Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
ED601A
Axudas destinadas ao cofinanciamento dos servizos de comedor escolar xestionados polas asociacións de nais e pais do alumnado dos centros públicos non universitarios dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Procedemento dirixido a: Asociacións e ong
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases e convocar as axudas económicas destinadas ás asociacións, federacións ou confederacións de nais e pais de alumnado legalmente constituídas, que xestionan os comedores escolares nos centros públicos non universitarios dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que imparten os niveis de ensino básico obrigatorio e/ou segundo ciclo de educación infantil (código de procedemento ED601A).
2. O outorgamento das axudas a que se refire esta orde realizarase en réxime de concorrencia competitiva baixo os principios de publicidade, transparencia, obxectividade, igualdade e non discriminación.
3. As axudas económicas irán destinadas a sufragar os seguintes conceptos:
a) O custo diario do menú por comensal e polos días de asistencia destes ao comedor, entendido como o servizo de comida ao mediodía, así como, se é o caso, a vixilancia e o coidado do alumnado durante o uso do servizo do comedor e o desenvolvemento dos programas complementarios de promoción da saúde e das habilidades persoais, durante o curso académico 2016/17.
b) Os gastos orixinados pola contratación de persoal que desenvolva o labor de atención ao alumnado con necesidades específicas, para o caso de que a contratación deste persoal se realice separadamente.
c) Os gastos ocasionados pola contratación por parte das asociacións, federacións ou confederacións de nais e pais do alumnado de pólizas de seguros vinculadas directamente á prestación do servizo de comedor escolar.
1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as asociacións, federacións e confederacións de nais e pais de alumnado que xestionen, directa ou indirectamente, o servizo do comedor nas instalacións dos centros escolares correspondentes.
2. De conformidade co previsto no artigo 13.5 da Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do menor, introducido pola Lei 26/2015, do 28 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e á adolescencia: «será requisito para o acceso e exercicio ás profesións, oficios e actividades que impliquen contacto habitual con menores, o non ser condenado por sentenza firme por algún delito contra a liberdade e indemnidade sexual, que inclúe a agresión e abuso sexual, acoso sexual, exhibicionismo e provocación sexual, prostitución e explotación sexual e corrupción de menores, así como por trata de seres humanos. Para este efecto, quen pretenda o acceso a tales profesións, oficios ou actividades deberá acreditar esta circunstancia mediante a achega dunha certificación negativa do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais».
3. Entenderase que xestiona o comedor escolar a entidade que teña ao seu cargo a organización deste baixo algunha das formas que a seguir se enumeran:
a) Mediante a contratación directa da prestación do servizo de forma integral, que comprenda tanto a xestión do comedor como as restantes actividades asociadas a este, ou ben a contratación separada de ambas as dúas actividades.
b) Mediante a encomenda integral do servizo a entidades ou empresas especializadas, segundo as condicións establecidas de común acordo entre as empresas e as asociacións respectivas.
4. Así mesmo, poderán ser beneficiarias das axudas aquelas asociacións, federacións e confederacións de nais e pais de alumnado que, por careceren de instalacións axeitadas nos centros escolares, xestionen o servizo de comedor escolar nos locais hostaleiros próximos aos centros escolares, sempre e cando cumpran cos seguintes requisitos:
a) Que existan as condicións adecuadas de seguridade viaria no desprazamento do alumnado cara ao establecemento hostaleiro.
b) Que o local hostaleiro onde se preste o servizo de comedor escolar sexa o mesmo durante todo o curso académico 2016/17.
c) Que o prezo diario dos menús contratados co citado local hostaleiro non supere os 6 euros por comensal, incluído o IVE.
Son obrigas das beneficiarias das axudas reguladas nesta orde, ademais das que quedan sinaladas nas bases anteriores, as seguintes:
– Someterse ás actuacións de comprobación que efectuará o órgano concedente, así como a calquera outra actuación de verificación e control financeiro que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto autonómicos coma estatais ou comunitarios, para o cal achegará canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.
– Comunicarlle ao órgano concedente a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención. Esta comunicación efectuarase no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.
– Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, mentres poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.
– Informar a comunidade escolar respectiva das axudas percibidas da consellería en concepto de cofinanciamento na xestión do comedor escolar.
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Vicesecretaría Xeral
Servizo de Xestión dos Comedores Escolares
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881995188 / 981544461
Fax: 981545443
Prazo de presentación: PECHADO
10/06/2017 00:00 - 10/07/2017 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte a aquel en que se publique esta orde no Diario Oficial de Galicia.
Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.
As solicitudes estarán subscritas polo representante legal da entidade solicitante segundo o modelo que figura como anexo I desta orde, que incluirá as seguintes declaracións:
1º. Unha declaración do conxunto de todas as axudas concedidas e/ou solicitadas para a mesma finalidade procedentes das distintas administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais.
No caso de ter concedida algunha destas axudas, deberán acreditala mediante orixinal ou copia cotexada da resolución ou da comunicación da súa concesión ou certificado do órgano concedente.
2º. Unha declaración pola cal se acorda solicitar a axuda.
3º. Unha declaración responsable de que non concorre no solicitante da axuda ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e de estar ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.
4º. Unha declaración responsable, no caso de persoal propio da entidade, en que manifeste que se dará debido cumprimento ao mandato legal contido no artigo 13.5 da Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do menor, introducido pola Lei 26/2015, do 28 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e á adolescencia.
Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento:
1. As entidades deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) O modelo que figura como anexo II, relativo ao orzamento do custo do servizo de comedor.
b) O anexo III, correspondente a unha memoria explicativa en que se indique expresamente o ano/curso de inicio do servizo e se detalle o carácter continuado e non ocasional do servizo, o número de usuarios e a súa repartición por nivel educativo (coa desagregación establecida no citado anexo), a modalidade de prestación do servizo e o programa de promoción da saúde e habilidades persoais previsto.
c) A copia cotexada da documentación acreditativa da relación contractual asinada pola entidade solicitante desta axuda e polas entidades ou persoas físicas que lle presten os servizos que son obxecto desta axuda, en que conste declaración responsable debidamente asinada polo representante legal da empresa na cal se acredite que todo o persoal contratado ou, de ser o caso, subcontratado, con contacto habitual con menores, dispón de certificación negativa do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais.
d) A relación de asociacións de nais e pais de alumnado que formen parte da federación ou das confederacións, se é o caso, e que realicen a actividade de comedor escolar, indicando para cada centro escolar a información requirida no anexo III citado na letra b) deste artigo 7.1.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automáticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) NIF da entidade solicitante.
b) DNI ou NIE da persoa representante.
c) Certificado de débedas que constan en poder da Administración autonómica.
d) Certificado de estar ao día no pagamento coa Axencia Tributaria para subvencións e axudas.
e) Certificado de estar ao día nas obrigas coa Seguridade Social que consten en poder da Tesouraría Xeral da Seguridade Social.
No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.
Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das persoas interesadas presenta documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que foi realizada a emenda.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
No caso de que algún dos documentos que se vaian presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia
As solicitudes deberán presentarse obrigatoriamente por vía electrónica, de acordo co establecido no artigo 14.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento común administrativo das administracións públicas, a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que foi realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderanse empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Prazo de resolución: Tres meses
Sentido do silencio: Negativo
- Fase de xustificación
- Conta xustificada (Anexo IV)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 30 de maio de 2017 pola que se establecen as bases e se convocan as axudas destinadas ao cofinanciamento dos servizos de comedor escolar xestionados polas asociacións de nais e pais do alumnado dos centros públicos non universitarios dependentes desta consellería, para o curso académico 2016/17 (DOG nº 109 do 9 de xuño de 2017).
-
Outros procedementos relacionados
Programa Xuventude Mentoring na empresa
Prazo pechado: 31/01/2025 00:00 - 28/02/2025 23:59
Axudas a entidades privadas para o fomento da gratuidade da atención educativa dos nenos e nenas da Comunidade Autónoma de Galicia en escolas infantís 0-3.
Prazo pechado: 12/07/2025 00:00 - 28/11/2025 23:59
Programa Galicia Moza con Alma, de mobilidade transnacional xuvenil.
Prazo pechado: 10/05/2025 00:00 - 09/06/2025 23:59
Axudas para financiar actividades das confederacións e federacións de nais e pais do alumnado e das asociacións de nais e pais do alumnado de centros de educación especial.
Prazo pechado: 29/03/2025 00:00 - 30/04/2025 23:59