Guía de procedementos e servizos

TR352C

Programa III: Subvención para entidades sen ánimo de lucro que contraten persoas mozas para a realización de servizos de interese xeral e social. Programa operativo emprego xuvenil.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2017 - Prazo pechado: 05/08/2017 00:00 - 04/09/2017 23:59

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Sobre o procedemento

Este programa ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras e as condicións polas que se rexerá, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a convocatoria pública en réxime de concorrencia competitiva, das axudas e subvencións que, baixo a rúbrica xeral de programas de cooperación institucionais, están destinadas ao financiamento de accións de fomento de emprego en colaboración coas entidades sen ánimo de lucro, a través da contratación durante sete meses de persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, co obxecto de proporcionarlles unha experiencia e práctica profesional que facilite a súa inserción laboral.

Este programa ten por finalidade mellorar a empregabilidade e a inserción profesional das persoas, que non estiveran traballando nin participando en actuacións educativas ou formativas no día natural anterior ao momento de recibir a actuación, de dezaoito ou máis anos, incluídas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, mediante a prestación de servizos de interese xeral e social que posibiliten ás persoas participantes a realización dun traballo efectivo que procure a práctica profesional necesaria para a integración sustentable no mercado de traballo.

As entidades sen ánimo de lucro que dispoñan de capacidade técnica e de xestión suficientes para a execución dos correspondentes proxectos, sempre que non estean incursas nalgunha das circunstancias establecidas no artigo 10.2º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais

Subdirección Xeral de Emprego

Servizo de Programas de Cooperación

Edificio Administrativo San Lázaro, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981545604 / 981545767 / 981544714 / 981957739 / 981544612

Servizo de Programas de Cooperación
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

05/08/2017 00:00 - 04/09/2017 23:59

O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia. Para estes efectos entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se este último día é inhábil, entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte. Se no mes de vencemento non houber día equivalente, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

a) Ter personalidade xurídica e capacidade de obrar e estar debidamente inscritas no correspondente rexistro público.

b) Dispoñer de capacidade técnica e de xestión suficientes para a execución dos correspondentes proxectos.

Para os efectos do disposto na letra b) do apartado anterior, presumirase que as entidades dispoñen de capacidade técnica e de xestión suficiente cando concorran, cando menos, dúas das seguintes circunstancias:

a) Que dispoñan dun centro de traballo, entendendo por tal unha oficina ou delegación permanente que poida ser habilitada para o efecto, na Comunidade Autónoma de Galicia, distinta da sede social da entidade cando coincida co domicilio das persoas físicas que outorgaran a escritura de constitución e/ou dirixen a entidade, en propiedade, arrendada ou cedida formalmente a esta.

b) Que sexan titulares dun contrato de telefonía fixa no citado local.

c) Que tivesen contratado por conta allea por máis de seis meses algún traballador ou traballadora nos últimos tres anos, sen que se poidan computar as persoas contratadas, nese período, mediante as axudas e subvencións correspondentes aos programas e medidas das políticas activas de emprego.

Requisitos dos servizos que se prestarán.

Os servizos que se desenvolvan mediante a actividade dos traballadores e traballadoras desempregadas deberán ser de interese xeral e social, e deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Que sexan prestados polas entidades beneficiarias en réxime de administración directa.

b) Que se presten ou executen no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Que a duración subvencionada dos contratos das persoas desempregadas que desenvolvan a prestación dos servizos sexa de 7 meses e a xornada a tempo completo.

  • Solicitude segundo o Anexo I-C, acompañada da seguinte documentación:

    • Copia da escritura pública e/ou dos estatutos de constitución da entidade solicitante.

    • Memoria global dos servizos que se van realizar, no modelo anexo II-C.

    • Certificado do/da secretario/a da entidade, de acordo co artigo 61.1.d), e no seu caso, táboas salariais vixentes ao momento da solicitude.

    • Informe de vida laboral do código conta de cotización de todos os centros de traballo da entidade en Galicia, correspondente ao mes anterior ao mes no que se solicita a subvención. Se a entidade ten varias contas de cotización deberá presentarse o informe de vida laboral de todas elas.

    • No caso de actuar por medio de representante, poder suficiente da persoa representante e asinante da solicitude para actuar en nome da persoa solicitante.

  • Comprobación de datos.

  1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

  • NIF da entidade solicitante.

  • DNI da persoa representante.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os devanditos documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

  • As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

  • Non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente sempre que a persoa interesada expresase o seu consentimento para que sexan consultados ou obtidos eses documentos. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

  • A documentación complementaria presentarase por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o esixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá requirir de maneira motivada a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.

  • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

Despois de presentar

Prazo de resolución: Cinco meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 18 de xullo de 2017 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas a incentivar o emprego autónomo e a contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, a través do Programa I (emprego autónomo), Programa II (fomento da contratación por conta allea) e Programa III (programas de cooperación coas entidades sen ánimo de lucro), convocatoria do ano 2017 (DOG. nº 148 do 4 agosto de 2017).

    • Corrección de erros. Orde do 18 de xullo de 2017 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas a incentivar o emprego autónomo e a contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, a través do Programa I (emprego autónomo), Programa II (fomento da contratación por conta allea) e Programa III (programas de cooperación coas entidades sen ánimo de lucro), convocatoria do ano 2017 (DOG nº 155 do 17 de agosto de 2017).

    • Resolución do 3 de maio de 2019, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se dá publicidade das axudas concedidas polo Programa I (emprego autónomo) ao abeiro da Orde do 18 de xullo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas a incentivar o emprego autónomo e a contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil a través do Programa I (emprego autónomo), Programa II (fomento da contratación por conta allea) e Programa III (programas de cooperación coas entidades sen ánimo de lucro), convocatoria do ano 2017 (Diario Oficial de Galicia número 148, do 4 de agosto de 2017) (DOG nº 98 do 24 de maio de 2019).

    • Resolución do 17 de xuño de 2019, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas polo Programa II (fomento da contratación por conta allea) ao abeiro da Orde do 18 de xullo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas a incentivar o emprego autónomo e a contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil a través do Programa I (emprego autónomo), Programa II (fomento da contratación por conta allea) e Programa III (programas de cooperación coas entidades sen ánimo de lucro), convocatoria do ano 2017 (Diario Oficial de Galicia número 148, do 4 de agosto) (DOG nº 125 do 3 de xullo de 2019).

    • Resolución do 26 de xuño de 2019, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 18 de xullo de 2017 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas a incentivar o emprego autónomo e a contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, a través do Programa I (emprego autónomo), Programa II (fomento da contratación por conta allea) e Programa III (programas de cooperación coas entidades sen ánimo de lucro), convocatoria do ano 2017. Programa de cooperación coas entidades sen ánimo de lucro (Diario Oficial de Galicia número 148, do 4 de agosto) (DOG nº 132 do 12 de xullo de 2019).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

TR350D

Habilitación do Libro de subcontratación para o sector da construción

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

TR356B

Cualificación como empresa de inserción

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

TR359A

Inscrición de constitución da asociación no Rexistro de Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

TR359B

Inscrición da modificación de estatutos no Rexistro de Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano