Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
MR652A
Comunicación de ingresos e reinvestimentos en montes veciñais en man común.
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
Consellería do Medio Rural
Este decreto ten por obxecto regular as cotas de reinvestimento en montes veciñais en man común previstas no artigo 125 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia e, en particular:
a) Concretar os diferentes ingresos que deben ser obxecto de reinvestimento.
b) Establecer unha relación clasificada das actuacións en materia de protección e mellora do monte que poden ser obxecto de execución con cargo ás cotas de reinvestimento.
c) Desenvolver o procedemento de comunicación e o procedemento de verificación das cantidades mínimas que reinvestirán as comunidades de montes veciñais en man común en materia de mellora e protección forestal do monte.
Propietarios dos montes veciñais en man común.
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña
Servizo de Montes de Coruña
R/ Vicente Ferrer, 2
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184575
Fax: 981184672
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo
Servizo de Montes de Lugo
Ronda da Muralla, 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294531
Fax: 982294874
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense
Servizo de Montes de Ourense
Avda. da Habana, 79-3º
32004 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386695
Fax: 988386697
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra
Servizo de Montes de Pontevedra
R/ Fernández Ladreda, 43-2º
36003 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805411
Fax: 986805478
Prazo de presentación: PECHADO
Este decreto entrará en vigor aos tres meses da súa publicación no Diario Oficial de Galicia (dende o 9 de xuño de 2016) e o prazo de presentación de comunicación será no primeiro semestre de cada ano natural.
Comunicación segundo o Anexo V.
Acreditacion da representación, no caso de non ser o/a presidente/a ou secretario/a da comunidade.
Comprobación de datos.
Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo e achegar unha copia dos documentos.
DNI/NIE da persoa comunicante.
NIF da entidade comunicante.
- Inicio
- Comunicación (Anexo V)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (DOG nº 140 do 23 de xullo de 2012).
-
Decreto 23/2016, do 25 de febreiro, polo que se regula o reinvestimento dos ingresos obtidos polos montes veciñais en man común en actuacións de mellora e protección forestal (DOG nº 47 do 9 de marzo de 2016).
-
Outros procedementos relacionados
Permisos para a realización de queimas.
Aberto todo o ano
Comunicación final de aproveitamentos madeireiros e leñosos en montes ou terreos forestais de xestión privada.
Aberto todo o ano
Declaración responsable para aproveitamentos de cortizas en montes ou terreos forestais de xestión privada que conten cun instrumento de ordenación ou xestión aprobado pola Administración.
Aberto todo o ano
Autorización para aproveitamentos de cortizas en montes ou terreos forestais de xestión privada que non conten cun instrumento de ordenación ou xestión aprobado pola Administración.
Aberto todo o ano