Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
PR526B
Cursos de socorrismo acuático.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
- Manter o alto nivel de esixencia para a prestación dos servizos de cualificación e calidade á cidadanía usuaria, mantendo o certificado de profesionalidade como eixo central, ademais das outras titulacións ou acreditacións especificadas no artigo 6 do Decreto.
- Incorporar mediante unha ordenada formación de adaptación á profesión aos licenciados e licenciadas ou graduados e graduadas en ciencias da actividade física e o deporte e aos técnicos e técnicas superiores en animación de actividades físicas e deportivas, sendo que constitúen titulacións especialmente vinculadas á actividade física e o deporte e que cos cursos de adaptación de 270 e 265 horas segundo sexa para espazos acuáticos naturais ou instalacións acuáticas, conformarán profesionais cunha alta cualificación para prestar un servizo de alta calidade.
- Ampliar o prazo para que aos/ás profesionais formados/as con anterioridade á actual regulación se lles garanta a posibilidade da obtención da cualificación ou formación profesional correspondente.
Socorristas que exerzan a súa actividade en instalacións acuáticas e/ou espazos acuáticos naturais de Galicia.
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP)
Avda. da Cultura, s/n
36680 Estrada, A (Pontevedra)
Teléfono: 886206137
Fax: 886206123
Email: formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
10/04/2017 00:00 - 02/05/2022 23:59
Este decreto entrará en vigor o día dez de abril de dous mil dezasete unha vez publicado no Diario Oficial de Galicia.
Disposición transitoria única
Prorrógase ata o 30 de abril de 2022 a inscrición provisional do persoal socorrista regulada na disposición transitoria primeira do Decreto 104/2012, do 16 de marzo, polo que se fixa a formación mínima dos socorristas acuáticos e se crea e se regula o Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.
Disposición derrogatoria única
Queda derrogado o Decreto 104/2012, do 16 de marzo, polo que se fixa a formación mínima dos socorristas acuáticos e se crea e se regula o Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia, coa excepción da súa disposición transitoria primeira, e cantas disposicións de igual ou inferior rango se opoñan ao disposto no presente decreto.
As comunicacións deberán realizarse segundo o modelo do anexo VIII presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
Se algunha das entidades interesadas presenta a súa comunicación presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.
Para a presentación das comunicacións poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario/a e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas Administracións públicas:
NIF da entidade solicitante.
DNI ou NIE da persoa representante da entidade.
- Fase de xustificación
- Anexo IX
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Decreto 104/2012, do 16 de marzo, polo que se fixa a formación mínima dos socorristas acuáticos e se crea e regula o Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia (DOG nº 67 do 9 de abril de 2012).
-
Decreto 35/2017, do 30 de marzo, polo que se modifica o Decreto 104/2012, do 16 de marzo, polo que se fixa a formación mínima dos socorristas acuáticos e se crea e regula o Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia (DOG nº 69 do 7 de abril de 2017).
-
Deceto 63/2021, do 22 de abril, polo que se modifica o Decreto 104/2012, do 16 de marzo, polo que se fixa a formación mínima dos socorristas acuáticos e se crea e regula o Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia (DOG nº 76 do 23 de abril de 2021).
-
Resolución do 26 de xaneiro de 2021 pola que se convocan cursos de reciclaxe de socorrismo acuático, válidos para a renovación da inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia (DOG nº 24 do 5 de febreiro de 2021).
-
Resolución do 26 de xaneiro de 2021 pola que se convocan cursos de adaptación da actividade física e deportiva ao socorrismo en instalacións acuáticas (CAFDO-IA) e en espazos acuáticos naturais (CAFDO-EAN), para licenciados ou graduados en Ciencias da Actividade Física e do Deporte e técnicos superiores en Animación de Actividades Físicas e Deportivas, co obxectivo de acadar a formación mínima que deben reunir os/as socorristas acuáticos/as para o seu exercicio profesional no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia e a súa inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia (DOG nº 25 do 8 de febreiro de 2021).
-
Resolución do 10 de setembro de 2021 pola que se convoca un curso de reciclaxe de socorrismo acuático en instalacións acuáticas, válido para a renovación da inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia (DOG nº 181 do 20 de setembro de 2021).
-
Resolución do 10 de setembro de 2021 pola que se convoca un curso de adaptación da actividade física e deportiva ao socorrismo en instalacións acuáticas (CAFDO-IA), para licenciados ou graduados en Ciencias da Actividade Física e do Deporte e técnicos superiores en Animación de Actividades Físicas e Deportivas, co obxectivo de acadar a formación mínima que deben reunir os/as socorristas acuáticos/as para o seu exercicio profesional no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia e a súa inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia (DOG nº 181 do 20 de setembro de 2021).
-
Decreto 152/2021, do 21 de outubro, polo que se regulan as condicións para o exercicio profesional das actividades de socorrismo acuático, información e primeiros auxilios nos espazos acuáticos naturais e instalacións acuáticas na Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG nº 216 do 10 de novembro de 2021).
-
Outros procedementos relacionados
Medallas ao mérito de Protección Civil de Galicia e outras condecoracións.
Aberto todo o ano
Rexistro de Protección Civil: sección de persoal colaborador.
Aberto todo o ano
Rexistro de Protección Civil: sección de persoal voluntario.
Aberto todo o ano
Admisión ao curso para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas
Prazo aberto: 30/12/2025 00:00 - 04/01/2027 23:59