Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
ED308A
Adxudicación de prazas de residencia a persoas colaboradores bolseiros en centros residenciais docentes.
Procedemento dirixido a: Ciudadanos
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
1. A presente orde ten por obxecto regular o procedemento (ED308A) para adxudicar prazas de residencia a persoas colaboradoras bolseiras nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para o curso académico 2018/19.
2. O número de prazas ofertadas é o seguinte:
Centro Residencial Docente da Coruña: 18 prazas.
Centro Residencial Docente de Ourense: 6 prazas.
Centro Residencial Docente de Vigo: 6 prazas.
3. As persoas adxudicatarias de prazas de colaborador bolseiro utilizarán os servizos da residencia de forma gratuíta durante o período de funcionamento en que estea aberta aos residentes.
Incompatibilidades.
1. As persoas beneficiarias de praza de colaboradora bolseira non poderán realizar, mentres gocen desta, ningún tipo de traballo remunerado.
2. Así mesmo, será incompatible con estar en posesión ou reunir os requisitos necesarios para obter un título académico de nivel igual ou superior ao dos estudos que pretende realizar.
3. A condición de beneficiario será compatible coa obtención de axudas na convocatoria xeral de bolsas e axudas ao estudo, agás aquelas que teñan como compoñente o pagamento de gastos de comedor e/ou residencia.
Persoas colaboradoras bolseiras.
Obrigas das persoas colaboradoras bolseiras.
As persoas colaboradoras bolseiras teñen as seguintes obrigas:
1. Residir no centro residencial docente.
2. Colaborar no desenvolvemento das tarefas e actividades relacionadas con accións formativas complementarias.
3. Na súa condición de colaboradora ante o resto das persoas residentes, teñen a obriga de cumprir e facer cumprir as normas de réxime interno, as normas de convivencia e os horarios que permitan o normal desenvolvemento da vida residencial.
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos
SAN CAETANO S/N
15771 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546501
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Departamento Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Coruña
R/ Vicente Ferrer, 2
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184701
Fax: 981184785
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Departamento Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional de Lugo
Ronda Muralla, 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294210
Fax: 982294152
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Departamento Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional de Ourense
R/ Concello, 11- 6º
32003 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386615
Fax: 988386788
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Departamento Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional de Pontevedra
R/ Fernández Ladreda, 43, 7º e 8º andar
36003 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986505188
Fax: 986805937
Prazo de presentación: PECHADO
24/07/2018 00:00 - 03/08/2018 23:59
O prazo de presentación de solicitudes en período ordinario será desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria ata o 3 de agosto de 2018.
Requisitos persoais e dispoñibilidade.
1. A persoa solicitante deberá ter os seguintes requisitos:
a) Dezaoito anos cumpridos ou acadar esta idade dentro do ano natural 2018.
b) Posuír a capacidade funcional para o desempeño do labor de apoio no desenvolvemento da actividade diaria da residencia.
2. A distancia entre o centro universitario onde curse os estudos e o centro residencial docente, así como os medios de comunicación existentes, deberán garantir a dispoñibilidade no horario en que teñan que realizar o dito labor de apoio.
Requisitos académicos.
1. A persoa solicitante deberá estar inscrita ou matriculada en ensinanzas universitarias de grao, máster oficial, primeiro, segundo ou terceiro ciclo nunha facultade, escola superior, escola universitaria ou colexio universitario no curso 2018/19.
2. Considéranse estudantes en réxime de dedicación académica a tempo completo os matriculados no número de créditos indicado a seguir:
a) Estudos de grao: 60 créditos.
b) Estudos de primeiro e segundo ciclos: o número de créditos que resulte de dividir o total dos que integran o plan de estudos (agás os de libre elección) entre o número de anos que o compoñan.
Estes solicitantes terán preferencia na adxudicación de prazas.
3. Non obstante, as persoas solicitantes en situación de matrícula parcial poderán obter praza cando estean matriculadas no número mínimo indicado a seguir:
a) Estudos de grao: entre 30 e 59 créditos.
b) Estudos de primeiro e segundo ciclos: o 50 % dos créditos indicados no punto 2.b).
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude:
a) O anexo II Comprobación de datos de terceiras persoas, de ser o caso.
b) Xustificante da inscrición ou matrícula para o curso académico 2018/19.
1º. As persoas que se matriculen por primeira vez en estudos de grao, se proceden de bacharelato, presentarán orixinal ou copia cotexada do certificado oficial da nota media do bacharelato e da cualificación da fase xeral; nos demais casos, o certificado oficial da nota obtida na proba que permita o acceso, de acordo co previsto no artigo 9.2 desta orde.
2º. As persoas xa matriculadas en ensinanzas universitarias, o certificado oficial das notas obtidas no curso 2017/18, de acordo co previsto no artigo 9.3 desta orde.
c) Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables. Se non ten libro de familia ou este non reflicte a situación na data de referencia indicada no punto 4, poderá xustificala utilizando, entre outros, os seguintes medios:
1º. Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou convenio regulador.
2º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.
d) Certificado de convivencia da persoa solicitante e dos demais membros computables da familia no mesmo domicilio na data de referencia indicada no punto 4.
e) Certificado do grao de discapacidade da persoa solicitante e dos demais membros da unidade familiar recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.
f) Documentación xustificativa de ter domicilio en propiedade ou en alugamento e de dispoñer dos medios económicos suficientes para facer fronte aos gastos, no caso de alegar independencia familiar e económica.
2. A documentación complementaria presentarase presencialmente no centro residencial ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
4. Os documentos achegados deberán ser válidos e eficaces no momento da súa presentación e reflectir a situación persoal e familiar na data de publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, agás a renda da unidade familiar, que será a correspondente ao exercicio fiscal 2016.
Comprobación de datos.
1. Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas:
a) DNI ou NIE da persoa solicitante e do resto dos membros computables da unidade familiar.
b) DNI ou NIE da persoa representante da solicitante.
c) Declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas ou, no seu defecto, certificado tributario de imputacións do exercicio 2016, da persoa solicitante e do resto dos membros computables da unidade familiar.
Consultaranse ademais os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:
a) Grao de discapacidade recoñecido pola Xunta de Galicia á persoa solicitante e ao resto dos membros computables da unidade familiar.
b) Percepción de pensión por incapacidade permanente total, absoluta ou gran invalidez ou de pensión de clases pasivas por xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade (equivalente a unha discapacidade igual ao 33 %), da persoa solicitante e do resto dos membros computables da unidade familiar.
c) Falecemento dun membro computable da familia.
2. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
As solicitudes deberán presentarse presencialmente no centro residencial docente ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
O formulario normalizado de solicitude (anexo I) e o de comprobación de datos (anexo II) ademais estarán dispoñibles:
a) No portal educativo, enderezo http://www.edu.xunta.gal
b) Nas dependencias dos centros residenciais docentes.
A solicitude deberá estar asinada pola persoa solicitante e implicará: que acepta as bases da convocatoria; que reúne os requisitos exixidos nela; e que son certos todos os datos que constan na solicitude.
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 9 de xullo de 2018 pola que se convocan prazas de residencia para persoas colaboradoras bolseiras nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para o curso académico 2018/19 (DOG nº 140 do 23 de xullo de 2018).
-
Outros procedementos relacionados
Autorización de centros privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias.
Aberto todo o ano
Modificación de autorización de centros privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias.
Aberto todo o ano
Autorización de centros privados para impartir ensinanzas artísticas.
Aberto todo o ano
Modificación de autorización de centros privados para impartir ensinanzas artísticas.
Aberto todo o ano