Guía de procedementos e servizos

PR960A

Plan patrocinio publicitario equipos alta competición Galicia.

Procedemento dirixido a: Asociacións e ong

Convocatoria 2017 - Prazo pechado: 18/04/2017 00:00 - 27/04/2017 23:59

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento

A posta en marcha da VIII Edición do Plan de Patrocinio dos Equipos de alta competición de Galicia para o exercicio 2017.

Entidades que na tempada 2016/2017 conten con equipos que compiten en modalidades/especialidades deportivas nas que as competicións de máximo nivel en categoría absoluta/senior  e/ou previa á absoluta.

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fundación Deporte Galego

R/ Madrid, 2-4, 2º andar (Fontiñas)

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881996373

Email: fundaciondeportegalego.pr@xunta.gal

Fundación Deporte Galego
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

18/04/2017 00:00 - 27/04/2017 23:59

O prazo máximo para a presentación das solicitudes será de 10 días naturais a contar dende a propia data de recepción da invitación. A presentación das proposicións por unha vía diferente ás sinaladas será causa de rexeitamento ou exclusión.

  • Solicitude segundo o Anexo I.

  • Anexo II debidamente cuberto e asinado, se procede.

  • Proposta publicitaria (PRIMEIRA LIÑA DE PATROCINIO: DEPORTE GALEGO – GALICIA SAUDABLE).

  • Proposta publicitaria (SEGUNDA LIÑA DE PATROCINIO: ABANCA).

  • A Fundación remitiralle un correo electrónico á entidade obxecto de patrocinio, ao email correspondente, cursando invitación para a presentación da solicitude de patrocinio acompañando o texto do Plan de patrocinio así como copia dos formularios que deben presentar. A Entidade invitada a tomar parte neste procedemento, presentará a solicitude preferentemente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en formato papel orixinal no Rexistro da Fundación Deporte Galego (Polígono das Fontiñas, Rúa de Madrid, 2-4. Planta 2ª. 15781. Santiago de Compostela. A Coruña). Ademais de no rexistro da Fundación, tamén se poderá realizar por correo, de acordo co disposto no artigo 16.4.b. (da Lei 39/2015, de 1 de outubro do Procedemento Administrativo común das Administracións Públicas). A presentación das solicitudes en lugar distinto do sinalado será causa de rexeitamento ou exclusión.

    Para a presentación das solicitudes de forma electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365), habilitándose un enlace na Guía de procedementos e servizos co código PR960A.

  • A documentación complementaria presentarase preferentemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Fundación poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

    Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente no Rexistro da Fundación Deporte Galego (Polígono das Fontiñas, Rúa de Madrid, 2-4 (Planta 2ª). 15781. Santiago de Compostela. A Coruña). Ademais de no rexistro da Fundación, tamén se poderá realizar por correo, de acordo co disposto no artigo 16.4.b. (da Lei 39/2015, de 1 de outubro do Procedemento Administrativo común das Administracións Públicas). A presentación da documentación complementaria en lugar distinto do sinalado será causa de rexeitamento ou exclusión.

    Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código PR960A e o órgano responsable do procedemento (FUNDACIÓN DEPORTE GALEGO), o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

Despois de presentar

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Plan de Patrocinio Publicitario dos Equipos de Alta Competición de Galicia (Exercicio 2020 – 1ª Fase)

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

DE500A

Remisión da declaración responsable para o inicio da formación de persoal adestrador en período transitorio (Orde ECD/158/2014)

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

DE500B

Remisión da documentación necesaria para o recoñecemento oficial da formación de persoal adestrador en período transitorio (Orde ECD/158/2014)

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF500A

Autorización de ocupación de dominio público portuario competencia da Comunidade Autónoma de Galicia con destino á realización de espectáculos públicos e actividades recreativas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR946A

Inscrición no rexistro de entidades deportivas

Tramitar en liña

Aberto todo o ano