Guía de procedementos e servizos

PE609B

Bolsas para a formación de persoal en temas de investigación mariña.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2016 - Prazo pechado: 08/06/2016 00:00 - 07/07/2016 23:59

Consellería do Mar

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento
Esta orde establece as bases reguladoras e procede á convocatoria de bolsas para completar a formación de técnicos superiores de ciclos formativos de grao superior como persoal auxiliar de investigación mariña.

O número de bolsas será de oito, que se adxudicarán de acordo co baremo indicado no artigo 8 desta convocatoria.

As bolsas terán unha duración de dous (2) anos a partir da data de incorporación que se estableza na resolución de concesión.

O importe bruto mensual de cada bolsa será de oitocentos euros (800 €).

As persoas beneficiarias das bolsas integraranse no réxime xeral da Seguridade Social, de acordo co establecido no artigo 3 do Real decreto 1493/2011, do 24 de outubro, polo que se regulan os termos e as condicións de inclusión no réxime xeral da Seguridade Social das persoas que participen en programas de formación, en desenvolvemento do previsto na disposición adicional terceira da Lei 27/2011, do 1 de agosto, sobre actualización, adecuación e modernización do sistema da Seguridade Social.

As bolsas realizaranse no Centro de Investigacións Mariñas (Cima), que está integrado polo Centro de Investigacións Mariñas de Corón-Vilanova de Arousa e o Centro de Cultivos Mariños de Ribadeo.

Técnicos superiores de ciclos formativos de grao superior.

Obrigas dos/das bolseiros/as.

1. O/a bolseiro/a deberá desempeñar actividades de formación e de colaboración en relación coas tarefas das áreas ás cales se adscriban.

2. Co fin de facilitar o seu proceso de formación, os/as bolseiros/as contarán co asesoramento, orientación e dirección dun/dunha titor/a, que definirá as tarefas que se van realizar, así como a formación que deberán recibir segundo o plan de formación do centro. A este respecto será obrigatoria a realización e superación das actividades de formación indicadas.

3. Os/as beneficiarios/as deberán manter unha actitude participativa, de colaboración e respectuosa cos demais membros do centro, sen obstrución das tarefas encomendadas nos diferentes servizos.

4. Ao final do período de desfrute da bolsa, o/a adxudicatario/a deberá entregar unha memoria de actividades que será supervisada polo titor/a.

5. Estas bolsas non implican ningunha relación laboral co centro a que estea adscrito/a o/a beneficiario/a, nin supoñen ningún compromiso de incorporación posterior dos/as bolseiros/as ao seu cadro de persoal, aínda que si a necesaria e natural coordinación co horario, normas e disciplina do centro onde desenvolve a súa formación.

6. O aproveitamento da bolsa será incompatible con calquera outra bolsa que supoña remuneración directa ou axuda financiada con fondos públicos.

Tamén será incompatible con salarios que impliquen vinculación contractual ou estatutaria do/a interesado/a, salvo os que teñan carácter esporádico cunha duración acumulada inferior a dous meses por ano e dedicación non superior de media xornada, sempre que isto non afecte a actividade habitual no exercicio da bolsa e que se trate de ocupacións non vinculadas directa ou indirectamente co centro.

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

Subdirección Xeral de Xestión, Ensino e Relacións Sectoriais

Servizo de Coordinación e Apoio á Xestión

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños

15701  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546151

Fax: 981546138

Email: cma.dxdesenvolvemento@xunta.es

http://webpesca.xunta.es.

Servizo de Coordinación e Apoio á Xestión
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

08/06/2016 00:00 - 07/07/2016 23:59

Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia.

a) Ter nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea ou estranxeiro/a con permiso de residencia en España no momento de solicitar a bolsa, e con dominio dalgunha das linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Estar en posesión do título de técnico superior dos ciclos formativos de grao superior nalgunha das especialidades que se relacionan no artigo 3 e obtelo con posterioridade ao 31 de decembro de 2012.

c) Non estar incapacitado/a fisicamente ou padecer enfermidade que poida impedir a realización normal da actividade formativa obxecto das bolsas que se convocan.

d) Non ter desfrutado destas bolsas ou doutras similares en anteriores convocatorias, durante un período dun ano ou superior.

e) Ter cursado os seus estudos nalgún dos centros públicos ou privados situados na Comunidade Autónoma galega.

  • Coa solicitude deberase achegar a seguinte documentación, acompañada dun índice e ordenada segundo se indica:

    • a) Copia do DNI ou NIE da persoa solicitante, só no caso de non autorizar a súa consulta no Sistema de verificación de datos de identidade.

    • b) Título academico correspondente (só no caso de non autorizar a súa consulta) ou, no caso de non telo, xustificación do pagamento dos dereitos de expedición.

    • c) Certificación academica completa dos estudos realizados, con detalle das materias cursadas e das cualificacións obtidas.

    • d) Curriculum vitae do/a solicitante cos documentos acreditativos dos meritos alegados (debidamente relacionados e paxinados). Non serán computables aqueles meritos alegados que non estean convenientemente xustificados.

  • As solicitudes deberanse presentar preferiblemente por vía electrónica a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido no artigo 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e no 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes poderanse empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.es/chave365).

    Opcionalmente, tamen se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

    As solicitudes dirixiranse á Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro da Consellería do Mar, segundo o modelo que figura no anexo I desta orde e que se poderá descargar en formato electrónico na ligazón Servizos de Administración electrónica da páxina: https://sede.xunta.es. Tamen se poderá descargar no enderezo electrónico: www.mar.xunta.gal.

  • A documentación complementaria poderase presentar electronicamente utilizando cal-quera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

    A documentación complementaria tamen se poderá presentar en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

    As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan autenticas.

    Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.

    A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

  • No prazo de presentación de solicitudes, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo e inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expirará o último día do mes.

Despois de presentar

Prazo de resolución: Tres meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 9 de maio de 2016 pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria de bolsas para formación de persoal en temas de investigación mariña e se procede á súa convocatoria (DOG nº 107 do 7 de xuño de 2016).

    • Orde do 12 de xullo de 2016 pola que se modifica, no relativo ás anualidades, a Orde do 9 de maio de 2016 pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria de bolsas para formación de persoal en temas de investigación mariña e se procede á súa convocatoria (DOG nº 141 do, 27 de xullo de 2016).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

PE606A

Prazas de residencia e comedor nos centros dependentes da Consellería do Mar.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 19/07/2025 00:00 - 01/06/2026 23:59

PE607A

Autorización de cursos de titulacións náutico-pesqueiras para entidades.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PE607C

Matrícula dos cursos de titulacións náutico-pesqueiras.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PE601C

Bolsas de formación en réxime de empresa tutelada para as persoas tituladas en ciclos formativos en acuicultura.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 08/09/2023 00:00 - 09/10/2023 23:59