Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
ED303A
Reintegros individuais para a formación do profesorado.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
1. O obxecto desta orde é establecer o procedemento para o reintegro individual de gastos derivados da participación como asistente a actividades de formación non organizadas polas estruturas de formación da consellería que se desenvolvan na Comunidade Autónoma de Galicia, no resto do territorio español ou no estranxeiro, e que se desenvolvan entre os días 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2018. A actividade deberá comezar a partir do día 1 de xaneiro e no caso de que remate máis tarde do prazo fixado pola orde, poderase conceder o reintegro de maneira proporcional ao prazo de finalización. Só se poderá presentar solicitude de reintegro para unha actividade de formación dentro deste período.
2. Esta convocatoria, para os efectos da súa identificación e acceso por parte das persoas interesadas aos formularios de inicio na sede electrónica da Xunta de Galicia, denomínase Reintegros individuais para a formación do profesorado, co código de procedemento ED303A.
3. Para facilitar a distribución do orzamento ao longo do período anteriormente indicado estableceranse dúas quendas. A primeira abranguerá as actividades que se desenvolvan entre os días 1 de xaneiro e o 30 de xuño de 2018, e terá unha dotación orzamentaria de 50.000 euros. A segunda será para actividades que se desenvolvan entre os días 1 de xullo e 31 de decembro de 2018 e terá unha dotación orzamentaria de 50.000 euros. No caso de que o orzamento dedicado á primeira quenda non se esgotase, pasará a incrementar o orzamento da segunda quenda.
4. En ningún caso se concederán reintegros para a asistencia a actividades de formación de carácter regrado, nin para formación en actividades que non poidan ser recoñecidas a nivel individual de acordo coa Orde do 14 de maio de 2013 pola que se regula a convocatoria, o recoñecemento e o rexistro das actividades de formación permanente do profesorado en Galicia.
5. Os reintegros individuais financiaranse con cargo á aplicación orzamentaria 10.50.422I.640.1 por un total de 100.000 €. Esta contía poderase incrementar na medida en que exista crédito adecuado e suficiente nos orzamentos do exercicio económico do ano 2018, de acordo co establecido na normativa vixente. Unha vez repartidas as ditas contías, as solicitudes de reintegro serán automaticamente denegadas por ter esgotado o orzamento.
1. Poderá solicitar os ditos reintegros o persoal docente funcionario que imparta as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, con destino en centros docentes públicos en que exerza docencia directa co alumnado, equipos de orientación específicos, postos de asesoría dentro da estrutura administrativa da consellería e na Inspección Educativa.
2. Así mesmo, poderán cursar solicitude as persoas en situación de interinidade que manteñan esta condición tanto no momento da presentación da solicitude como no momento da resolución. Estas persoas farán indicación expresa desta circunstancia, segundo o modelo do anexo I. Para estes efectos entenderase como persoal interino unicamente aquelas persoas que teñan nomeamento como tales ata o remate do curso ou cursos académicos correspondentes.
Estas solicitudes serán tidas en conta unicamente ao remate da segunda quenda e unha vez resoltas as solicitudes do persoal docente funcionario de carreira. Para estes colectivos seguirase a prelación establecida no artigo 6 desta orde.
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Departamento Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Coruña
Servizo Territorial de Inspección Educativa da Coruña
Vicente Ferrer, 2
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184797
Fax: 981184792
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Departamento Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional de Ourense
Servizo Territorial de Inspección Educativa de Ourense
Rúa do Concello, 11
32003 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386614
Fax: 988386788
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Departamento Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional de Lugo
Servizo Territorial de Inspección Educativa de Lugo
Ronda Muralla, 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294195
Fax: 982294214
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Departamento Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional de Pontevedra
Servizo Territorial de Inspección Educativa de Pontevedra
R/ Fernández Ladreda, 43 - 8º andar
36001 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805967
Fax: 986805699
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa
Subdirección Xeral de Inspección e Avaliación do Sistema Educativo
Servizo de Ordenación Educativa
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546515
Fax: 981546550
Email: reintegros.fprofe@edu.xunta.es
Prazo de presentación: PECHADO
31/07/2018 00:00 - 10/10/2018 23:59
O prazo de presentación será de polo menos 8 días hábiles de antelación con respecto á data do comezo da actividade. Consideraranse días inhábiles os sábados, domingos e festivos.
Para as actividades formativas que comezaron a partir do 1 de xaneiro, así como para aquelas que comecen a partir do día da publicación desta orde e que non poidan cumprir o prazo de solicitude de 8 días hábiles de antelación, a solicitude entenderase en prazo sempre que sexa presentada dentro dos 10 días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG.
O último día do prazo para a presentación das solicitudes é o 10 de outubro de 2018.
- O persoal en prácticas poderá solicitar un reintegro por formación para a realización de actividades formativas sempre que estas non teñan lugar durante o período efectivo das prácticas.
- As persoas solicitantes non poderán percibir outro tipo de axudas para a asistencia á actividade solicitada.
- A consellería publicará na súa páxina web oficial a relación das persoas beneficiarias e o importe das contías de reintegro, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e da súa publicación na citada páxina web.
As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Fotocopia da convocatoria da actividade para a cal se solicita o reintegro onde conste a denominación da actividade de formación, as datas de inicio e finalización da actividade, o lugar de realización, a entidade organizadora, o programa da actividade e o número total de horas da actividade.
b) No caso de que a persoa solicitante non estea exercendo docencia directa nun centro docente público, certificación expedida polo/a xefe/a de servizo da súa unidade administrativa con indicación do posto de traballo que ocupa.
c) Orzamento detallado dos gastos de matrícula e desprazamento. En ningún caso se farán constar gastos de mantenza e aloxamento.
d) Memoria explicativa dos motivos polos cales se desexa asistir á actividade e repercusión da asistencia a esta na súa función docente.
e) Acreditación da representación por calquera medio válido en dereito, no caso de que se actúe por medio dunha persoa representante.
A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se dispón del.
As solicitudes dirixiranse á xefatura territorial que corresponda e presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado ED303A dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
A sede electrónica da Xunta de Galicia permítelles ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada. Opcionalmente, tamén poderán presentarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo I)
Prazo de resolución: Seis meses
Sentido do silencio: Negativo
- Fase de xustificación
- Declaración (Anexo III)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 13 de xullo de 2018 pola que se regula o procedemento para o reintegro individual de gastos por asistencia a actividades de formación do profesorado non universitario para o ano 2018 (DOG nº 144 do 30 de xullo de 2018).
-
Extracto da Orde do 13 de xullo de 2018 pola que se regula o procedemento para o reintegro individual de gastos por asistencia a actividades de formación do profesorado non universitario para o ano 2018 (DOG nº 144 do 30 de xullo de 2018).
-
Resolución do 3 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se fai pública a relación de persoas beneficiarias de reintegros individuais de gastos por asistencia a actividades de formación do profesorado non universitario durante o ano 2018 (DOG nº 91 do 14 de maio de 2019).
-
Resolución do 30 de setembro de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se modifica a Resolución do 3 de maio de 2019 pola que se fai pública a relación de persoas beneficiarias de reintegros individuais de gastos por asistencia a actividades de formación do profesorado non universitario durante o ano 2018 (DOG nº 193 do 10 de outubro de 2019).
-
Outros procedementos relacionados
Autorización de centros privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias.
Aberto todo o ano
Modificación de autorización de centros privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias.
Aberto todo o ano
Autorización de centros privados para impartir ensinanzas artísticas.
Aberto todo o ano
Modificación de autorización de centros privados para impartir ensinanzas artísticas.
Aberto todo o ano