupación deben cumprir este requisito. Non será de aplicación este requisito nas empresas que fosen constituídas no ano de presentación da solicitude de axudas.
Esta circunstancia acreditarase coa correspondente declaración responsable incluída no anexo II.
As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
1. Documentación administrativa:
A documentación que se deberá xuntar con cada solicitude referida ao Programa de incentivos á formación de persoas traballadoras ocupadas en sectores estratéxicos para as empresas galegas (procedemento TR310A) é a seguinte:
a) Anexos II, III e, de ser o caso, anexo IV desta orde, debidamente formalizados e asinados a través da aplicación electrónica.
b) Copia da escritura de constitución das entidades solicitantes que acredite o seu domicilio social.
c) Acreditación da capacidade legal suficiente para asinar a solicitude (escritura notarial de poderes ou calquera outro medio válido en dereito) da persoa representante da entidade solicitante e, de ser o caso, da agrupación.
d) Vida laboral de todos os códigos de conta de cotización da empresa referida aos 30 días inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude que acredite a relación das persoas traballadoras ocupadas para formar coa entidade solicitante e a localización do centro de traballo. Este documento deberá permitir acreditar a localización do centro de traballo de cada entidade solicitante, para os efectos que calcular os eventuais gastos de desprazamento.
e) Acordo regulador da agrupación, de ser o caso. Neste documento contractual débense establecer os dereitos e as obrigas que asume cada membro da agrupación. Entre os aspectos que se deberán regular encóntranse:
Organización xeral das actividades formativas.
Acordo de representación da agrupación e elección da súa persoa representante ante a Administración para os efectos de interlocución.
Xestión da agrupación, plan de continxencias e distribución de responsabilidades ante posibles dificultades.
Acordo para a distribución dos fondos recibidos.
Designación dunha persoa que exerza a xefatura técnica do proxecto.
A agrupación de empresas non se poderá disolver ata que transcorra o prazo de prescrición previsto no artigo 35 da Lei 9/2007.
2. Documentación específica:
Memoria explicativa das actuacións formativas que se vaian realizar no marco do proxecto. Esta memoria incluirá a descrición detallada da totalidade das accións formativas previstas e será coherente coa descrición achegada no anexo III para cada unha das accións programadas.
Incluirase un programa de formación, elaborado por unha entidade acreditada, que conterá, como mínimo, a seguinte información e documentación:
Obxectivos, contidos, metodoloxía e modalidade.
Accións formativas que se van desenvolver, con indicación, se fose o caso, da familia e área profesional que corresponda. En accións formativas vinculadas ao Catálogo nacional de cualificacións profesionais deberase indicar a que certificado ou certificados de profesionalidade van dirixidos. Deberán incluír os módulos transversais, de ser o caso.
Identificación do número de traballadores e traballadoras ocupados participantes en cada acción formativa. Nos casos en que a solicitante teña a forma de agrupación, para os efectos de distribución da axuda de minimis, entre os membros da agrupación identificarase o número de persoas traballadoras de cada unha das empresas integrantes da agrupación que reciben formación con cargo ao proxecto.
Custo estimado das accións formativas, con distribución nas categorías de gastos, segundo o previsto no artigo 13 da Orde do 31 de decembro de 2017.
Calendario previsto de execución que conteña os horarios de realización das actividades formativas. A modificación das horas ou do calendario entre exercicios orzamentarios requirirá a autorización da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral.
Lugar, instalación e medios previstos para impartir as accións formativas, que no caso de accións conducentes á obtención dos certificados de profesionalidade ou acreditacións parciais destes deberán cumprir os requisitos que se establecen no real decreto que regule o correspondente certificado de profesionalidade.
No caso de incluír formación mixta, deberanse achegar as claves de acceso á correspondente plataforma web.
Cando as especialidades formativas que se solicitan correspondan a certificados de profesionalidade, as entidades deberán, ademais, achegar documentación acreditativa dos compromisos de realización dos módulos de prácticas profesionais non laborais en empresas incluídos nos certificados de profesionalidade.
No caso de se prever que unha parte da formación se imparta a través de teleformación, esta modalidade de impartición deberase realizar a través dunha plataforma virtual de aprendizaxe que asegure a xestión dos contidos, un proceso de aprendizaxe sistematizado para as persoas participantes, dispoñendo de mecanismos de seguimento e avaliación.
3. Documentación complementaria para os efectos de valoración técnica, de ser o caso:
Acreditación da capacidade e experiencia das persoas formadoras propostas para cada unha das accións formativas previstas. A capacidade dos provedores do servizo de formación deberá ser acreditada mediante a entrega da seguinte documentación referida ao equipo docente proposto.
Copia da titulación dos docentes, no caso de que a entidade solicitante as teña contratadas e dispoña da correspondente copia da súa titulación.
CV do persoal docente proposto.
Acreditación dos anos de experiencia profesional do persoal docente a través de certificados emitidos polas empresas en que traballou; neles, conxuntamente coas datas, deberanse incluír as funcións desenvolvidas. No caso de profesionais autónomos, a experiencia deberase acreditar con certificados de clientes, facturas ou contratos. Ademais, deberase achegar vida laboral completa e actualizada do persoal docente proposto.
Anexo IV de comprobación de datos de terceiras persoas interesadas, para os efectos de que a Administración verifique que os docentes propostos dispoñen da preceptiva titulación requerida para impartir a formación, naqueles casos en que os docentes non formen parte do cadro de persoal da entidade solicitante, ou esta non dispoña dunha copia da súa titulación requirida. No caso contrario, cando a entidade solicitante teña contratado o persoal docente e dispoña da copia dos seus títulos, poderaos presentar.
Vida laboral completa e actualizada do persoal docente proposto.
As modificacións no cadro de persoal docente asignado ao proxecto formativo deberán ser aprobadas pola Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral. Só se admitirán os cambios dunha persoa por outra cunha titulación equivalente, ou superior, a aquela pola cal foi puntuada a solicitude, e naquelas substitucións debidamente xustificadas no marco do proxecto.
Entenderase que a Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral ten aprobada unha modificación pretendida no cadro de persoal docente se non se rexeita expresamente no prazo dun mes desde a data de entrada no rexistro da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral da notificación, aínda que no momento da liquidación económica se comprobará se o cambio proposto cumpría coas condicións establecidas e, de non ser así, terá os efectos previstos no artigo 48 desta orde.
Comprobación de datos.
1. Para tramitar este procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) DNI ou NIE da persoa representante.
b) NIF da entidade solicitante.
c) Certificación de estar ao día nas obrigacións tributarias coa AEAT.
d) Certificación de estar ao día de pagamento coa Seguridade Social.
e) Certificación de estar ao día de pagamento coa Consellería de Facenda.
f) Consultas a través da Seguridade Social para verificar a estabilidade no emprego das persoas receptoras da formación.
g) Titulación do persoal docente (terceiras persoas que interveñen no procedemento).
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberano indicar no cadro correspondente habilitado no formulario do anexo II e do anexo IV da solicitude e achegar os documentos pertinentes.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
4. A documentación complementaria deberase presentar electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado dispoñible na aplicación SIFO, accesible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.gal ou no enderezo directo https://emprego.xunta.es/sifo-solicitudes, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas, e no artigo 24.2 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Prazo de resolución: Tres meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 31 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos á formación de persoas traballadoras ocupadas en sectores estratéxicos para as empresas galegas, cofinanciadas polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á primeira convocatoria (DOG nº 24 do 2 de febreiro de 2018)
-
Extracto da Orde do 31 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos á formación de persoas traballadoras ocupadas en sectores estratéxicos para as empresas galegas, cofinanciado polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á primeira convocatoria (DOG nº 24 do 2 de febreiro de 2018).
-
Orde do 7 de decembro de 2018 pola que se procede á terceira convocatoria das subvencións do Programa de incentivos á formación de persoas traballadoras ocupadas en sectores estratéxicos para as empresas galegas, cofinanciadas polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020 (DOG nº 246 do 27 de decembro de 2018).
-
Extracto da Orde do 7 de decembro de 2018 pola que se procede á terceira convocatoria das subvencións do Programa de incentivos á formación de persoas traballadoras ocupadas en sectores estratéxicos para as empresas galegas, cofinanciadas polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020 (DOG nº 246 do 27 de decembro de 2018).
-
Orde do 18 de xaneiro de 2019 pola que se amplía o prazo de presentación de solicitudes establecido na Orde do 7 de decembro de 2018 pola que se procede á terceira convocatoria das subvencións do Programa de incentivos á formación de persoas traballadoras ocupadas en sectores estratéxicos para as empresas galegas, cofinanciadas polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020 (DOG nº 17 do 24 de xaneiro de 2019).
-
Orde do 16 de xullo de 2019 pola que se amplía o prazo de finalización das accións formativas recollidas na Orde do 31 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos á formación de persoas traballadoras ocupadas en sectores estratéxicos para as empresas galegas, cofinanciadas polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á primeira convocatoria (DOG nº 139 do 23 de xullo de 2019).
-
Resolución do 29 de decembro de 2020, da Dirección Xeral de Formación e Colocación, pola que se publican as subvencións concedidas nas distintas convocatorias publicadas en virtude da Orde do 31 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos á formación de persoas traballadoras ocupadas en sectores estratéxicos para as empresas galegas, cofinanciadas polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020 (Diario Oficial de Galicia número 24, do 2 de febreiro de 2018).(DOG núm. 10 do 18 de xaneiro de 2021).
-
Outros procedementos relacionados
Desprazamento de persoas traballadoras no marco dunha prestacion de servizos transnacional.
Aberto todo o ano
Integración como persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.
Prazo pechado: 10/06/2025 00:00 - 30/06/2025 23:59
Intregración como persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.
Prazo pechado: 20/02/2023 00:00 - 10/03/2023 23:59
Participación nos procesos de funcionarización dende a situación de excedencia voluntaria ou excedencia voluntaria por incompatibilidade ou por prestación de servizos noutra Administración Pública.
Prazo pechado: 30/12/2023 00:00 - 01/04/2024 23:59