Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
ED301I
Axudas a centros privados concertados para atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
1. O obxecto desta orde é establecer os criterios, os requisitos e o procedemento (código ED301I) para a concesión de axudas económicas aos centros privados concertados da Comunidade Autónoma de Galicia para atender o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo nas correspondentes unidades concertadas, naqueles aspectos que non estean xa cubertos polo concerto educativo, ao longo do curso escolar 2018/19.
2. Enténdese por alumnado que presenta necesidades específicas de apoio educativo aquel que requira por un período da súa escolarización, ou ao longo de toda ela, determinados apoios e atencións específicas derivadas de discapacidade motórica, sensorial, intelectual ou trastornos xeneralizados do desenvolvemento e a conduta.
Esta orde terá vixencia temporal para o curso académico 2018/19, desde o día 1 de setembro de 2018 ata o 31 de agosto de 2019.
Os centros docentes privados que teñan concerto vixente coa Comunidade Autónoma de Galicia para as ensinanzas do 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria, formación profesional básica e ciclos formativos de grao medio e superior.
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos
Subdirección Xeral de Centros
Servizo de Centros
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546518
Fax: 981546542
Email: sxcentros@edu.xunta.es
Prazo de presentación: PECHADO
21/06/2018 00:00 - 20/07/2018 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes computado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
- Exclúense desta convocatoria de axudas os centros concertados específicos de educación especial e os centros con unidades concertadas de educación especial.
- Non poderán ter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG número 121, do 13 de xuño).
- Para obter estas axudas, os solicitantes terán que estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias, da Seguridade Social e da Comunidade Autónoma.
Coa solicitude formulada conforme o modelo anexo I desta orde, achegarase a seguinte documentación:
a) Unha memoria explicativa en que consten as necesidades específicas do centro para atender o alumnado que requira apoio educativo.
Dado que os fondos destinados a cada fin están limitados na súa contía máxima e corresponden a partidas orzamentarias distintas, tal e como se distribúen nos artigos 11 e 17, na dita memoria os centros deberán indicar a que finalidade prevén destinar as axudas en función dos distintos parágrafos recollidos no artigo 11:
Contratación de persoal complementario, reparacións, mantemento, material non inventariable.
Material inventariable.
Para o caso de que a previsión afecte á adquisición de material específico ordinario inventariable incluirán unha relación detallada destes materiais indicando a súa finalidade e necesidades que pretenden atender con eles.
b) A certificación en que se detalle o alumnado segundo o tipo de discapacidade a que se refire o punto 2 do artigo primeiro desta orde e, se é o caso, o grao recoñecido polo organismo competente.
c) No caso de que solicite outras axudas para o mesmo proxecto ou actividade, achegará unha declaración responsable do conxunto de todas as solicitudes efectuadas ou concedidas por outras administracións ou entes públicos e a súa contía. No caso contrario, declaración de non telas solicitado.
d) Declaración responsable de non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, de conformidade co artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e o compromiso de manter o cumprimento do mencionado requisito durante o período de tempo de xestión e xustificación da subvención.
As declaracións, se é o caso, das epígrafes c) e d) faranas no modelo do anexo I.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) Certificación que debe emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, segundo o establecido no artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
b) Certificación que debe emitir a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, segundo o establecido no artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
c) Certificación que debe emitir a Axencia Tributaria de Galicia, segundo o establecido no artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro habilitado no modelo de solicitude e achegar os documentos correspondentes.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I), dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
A presentación electrónica será obrigatoria para as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica e as persoas representantes dunha das anteriores.
Se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
As solicitudes estarán asinadas polas persoas representantes dos centros educativos.
A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo I)
Prazo de resolución: Cinco meses
Sentido do silencio: Negativo
- Fase de xustificación
- Declaración doutras axudas (Anexo II)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 6 de xuño de 2018 pola que se aproban as bases reguladoras das axudas a centros privados concertados da Comunidade Autónoma de Galicia para a atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo para o curso 2018/19 (DOG nº 117 do 20 de xuño de 2018).
-
Extracto da Orde do 6 de xuño de 2018 pola que se aproban as bases reguladoras das axudas a centros privados concertados da Comunidade Autónoma de Galicia para a atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo para o curso 2018/19 (DOG nº 117 do 20 de xuño de 2018).
-
Orde do 26 de decembro de 2018 pola que se resolve a convocatoria de axudas a centros privados concertados para a atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo para o curso 2018/19 (DOG nº 6 do 9 de xaneiro de 2019).
-
Outros procedementos relacionados
Autorización de centros privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias.
Aberto todo o ano
Modificación de autorización de centros privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias.
Aberto todo o ano
Autorización de centros privados para impartir ensinanzas artísticas.
Aberto todo o ano
Modificación de autorización de centros privados para impartir ensinanzas artísticas.
Aberto todo o ano