Guía de procedementos e servizos

IN200A

Premios de artesanía de Galicia.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2018 - Prazo pechado: 02/11/2018 00:00 - 16/11/2018 23:59

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento

Esta disposición ten por obxecto establecer as bases que rexen os premios Artesanía de Galicia, que se aproban no anexo I e proceder á súa convocatoria para o ano 2018 co obxectivo de recoñecer a mellora continua no labor dos profesionais do sector artesán galego e contribuír ao seu desenvolvemento económico e promocional.

Os premios Artesanía de Galicia constan das seguintes modalidades:

a) Premio Artesanía de Galicia 2018.

b) Premio Traxectoria 2018.

c) Premio Bolsa Eloy Gesto 2018.

Estas bases teñen por obxecto regular a concesión dos premios de Artesanía de Galicia como un recoñecemento á mellora continua no labor dos profesionais do sector artesán galego e contribuír ao seu desenvolvemento económico e promocional.

Características dos premios.

Os premios Artesanía de Galicia constan das seguintes modalidades:

1. Artesanía de Galicia 2018.

Premiarase a obra que represente as liñas desexadas para unha artesanía competitiva no mercado actual como son o deseño, a adaptación ou conservación das técnicas e valores tradicionais máis característicos da nosa artesanía, a incorporación ás tendencias actuais, a innovación, a boa presentación e a calidade da obra tanto nos seus materiais como no desenvolvemento desta.

2. Premio Traxectoria 2018.

Premio honorífico en recoñecemento á traxectoria profesional consolidada dunha persoa artesá galega. O premio será concedido tendo en conta as propostas dos obradoiros artesanais inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía, as asociacións profesionais de artesáns de Galicia e outras entidades públicas ou privadas encargadas de facer a presentación das candidaturas. Valorarase a traxectoria recoñecida da persoa candidata, a súa contribución, posta en valor e promoción da artesanía galega, a calidade dos seus traballos realizados e o compromiso coa divulgación e transmisión pedagóxica dos principais valores positivos no eido da nosa artesanía.

3. Premio Bolsa Eloy Gesto 2018.

Esta modalidade ten a finalidade de potenciar o relevo xeracional na artesanía, o acceso de novos talentos ao sector e a súa profesionalización. Premiarase a candidatura que presente unha proposta para a súa formación nun centro formativo ou nun obradoiro artesanal de referencia no eido da artesanía e o deseño. Valorarase o carácter innovador do proxecto, a transferencia de coñecemento que se pretende acadar con esa formación, a incorporación das novas tecnoloxías, o currículo da persoa candidata e a potencialidade de incorporación desta formación para a elaboración dun produto artesanal innovador. Tamén se terá en conta o grao de madurez, calidade na presentación da proposta, así como a colaboración entre distintas actividades artesanais.

1. Premio Artesanía de Galicia 2018.

Obradoiros artesanais inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia cuxo titular sexa unha persoa artesá rexistrada como tal, de acordo coa Lei 1/1992, do 11 de marzo, de artesanía de Galicia e co Decreto 218/2001, do 7 de setembro, polo que se refunde a normativa vixente en materia de artesanía.

2. Premio Traxectoria 2018.

Artesáns/ás en activo ou retirados que están ou estiveron inscritos como tales no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia e cunha actividade mínima e demostrable no sector de 20 anos. Os encargados de facer a presentación das candidaturas desta categoría serán os obradoiros artesáns inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía, as asociacións profesionais de artesáns de Galicia ou outras entidades públicas ou privadas.

3. Premio Bolsa Eloy Gesto 2018.

1. Artesáns/ás inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia, cunha idade máxima de 40 anos no 2018.

2. Obradoiros artesanais inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia e cuxo titular sexa unha persoa artesá rexistrada como tal e que acadara unha idade máxima de 40 anos no 2018.

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Fundación Pública Artesanía de Galicia

Área Central, 1º-Local 25MN. Fontiñas

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881999171 / 881999175 / Desde o resto do Estado: 902120012

Fax: 881999170

Email: centro.artesania@xunta.gal.

http://artesaniadegalicia.xunta.gal

http://ceei.xunta.gal

Fundación Pública Artesanía de Galicia
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

02/11/2018 00:00 - 16/11/2018 23:59

O prazo de presentación de candidaturas iníciase a partir das 8.00 horas do 2 de novembro de 2018 e remata ás 14.30 horas do 16 de novembro de 2018.

  • As persoas interesadas deberán achegar a seguinte documentación:

  • 1. Premio Artesanía de Galicia 2018.

A) Sobre pechado «A» en que figurará o título da proposta e que conterá a seguinte documentación:

  • a) Anexo II. É obrigatorio que, de ser o caso, leve a sinatura e o selo da empresa.

  • b) Currículo do obradoiro artesán.

B) Sobre pechado «B» en que figurará o título da proposta e conterá en soporte dixital a seguinte documentación:

  • a) Ficha técnica do proxecto que inclúa nome ou título da obra, peso, medidas, técnica utilizada, materiais empregados e ano de elaboración.

  • b) Mínimo de 5 imaxes da obra presentada en formato jpg cunha resolución de 300 dpi.

  • c) Memoria descritiva do proceso produtivo e memoria conceptual en que se indique a intencionalidade da peza, as fontes de inspiración e calquera outro dato que axude á comprensión e ao bo entendemento da obra.

Esta documentación non poderá estar asinada nin conter distintivos que a identifique cunha marca ou cunha autoría determinada.

C) Presentación da peza orixinal e no caso de que non poida ser presentada por cuestións de volume, peso ou localización, exixirase unha maqueta cuxo volume non exceda o metro cúbico e os 40 quilogramos de peso, xunto con material fotográfico do orixinal.

O número máximo de obras por participante será de dous. Asemade, os autores que desexen participar con máis dunha obra deberán cubrir toda a documentación por obra presentada.

Importante: a peza e memoria que se propón como candidata ao premio non poderá estar asinada nin conter distintivos que a identifique cunha marca ou cunha autoría determinada.

  • 2. Premio Traxectoria 2018.

Sobre pechado en que figurará o nome da persoa candidata e que conterá a seguinte documentación:

En papel:

  • a) Anexo II. É obrigatorio que leve a sinatura da persoa representante e o selo do obradoiro, asociación profesional ou entidade pública ou privada que realiza a proposta.

En soporte dixital:

  • Memoria de presentación cun mínimo de 15 imaxes en formato jpg cunha resolución de 300 dpi do traballo e currículo da persoa candidata e en que se sinalen as razóns pola se propón ao premio.

  • 3. Premio Bolsa Eloy Gesto 2018.

Sobre pechado en que figurará o nome e conteña:

En papel:

  • a) Anexo II. É obrigatorio que leve a sinatura e o selo da empresa, de ser o caso.

  • b) Currículo da persoa artesá ou do obradoiro artesán.

En soporte dixital un dossier que conteña:

  • Memoria descritiva que inclúa o traballo principal da persoa candidata no eido da artesanía, programa ou principais contidos da formación que desexa adquirir a través da bolsa de formación, información principal do centro de formación ou obradoiro de artesanía para o que solicita a bolsa e unha proposta razoada pola que considera que a súa candidatura debe de ser elixida como gañadora nesta categoría.

  • Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

  • a) DNI ou NIE da persoa solicitante ou representante.

  • b) NIF da entidade solicitante.

  • c) Certificación de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.

  • d) Certificación de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Tesouraría Xeral de Seguridade Social.

  • e) Certificación de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Facenda da Xunta de Galicia.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro habilitado no modelo de solicitude e achegar os documentos correspondentes.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

  • As solicitudes para participar no procedemento de concesión dos premios presentaranse no prazo que se indica no artigo 3 da convocatoria.

    • a) A documentación e a peza orixinal, de ser o caso, deberase presentar nas oficinas da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, debéndose de consultar previamente no correo electrónico centro.artesania@xunta.gal o enderezo e o horario de apertura das oficinas. Cando a candidatura se remita por correo o solicitante deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos (será requisito indispensable que se trate dunha oficina de Correos prestadora do servizo postal universal) e comunicarlle á Fundación Centro Galego de Artesanía e do Deseño a remisión da candidatura mediante fax (881 99 91 70) ou telegrama no mesmo día. Sen a concorrencia de ambos os dous requisitos non será admitida a proposta se é recibida pola fundación con posterioridade á data en que remata o prazo sinalado no seguinte punto das presentes bases. Transcorridos, porén, os dez días naturais seguintes á data indicada sen se recibir a proposta de candidatura, esta non será admitida en ningún caso.

    • b) De acordo co artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no caso de que a solicitude e a documentación non reúnan os requisitos exixidos nestas bases, requiriráselle á persoa solicitante que a complete no prazo de 10 días coa advertencia de que transcorridos eses días sen que se achegue a documentación, teráselle por desistida da súa solicitude, previa resolución expresa.

  • A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Despois de presentar

Prazo de resolución: Cinco meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 7 de maio de 2018, da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, pola que se acorda publicar as bases reguladoras dos premios de Artesanía de Galicia e a súa convocatoria para o ano 2018 (DOG nº 96 do 22 de maio de 2018).

    • Extracto da Resolución do 7 de maio de 2018, da Direccion Xeral de Comercio e Consumo, pola que se acorda publicar as bases reguladoras dos premios de Artesanía de Galicia e a súa convocatoria para o ano 2018 (DOG nº 96 do 22 de maio de 2018).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

CO301B

Bonos Activa comercio.

Prazo aberto: 20/05/2025 00:00 - 31/12/2025 23:59

FA300A

Recoñecemento e inscrición no rexistro dunha persoa intermediaria de crédito inmobiliario, modificación de datos ou baixa.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA300B

Recoñecemento e inscrición no rexistro, modificación de datos ou baixa dunha persoa intermediaria de crédito inmobiliario presentada por unha persoa prestamista única.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA300C

Inscrición, modificación de datos ou baixa no rexistro de persoas representantes designadas por unha persoa intermediaria de crédito inmobiliario.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano