Guía de procedementos e servizos

ED303A

Reintegros individuais para a formación do profesorado.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2017 - Prazo pechado: 14/07/2017 00:00 - 10/10/2017 23:59

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento

1. Establecer o procedemento para o reintegro individual de gastos derivados da participación como asistente a actividades de formación non organizadas polas estruturas de formación da Consellería que se desenvolvan na Comunidade Autónoma de Galicia, no resto do territorio español ou no estranxeiro, e que se desenvolvan entre os días 1 de xaneiro e 31 de decembro de 2017 (procedemento ED303A). A actividade deberá comezar a partir do día 1 de xaneiro e, no caso de que remate máis tarde do prazo fixado pola orde, poderase conceder o reintegro de maneira proporcional ao prazo de finalización. Só se poderá presentar solicitude de reintegro para unha actividade de formación dentro deste período.

2. Para facilitar a distribución do orzamento ao longo do período anteriormente indicado estableceranse dúas quendas. A primeira abranguerá as actividades que se desenvolvan entre os días 1 de xaneiro e 30 de xuño de 2017, e terá unha dotación orzamentaria de 30.000 euros. A segunda será para actividades que se desenvolvan entre os días 1 de xullo e 31 de decembro de 2017, e terá unha dotación orzamentaria de 30.000 euros. No caso de que o orzamento dedicado á primeira quenda non se esgote, pasará a incrementar o orzamento da segunda quenda.

3. En ningún caso se concederán reintegros para a asistencia a actividades de formación de carácter regrado.

4. Os reintegros individuais financiaranse con cargo á aplicación orzamentaria 10.50.422I.640.1. Unha vez repartidas as ditas contías, as solicitudes de reintegro serán automaticamente denegadas por ter esgotado o orzamento.

Poderá solicitar os ditos reintegros o persoal docente funcionario de carreira que imparta as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, con destino en centros docentes públicos en que exerza docencia directa co alumnado, equipos de orientación específicos, postos de asesoría dentro da estrutura administrativa da Consellería, e na Inspección educativa.

Así mesmo, poderán cursar solicitude as persoas en situación de interinidade que manteñan esta condición tanto no momento da presentación da solicitude como no momento da resolución. Estas persoas farán indicación expresa desta circunstancia, segundo o modelo do anexo I. Para estes efectos, entenderase que é persoal interino unicamente aquel que teña nomeamento como tal ata o remate do curso ou cursos académicos correspondentes.

Estas solicitudes teranse en conta unicamente ao remate da segunda quenda e unha vez resoltas as solicitudes do persoal docente funcionario de carreira. Para estes colectivos seguirase a prelación establecida no artigo 6 desta orde.

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Departamento Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Coruña

Servizo Territorial de Inspección Educativa da Coruña

Vicente Ferrer, 2

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184797

Fax: 981184792

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Departamento Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional de Ourense

Servizo Territorial de Inspección Educativa de Ourense

Rúa do Concello, 11

32003  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386614

Fax: 988386788

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Departamento Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional de Lugo

Servizo Territorial de Inspección Educativa de Lugo

Ronda Muralla, 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294195

Fax: 982294214

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Departamento Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional de Pontevedra

Servizo Territorial de Inspección Educativa de Pontevedra

R/ Fernández Ladreda, 43 - 8º andar

36001  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805967

Fax: 986805699

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa

Subdirección Xeral de Inspección e Avaliación do Sistema Educativo

Servizo de Ordenación Educativa

San Caetano, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546515

Fax: 981546550

Email: reintegros.fprofe@edu.xunta.es

www.edu.xunta.es

Servizo de Ordenación Educativa
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

14/07/2017 00:00 - 10/10/2017 23:59

O prazo de presentación será de polo menos oito (8) días hábiles de antelación con respecto á data do comezo da actividade.
Para as actividades formativas que comezaron a partir do 1 de xaneiro, así como para aquelas que comecen a partir do día da publicación desta orde e que non poidan cumprir o prazo de solicitude de oito (8) días hábiles de antelación, a solicitude entenderase en prazo sempre que sexa presentada dentro dos dez (10) días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG.
O último día do prazo para a presentación das solicitudes é o 10 de outubro de 2017.

As persoas solicitantes non poderán percibir outro tipo de axudas para a asistencia á actividade solicitada.

  • Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

    • a) Fotocopia da convocatoria da actividade para a cal se solicita o reintegro, onde consten a denominación da actividade de formación, as datas de inicio e finalización da actividade, o lugar de realización, a entidade organizadora e o programa da actividade.

    • b) No caso de que a persoa solicitante non estea exercendo docencia directa nun centro docente público, certificación expedida polo/a xefe/a de servizo da súa unidade administrativa con indicación do posto de traballo que ocupa.

    • c) Orzamento detallado dos gastos de matrícula e desprazamento. En ningún caso se farán constar gastos de mantenza e aloxamento.

    • d) Memoria explicativa dos motivos polos cales se desexa asistir á actividade e repercusión da asistencia a esta na súa función docente.

    • e) Acreditación da representación por calquera medio válido en dereito, no caso de que se actúe por medio dunha persoa representante.

  • As solicitudes dirixiranse á xefatura territorial que corresponda e presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.

    Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

    Para a presentación das solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal /chave365).

  • A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

    Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

    Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se dispón del.

  • A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse por medios electrónicos accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

    Cando as persoas interesadas non estean obrigadas á presentación electrónica das solicitudes, tamén os poderán presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Despois de presentar

Prazo de resolución: Seis meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 29 de xuño de 2017 pola que se regula o procedemento para o reintegro individual de gastos por asistencia a actividades de formación do profesorado non universitario para o ano 2017 (DOG nº 133 do 13 de xullo de 2017).

    • Resolución do 10 de xullo de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se fai pública a relación de persoas beneficiarias de reintegros individuais de gastos por asistencia a actividades de formación do profesorado non universitario durante o ano 2017 (DOG nº 139 do20 de xullo de 2018).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

ED301A

Autorización de centros privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

ED301B

Modificación de autorización de centros privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

ED301C

Autorización de centros privados para impartir ensinanzas artísticas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

ED301D

Modificación de autorización de centros privados para impartir ensinanzas artísticas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano