Guía de procedementos e servizos

PR961A

Axudas a Deportistas Galegos de Alto Nivel (DGAN).

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2018 - Prazo pechado: 17/10/2018 00:00 - 30/10/2018 23:59

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento

Esta convocatoria ten por obxecto establecer as bases reguladoras da concesión de axudas destinadas a apoiar aos/ás deportistas galegos/as que tiveran o recoñecemento pola Secretaría Xeral para o Deporte coma Deportistas Galegos/as de Alto Nivel (DGAN) nalgún momento dos anos 2017 e 2018, que acadaran os resultados requiridos no apartado 6 das bases de convocatoria, nas competicións de modalidades/especialidades olímpicas e non olímpicas de ámbitos estatal, europeo e/ou mundial das súas respectivas especialidades e probas deportivas.

Poderán ser persoas beneficiarias desta convocatoria os/as deportistas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Estar recoñecido/a pola Secretaría Xeral para o Deporte, coma Deportista Galego/a de Alto Nivel nos anos 2017 ou 2018.

b) Acreditar o nivel deportivo esixido na modalidade/especialidade practicada conforme o apartado 6.4.1. ou acadar a puntuación necesaria na aplicación do baremo establecido no punto 6.4.2. das bases de convocatoria , no caso de que se lle aplique.

c) Non estar cumprindo sanción disciplinaria ou administrativa en materia deportiva de carácter grave ou moi grave.

Non poderán obter a condición de persoa beneficiaria os/as solicitantes nos que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fundación Deporte Galego

Rúa Madrid 2-4. Edificio EGAP 2ª pranta

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881996373

Fundación Deporte Galego
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

17/10/2018 00:00 - 30/10/2018 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte. Se no mes de vencemento non houber día equivalente a aquel en que comeza o cómputo, entenderase que o prazo expira o derradeiro día do mes.

  • As/os deportistas solicitantes interesadas/os presentarán a solicitude (Anexo I) preferentemente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en formato papel orixinal no Rexistro da Fundación Deporte Galego (R/ Madrid, 2-4, 2º (Fontiñas) – 15781 Santiago de Compostela), ou nas oficinas previstas no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Ademais de no rexistro da Fundación, tamén se poderán presentar por correo , de acordo co disposto no artigo 16.4.b. (da Lei 39/2015, de 1 de outubro do Procedemento Administrativo común das Administracións Públicas). A utilización deste medio de envíos postais para presentar as solicitudes obrigará ás persoas solicitantes a comunicalo por correo electrónico (fundaciondeportegalego.pr@xunta.gal) ou fax (881 996 374), remitindo a propia solicitude á Fundación Deporte Galego.

A presentación das solicitudes en lugar distinto do sinalado será causa de rexeitamento ou exclusión.

Para a presentación das solicitudes de forma electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365), habilitándose un enlace na Guía de procedementos e servizos co código PR961A.

  • As persoas interesadas deberán achegar tamén obrigatoriamente en todos os casos coa solicitude ( Anexo I), a seguinte documentación:

    • Anexo II.Certificado da Federación. Obrigatorio en tódolos casos.No caso da presentación telemática, serán asinados dixitalmente (non de forma manuscrita) pola/o secretaria/o e presidenta/e. Cando sexan presentados de forma presencial, as sinaturas sí serán manuscritas e deberán incluir tamén o cuño oficial da federación. Non serán aceptados en ningún caso certificados presentados en formato escaneado sen sinatura oficial.

    • Anexo III. Autorización de representación. Unicamente nos casos nos que a persoa solicitante outorgue facultades de representación a outra persoa inicialmente allea á solicitude.

No caso de persoas solicitantes menores de idade, documento acreditativo da patria potestade ou tutela (copia do libro de familia ou calquera outro documento que o acredite).

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación, ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos aos que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

A documentación complementaria presentarase preferentemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten.Excepcionalmente, a Fundación poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente no Rexistro da Fundación Deporte Galego (Polígono das Fontiñas, Rúa de Madrid, 2-4 (Planta 2ª). 15781. Santiago de Compostela. A Coruña). Ademais de no rexistro da Fundación, tamén se poderá realizar por correo, de acordo co disposto no artigo 16.4.b. (da Lei 39/2015, de 1 de outubro do Procedemento Administrativo común das Administracións Públicas). A presentación da documentación complementaria en lugar distinto do sinalado será causa de rexeitamento ou exclusión.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código PR961A e o órgano responsable do procedemento (FUNDACIÓN DEPORTE GALEGO), o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

  • Comprobación de datos.

Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

  • DNI/NIE da persoa solicitante.

  • DNI/NIE da persoa representante.

  • Certificación positiva expedida pola Tesourería Xeral da Seguridade Social correspondente, acreditativa de que a persoa solicitante se atopa ao corrente do cumprimento das súas obrigas coa Seguridade Social.

  • Certificación positiva expedida pola Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT) que acredita que a persoa solicitante se atopa ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias.

  • Certificación positiva expedida polo órgano competente da Consellería de Facenda (Xunta de Galicia) na que se teña constancia que non ten débedas pendentes de natureza tributaria coa Facenda Pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Despois de presentar

Prazo de resolución: Ata o 31 de decembro de 2018

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Anuncio da convocatoria de axudas a deportistas galegos/as de alto nivel (axudas DGAN 2018) (DOG nº 197 do 16 de outubro de 2018).

    • BASES DA CONVOCATORIA DE AXUDAS A DEPORTISTAS GALEGOS/AS DE ALTO NIVEL “AXUDAS DGAN 2019”

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

PE405A

Concesión de licenza de pesca marítima de recreo.

PE405B

Autorización para inmersión e concursos ou campionatos de pesca marítima de recreo.

PE616A

Tarxeta de identidade marítima náutica de lecer.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR946C

Legalización dos libros das entidades deportivas

Tramitar en liña

Aberto todo o ano