Guía de procedementos e servizos

ED333A

Bolsas para a mocidade do exterior co fin de cursar estudos de Formación Profesional de ciclo superior.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2018 - Prazo pechado: 10/08/2018 00:00 - 10/09/2018 23:59

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Sobre o procedemento

Establecer as bases e convocar o procedemento de concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de cen bolsas (100) para a mocidade do exterior, co fin de cursar un ciclo de grao superior de formación profesional sostido con fondos públicos nun centro da Comunidade Autónoma de Galicia.

Poderán concorrer a esta convocatoria os/as cidadáns/as galegos/as residentes no exterior e que cumpran os requisitos académicos de acceso a un ciclo de grao superior de formación profesional.

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Dirección Xeral de Formación Profesional

Subdirección Xeral de Innovación Profesional e Coordinación co Sistema Produtivo

Servizo de Orientación e Innovación Profesional

San caetano, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 88197331 / 98140213

Dirección Xeral de Formación Profesional
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

10/08/2018 00:00 - 10/09/2018 23:59 O prazo dun mes remataría o día 9 de setembro, que é inhábil. Remata o día 10

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

1. Requisitos que se deberán cumprir e acreditar no prazo de presentación de solicitudes:

-Ser menor de 30 anos.

-Estar en posesión da nacionalidade española

-Residir no estranxeiro.

-Acreditar un mínimo de dous anos de residencia no estranxeiro inmediatamente anteriores á data final do prazo de presentación da solicitude.

-Ser emigrante nado/a en Galicia ou ter residido en Galicia de xeito continuado durante dez anos con nacionalidade española antes de emigrar, ou ser descendente por consanguinidade dunha persoa que cumpra algunha destas condicións e ter nacido no estranxeiro.

-Cumprir os requisitos académicos de acceso a ciclos de grao superior de formación profesional.

2. Os requisitos, en todo caso, deberanse cumprir e acreditar na data de concesión da bolsa:

No caso das persoas nacidas no estranxeiro, estar vinculado/a (residencia legal) a un concello galego.

-Estar matriculado/a no curso 2018-2019 nun ciclo de formación profesional de grao superior sostido con fondos públicos, de réxime ordinario ou de formación profesional dual.

a) Pasaporte ou outro documento acreditativo da identidade e nacionalidade española, para as persoas solicitantes que non teñan DNI (documento nacional de identidade) español.

b) Documentación acreditativa da residencia actual no estranxeiro.

c) Documentación xustificativa do tempo de residencia no estranxeiro durante un mínimo de dous anos ininterrompidos inmediatamente anteriores á data de fin do prazo de presentación da solicitude.

d) Documentación acreditativa da súa vinculación con Galicia: do nacemento en Galicia ou a residencia nesta comunidade autónoma de maneira continuada durante dez anos con nacionalidade española antes de emigrar ou, de ser o caso, de ser descendente dunha persoa que cumpra algunha destas condicións, e do seu nacemento no estranxeiro.

e) Certificado do expediente académico homologado onde se reflicta a nota para o acceso.

Comprobación dos datos.

1. Para tramitar este procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) DNI/NIE da persoa solicitante, de ser o caso.

b) DNI /NIE/NIF da persoa ou entidade representante, de ser o caso.

2. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación do documento correspondente.

Presentación de solicitudes.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado, que figura como anexo I desta resolución a título informativo, dispoñible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.

Quen non posúa DNI ou NIE ou certificado electrónico aceptado pola sede electrónica da Xunta de Galicia poderá presentar a solicitude presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Despois de presentar

Prazo de resolución: Cinco meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 6 de agosto de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan cen bolsas para a mocidade do exterior, co fin de cursar estudos de formación profesional de grao superior que se inicien no curso académico 2018/19 nun centro con ensinanzas sostidas con fondos públicos de Galicia (DOG nº 152 do 9 de agosto de 2018).

    • Extracto da Orde do 6 de agosto de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan cen bolsas para a mocidade do exterior, co fin de cursar estudos de formación profesional de grao superior que se inicien no curso académico 2018/19 nun centro con ensinanzas sostidas con fondos públicos de Galicia (DOG nº 152 do 9 de agosto de 2018).

    • Orde do 20 de novembro de 2018 pola que se publica a resolución pola que se resolven as bolsas para a mocidade do exterior establecidas na Orde do 6 de agosto de 2018 (DOG nº 228 do 29 de novembro de 2018).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

ED330H

Rexistro de librarías. Axudas para adquirir libros de texto e material escolar.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

ED330B

Participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar.

Prazo pechado: 16/05/2025 00:00 - 20/06/2025 23:59

ED330E

Participación no procedemento de distribución de máscaras.

Prazo pechado: 15/11/2021 00:00 - 26/11/2021 23:59

ED330G

Aceptación da participación como entidade colaboradora no fondo solidario de libros de textos e axudas para adquirir libros de texto e material escolar.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 16/05/2025 00:00 - 20/06/2025 23:59