Guía de procedementos e servizos

ED506A

Subscrición e renovación dos concertos educativos con centros docentes privados.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Pechado

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Sobre o procedemento

A presente orde ten por obxecto establecer as normas relativas á subscrición, renovación e modificación dos concertos educativos cos centros docentes privados da Comunidade Autónoma de Galicia para as ensinanzas que se sinalan no número 2 do artigo 1 desta orde, e a súa convocatoria para os cursos 2017/18 e seguintes.

Os centros docentes privados da Comunidade Autónoma de Galicia que impartan as ensinanzas sinaladas no artigo 1.2 e cumpran os requisitos que establecen esta orde e a demais normativa vixente.

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos

Subdirección Xeral de Centros

Servizo de Centros

San Caetano, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546518

Fax: 981546542

Email: dxcrrhh@edu.xunta.es

http://www.edu.xunta.es

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Departamento Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Coruña

Servizo de Programación e Contratación da Coruña

Vicente Ferrer, 2

15071  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981184745

Fax: 981184785

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Departamento Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional de Lugo

Servizo Xurídico e Técnico Administrativo, Programación e Contratación de Lugo

Ronda da Muralla, 70

27071  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 982294190

Fax: 982294152

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Departamento Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional de Ourense

Servizo Xurídico e Técnico Administrativo, Programación e Contratación de Ourense

R/ Concello, 11

32071  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386653

Fax: 988386600

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Departamento Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional de Pontevedra

Servizo de Programación e Contratación de Pontevedra

Avda. Fernández Ladreda, 43 - 7º e 8º

36071  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805905

Fax: 986805937

Subdirección Xeral de Centros
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

  • Curso 2017/2018: 1 mes dende o día seguinte ao da publicación desta Orde no Diario Oficial de Galicia.

  • Cursos 2018/2019 e 2019/2020 e 2020/2021 e 2021/2022 e 2022/2023 no mes de xaneiro anterior ao inicio do ano académico para o cal se solicita.

1. a) Todas as unidades deberán estar autorizadas previamente á solicitude do concerto de acordo coa normativa vixente.

b) Non obstante, poderá solicitarse concerto para unidades que, durante o mes de xaneiro, se atopen en trámite de autorización. Neste suposto, a concesión do concerto educativo para as ditas unidades estará condicionada á efectiva obtención da autorización antes do inicio do curso académico.

c) Os centros docentes privados que desexen acceder por primeira vez ao concerto terán que levar máis de cinco anos funcionando desde a data da súa autorización definitiva, a non ser que manifestasen a súa vontade de acollerse a este réxime no momento de solicitar a autorización.

2. No segundo ciclo de educación infantil e nos niveis de ensino obrigatorio, os centros privados concertados non poderán ter en funcionamento ningunha unidade máis que as concertadas, sen prexuízo do previsto no artigo 17 e na disposición adicional segunda do Real decreto 2377/1985, do 18 de decembro.

3. Os centros docentes privados que soliciten o concerto terán que estar ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

  • Para a subscrición ou renovación do concerto das ensinanzas do 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria, educación especial e de ciclos formativos de formación profesional de grao superior, de grao medio e de formación profesional básica, presentarase a solicitude conforme o modelo do anexo I desta orde

  • Presentarán unha memoria explicativa na cal se fará constar a seguinte información:

    • 1º. Para todos os centros:

      • Nivel educativo para o que se formula a solicitude, con expresión do número de unidades autorizadas e en funcionamento. Se se trata de unidades de formación profesional especificaranse os ciclos formativos. Se se trata dun centro que imparte educación secundaria ao cal estea adscrito algún centro de educación primaria, ou dun centro de educación primaria ao cal estea adscrito algún centro de educación infantil, farase constar tal circunstancia.

      • Composición resultante e calquera outro dato que o solicitante considere pertinente.

    • 2º. Os centros que soliciten o acceso ao réxime de concertos por primeira vez engadirán na memoria a seguinte información:

      • Condicións socioeconómicas da poboación escolar atendida polo centro.

      • Experiencias pedagóxicas que se realicen no centro e interese delas para a calidade do ensino e para o sistema educativo.

  • Acreditación da identidade da persoa solicitante/representante:

    • 1º. Para persoas físicas: copia do DNI da persoa solicitante, no caso de denegar expresamente a súa consulta.

    • 2º. Para persoas xurídicas: copia do NIF da entidade solicitante, no caso de denegar expresamente a súa consulta.

    • 3º. Copia do DNI da persoa representante, no caso de denegar expresamente a súa consulta.

  • A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

    Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se dispón del.

    As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan auténticas

Despois de presentar

Prazo de resolución:

Cinco meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 23 de xullo de 2020 pola que se modifican os concertos educativos cos centros docentes privados de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria, educación especial e de formación profesional (DOG núm. 159 do 10 de agosto de 2020).

    • Orde do 14 de marzo de 2017 pola que se ditan normas para a aplicación do réxime de concertos educativos con centros docentes privados para o curso académico 2017/18 e seguintes (DOG nº 59 do 24 de marzo de 2017).

    • Orde do 18 de agosto de 2022 pola que se modifican os concertos educativos cos centros docentes privados de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria, educación especial e de formación profesional. (DOG nº 162 do 26 de agosto de 2022).

  • Ámbito Estatal
    • Lei Orgánica 8/1985, do 3 de xullo, reguladora do Dereito á Educación (BOE nº 159 do 4 de xullo de 1985).

    • Real Decreto 2377/1985, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de Normas Básicas sobre Concertos Educativos (BOE nº 310 do 27 de decembro de 1985)

    • Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación (BOE nº 106 do 4 de maio de 2006).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

ED301A

Autorización de centros privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

ED301B

Modificación de autorización de centros privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

ED301C

Autorización de centros privados para impartir ensinanzas artísticas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

ED301D

Modificación de autorización de centros privados para impartir ensinanzas artísticas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano