Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
PR770F
Bolsas de formación en estudos relacionados co dereito administrativo.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Facenda e Administración Pública
Este procedemento únicamente pode ser iniciado utilizando Internet Explorer.
Disculpe as molestias que poida ocasionarlle.
A bolsa regulada nesta resolución concederase en réxime de concorrencia competitiva.
O/a bolseiro/a seleccionado/a comprometerase a:
a) Desempeñar as actividades de formación e de colaboración na materia que se describe nos artigos anteriores, de luns a venres, en horario de mañá e/ou tarde, de acordo coa distribución que realice a EGAP.
b) Cumprir co programa de formación establecido pola directora da EGAP, baixo o asesoramento, orientación e dirección dos/das funcionarios/as que se designen para tales efectos, e asistir ás actividades formativas que a Escola considere convenientes. Os gastos ocasionados con motivo destas actividades serán aboados pola Escola con cargo á aplicación orzamentaria 05.80.122B.480.0, na cal se habilitará previamente o crédito para este fin, despois de que o/a xefe/a do Servizo de Estudos, Investigación e Publicacións certifique os gastos producidos. Os gastos de desprazamento, aloxamento e mantemento non poderán superar a contía establecida para o grupo II do Decreto 144/2001, do 7 de xuño, sobre as indemnizacións por razón do servizo ao persoal con destino na Administración autonómica de Galicia.
c) Colaborar nas accións formativas da EGAP, de considerarse oportuno.
d) Presentar os informes, formularios e demais documentos que lle exixa a EGAP con motivo da xestión do programa de formación e, ao finalizar a bolsa, informe de todas as actividades desenvolvidas durante o tempo de gozo da bolsa, así como da formación recibida.
e) Facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas, en exercicio das súas funcións de fiscalización e control interno.
f) Reintegrar as cantidades percibidas no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a concesión da bolsa.
g) Presentar antes do último pagamento declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para o mesmo proxecto, das administracións públicas competentes ou doutros entes públicos.
Xunta de Galicia
Consellería de Facenda e Administración Pública
Escola Galega de Administración Pública (EGAP)
R/ Madrid, 2-4 (Fontiñas)
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546044
Fax: 981546337
Email: egap@xunta.es
Prazo de presentación: PECHADO
22/02/2017 00:00 - 21/03/2017 23:59
Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta convocatoria.
- Non reunir ningunha das circunstancias especificadas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, de acordo co modelo que se inclúe nesta convocatoria como anexo I.
- Non ter emprego remunerado nin gozar doutra bolsa ou axuda, calquera que fose esta, ou no caso do ter emprego remunerado ou gozar doutra bolsa, un compromiso expreso de renunciar a eles con anterioridade ao momento de incorporación a esta escola, segundo o modelo que se inclúe como anexo I.
As solicitudes formalizaranse no modelo que se xunta como anexo I a esta convocatoria e deberán ir acompañadas da seguinte documentación en orixinal ou copia:
1. Copia do DNI ou NIE do solicitante, só no caso de denegar expresamente a súa consulta.
2. Título universitario correspondente no caso de denegar expresamente a súa consulta ou na falta do título, xustificación do pagamento dos dereitos de expedición.
3. Certificación academica en que se detallen as cualificacións obtidas nas distintas disciplinas. Para facilitar a valoración do expediente academico, debe incluírse na certificación a nota media obtida.
4. Currículo do/da solicitante (de acordo co modelo que se inclúe nesta convocatoria como anexo II), con exposición dos meritos academicos e profesionais, así como relación dos traballos e publicacións sobre temas relacionados co obxecto da bolsa, debidamente acreditados.
5. Documentos que acrediten a formación en materias relacionadas co obxecto da bolsa alegados pola persoa interesado no seu currículo.
6. Memoria que versará sobre a reforma administrativa da Administración autonómica galega, cunha extensión máxima de 20 follas.
7. Acreditación do curso de perfeccionamento de galego ou Celga 4, no caso de denegar expresamente a súa verificación.
Poderá achegar calquera outra documentación acreditativa dos meritos a que se refire a base oitava.
As solicitudes deberanse presentar preferiblemente por vía electrónica a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia:
https://sede.xunta.gal. Para presentar as solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
A documentación complementaria poderase presentar electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
A documentación complementaria tamen se poderá presentar en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se dispón del.
A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados electronicamente accedendo á Carpeta do cidadán da persoa interesada ou presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Prazo de resolución: Cinco meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 27 de xaneiro de 2017 pola que se convoca unha bolsa de formación en estudos relacionados co dereito administrativo (DOG nº 36 do 21 de febreiro de 2017).
-
Outros procedementos relacionados
Homologación de cursos pola Academia Galega de Seguridade Pública
Aberto todo o ano
Inicio de actividade, cese de actividade e modificación da actividade de formación do persoal encargado da realización de operacións de mantemento hixiénico-sanitario de: instalacións susceptibles de propagar a lexionelose, prácticas de tatuaxe, micropigmentación, piercing e outra práctica de decoración persoal que implique a perforación da pel, mucosa ou tecidos, e aparellos de bronceado artificial mediante radiacións ultravioleta.
Aberto todo o ano
Inicio de cursos para o personal encargado da realización de operacións de mantemento hixiénico-sanitario de: instalacións susceptibles de propagar a lexionelose, prácticas de tatuaxe, micropigmentación, piercing e outras prácticas de decoración persoal que impliquen a perforación da pel, mucosas ou tecidos, e manexo de aparellos de bronceado artificial mediante radiacións ultravioleta
Aberto todo o ano
Solicitude de acreditación de actividades no sistema acreditador da formación continuada das profesións sanitarias a través de Saga.
Aberto todo o ano