Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
IN501A
Axudas para a organización de accións formativas non regradas e de divulgación que impulsen o coñecemento, a competitividade e a innovación da industria forestal de Galicia.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería de Economía e Industria
1. Esta resolución ten por obxecto a aprobación das bases reguladoras que rexerán a convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a organización de accións formativas non regradas e de divulgación que impulsen o coñecemento e destaquen a importancia estratéxica da industria forestal, a competitividade, o deseño e innovación e o desenvolvemento sustentable, en concordancia coa Estratexia de formación da industria forestal (código de procedemento IN501A).
2. A finalidade desta resolución é mellorar e reforzar as habilidades profesionais para incrementar a competitividade e o coñecemento en todas as fases da cadea de valor, así como colaborar coa finalidade das asociacións do sector. Estas axudas teñen como obxectivo estratéxico contribuír a unha concienciación colectiva baseada na percepción da industria forestal como unha industria estratéxica, innovadora, moderna e reconciliada co ambiente, favorecendo a participación dos axentes clave na divulgación da utilidade da madeira.
3. Así mesmo, por medio desta resolución convócanse estas subvencións para o ano 2018.
Poderán ser beneficiarias, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos nesta resolución:
a) Asociacións sen ánimo de lucro representativas da industria forestal.
b) Agrupacións empresariais innovadoras (AEI).
c) Colexios profesionais cando as accións subvencionables se correspondan co seu obxecto e fins sociais, a teor do disposto nos seus estatutos.
Xunta de Galicia
Consellería de Economía e Industria
Axencia Galega da Industria Forestal
Avda. Fernando de Casas Novoa, 38 (San Lázaro)
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881995478 / 881995477
Email: xera.ceei@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
04/08/2018 00:00 - 03/09/2018 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao de publicación no DOG desta resolución.
Con carácter xeral, as entidades beneficiarias deberán reunir os seguintes requisitos:
a) Estar legalmente constituídas e inscritas nos rexistros competentes e estar ao día nas obrigas referidas ao depósito de documentos e inscrición de acordos nos ditos rexistros.
b) Non estar incursos en ningunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, nin ter pendentes de pagamento débedas coa Comunidade Autónoma así como estar ao día nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
c) Realizar as actividades obxecto da axuda no ámbito territorial de Galici
Documentación complementaria
1. As entidades interesadas deberán achegar obrigatoriamente coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:
a) Copia dos estatutos da entidade solicitante en que figure o seu obxecto social. Cada entidade achegará a documentación que se indica neste punto, no caso de solicitudes conxuntas.
b) Certificación do rexistro competente que acredite a súa inscrición nel, así como que están ao día no cumprimento das obrigas referidas ao depósito de documentos e inscrición de acordos nos ditos rexistros.
Cada entidade achegará a documentación que se indica neste punto, no caso de solicitudes conxuntas.
c) Documentación que acredite, por calquera medio válido en dereito, a representación con que actúa a persoa que asina a solicitude. Cada entidade achegará a documentación que se indica neste punto, no caso de solicitudes conxuntas.
d) Anexo II de pluralidade de persoas solicitantes, en que se detallarán todos os solicitantes a maiores do que figura no anexo I, no caso de solicitudes formuladas conxuntamente. Este anexo integra para cada entidade solicitante, a autorización á entidade sinalada como representante para a presentación da solicitude en nome do resto.
e) Anexo III, de declaración expresa doutras axudas e cumprimento de requisitos, para cada entidade solicitante, no caso de solicitudes formuladas conxuntamente. Este anexo, integra para cada entidade solicitante, as declaracións responsables a que se refire o punto 5 do artigo 9.
f) Documento en que se acorde a colaboración entre as entidades solicitantes, a designación da que as representa, os compromisos asumidos económicos e/ou materiais por cada unha delas para a execución das actividades e o importe de subvención solicitado por cada unha, no caso de solicitudes formuladas conxuntamente por varias entidades.
g) Proxecto en que se recollan as accións formativas non regradas e de divulgación de cada entidade, que será asinado pola persoa que exerza a representación legal da entidade. O proxecto que se presente, contará cun índice de actividades a levar a cabo ou as xa realizadas. Xa que logo, para cada acción ou actividade incluída no índice do proxecto deberá achegarse a seguinte documentación, coa estrutura que se indica a seguir:
1º. Memoria explicativa de cada acción ou actividade integrada no proxecto e que deberá conter os seguintes aspectos:
i) Tipoloxía da actividade ou acción: divulgativa ou formativa.
ii) Breve descrición da actividade que se vai realizar ou da actividade realizada (neste caso ter en conta o disposto no artigo 4.4, en canto a gastos subvencionables).
iii) No caso de actividades formativas indicarase, ademais, unha previsión do número de alumnos ou, se xa se realizaron, o número real de asistentes.
iv) No caso das actividades divulgativas farase unha descrición da tipoloxía e metodoloxía.
v) No caso de realización de xornadas, indicarase o número previsible de asistentes, ou o número de efectivo de asistentes, no caso de que sexa unha actividade xa realizada.
vi) Colectivo destinatario da acción, centro e localidade onde se desenvolveron ou previsiblemente se vaia desenvolver a actuación para a que se solicita a axuda.
vii) Descrición detallada do seu contido e plan de traballo en que se incluirá a data de realización.
viii) Impacto e resultados esperados.
ix) Os medios previstos para a súa realización (ou os utilizados no caso das accións xa realizadas).
x) Cronograma da actividade.
2º. Entidades formativas que colaboren ou participen no desenvolvemento da actividade, de ser o caso.
3º. Orzamento de gastos detallado e individualizado por conceptos, co IVE desagregado, que concrete a achega que realizará a entidade solicitante no seu financiamento e a porcentaxe da actividade que se pretende subcontratar, de ser o caso.
No caso de gastos de persoal propio detallarase con claridade aqueles que se imputan á actividade.
4º. Orzamento de ingresos: faranse constar os ingresos obtidos pola realización de cada acción, así como a obtención doutras axudas ou subvencións para a mesma finalidade.
5º. Accións divulgativas que dean lugar a reportaxes, artigos e publicacións en medios de difusión, tales como revistas científicas ou emisión en medios audiovisuais, agás nos medios de difusión das propias entidades solicitantes.
6º. Declaración da lingua utilizada para o desenvolvemento das actividades e nos materiais utilizados nas actividades propostas, tales como trípticos, material didáctico, etc.
O proxecto presentarase en formato pdf con follas paxinadas, cun índice de actividades e cos diferentes puntos ordenados para cada actividade.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electrónicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Axencia Galega da Industria Forestal poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria de maneira presencial, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos que se vai presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos establecidos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
5. As solicitudes das persoas interesadas deberán achegar os documentos ou informacións previstos nesta norma, salvo que xa estean en poder da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia. Neste caso, as persoas interesadas poderán acollerse ao establecido no artigo 53.d) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sempre que se faga constar a data e o órgano ou dependencia en que foron presentados sempre e cando non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento a que correspondan. Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, a Axencia Galega da Industria Forestal poderá requirir a persoa solicitante ou representante a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) DNI/NIE da persoa representante.
b) NIF da entidade solicitante.
c) Certificación de estar ao día nas obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT).
d) Certificación de estar ao día nas obrigas coa Tesourería Xeral da Seguridade Social.
e) Certificación de estar ao día nas obrigas coa Consellería de Facenda.
2. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
3. No caso de que o solicitante deba presentar estes certificados na fase de emenda, logo de que a consulta polo órgano xestor non obtivese resultado favorable, a data de expedición dos certificados pola Administración correspondente deberá ser posterior á data de consulta polo órgano xestor, o que se comunicará no requirimento de emenda da documentación.
Presentación solicitudes.
A presentación das solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia,
https://sede.xunta.gal, de conformidade co establecido nos artigos 14.2 e 14.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; no artigo 31 da Lei 2/2017, do 8 de febreiro, de medidas fiscais, administrativas e de ordenación; e no artigo 24.2 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
Se algunha das entidades interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderán empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).
Toda a información está dispoñible na Guía de procedementos e servizos no enderezo https://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos-e-servizos.
No formulario de solicitude (anexo I) inclúense as seguintes declaracións responsables:
a) Declaración responsable do solicitante de todas as axudas solicitadas e concedidas para a mesma finalidade ou os mesmos custos, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional.
b) Declaración responsable de que todos os datos contidos nesta solicitude e nos documentos que se achegan son certos.
c) Declaración responsable de non estar incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
d) Declaración responsable de non estar incursa en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
e) Declaración responsable de estar ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.f) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.
f) Declaración responsable de que desenvolverá en Galicia as actividades que ten asignadas no proxecto para o que se solicita a axuda.
g) Declaración responsable de que ten capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos do proxecto para o que solicita a axuda.
Prazo de resolución: Dous meses
Sentido do silencio: Negativo
- Fase posterior
- Declaración doutras axudas e de mantemento dos requisitos para ser beneficiario/a (Anexo IX)
- Relación de persoas asistentes á actividade formativa non reglada (Anexo VI)
- Modelo de aceptación ou renuncia (Anexo IV)
- Certificado da relación de gastos de cada actividade ou acción (anexo VIII)
- Solicitude de pagamento (anexo VII)
- Comunicación previa ao inicio da actividade (Anexo V)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 16 de xullo de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2018, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas para a organización de accións formativas non regradas e de divulgación que impulsen o coñecemento, a competitividade e a innovación da industria forestal de Galicia. (DOG nº 148 do 3 de agosto de 2018).
-
Extracto da Resolución do 16 de xullo de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2018, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas para a organización de accións formativas non regradas e de divulgación que impulsen o coñecemento, a competitividade e a innovación da industria forestal de Galicia. (DOG nº 148 do 3 de agosto de 2018).
-
Corrección de erros. Resolución do 16 de xullo de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2018, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas para a organización de accións formativas non regradas e de divulgación que impulsen o coñecemento, a competitividade e a innovación da industria forestal de Galicia (DOG nº 156 do 17 de agosto de 2018).
-
Resolución do 30 de outubro de 2018 pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 16 de xullo de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2018 as axudas para a organización de accións formativas non regradas e de divulgación que impulsen o coñecemento, a competitividade e a innovación da industria forestal de Galicia (DOG nº 213 do 8 de novembro de 2018).
-
Outros procedementos relacionados
Autorización de centros privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias.
Aberto todo o ano
Autorización de centros privados para impartir ensinanzas artísticas.
Aberto todo o ano
Autorización de centros de ensinanzas de técnicos deportivos.
Aberto todo o ano
Rexistro de librarías. Axudas para adquirir libros de texto e material escolar.
Aberto todo o ano