Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
IF320A
Inscrición no Rexistro de Empresas Operadoras do Transporte Marítimo.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Este procedemento únicamente pode ser iniciado utilizando Internet Explorer.
Disculpe as molestias que poida ocasionarlle.
A prestación de servizos de transporte marítimo de persoas en augas interiores de Galicia está plenamente liberalizado desde a entrada en vigor da Lei 2/2008, do 6 de maio. Non obstante, o inicio de novos servizos de carácter regular (isto é, con calendario, horarios e percorridos predefinidos) está suxeito á previa inscrición destes no Rexistro de Empresas Operadoras do Transporte Marítimo, dependente da Dirección Xeral de Mobilidade (Consellería de Infraestruturas e Vivenda).
Empresas navieiras que pretendan prestar servizos de transporte marítimo regular en augas interiores de Galicia
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Dirección Xeral de Mobilidade
Praza de Europa, 5-A 2ª planta. Área Central - Polígono de Fontiñas.
15707 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981544585 / 981544502
Fax: 981544351
Email: formacion.transportes@xunta.es
Prazo de presentación: PECHADO
02/05/2016 00:00 - 14/07/2019 23:59
A Orde do 7 de abril de 2016 entrará en vigor aos vinte días naturais da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
O servizo obxecto de inscrición deberá ter un itinerario prefixado, ter unhas horas fixas de saída e axustarse a un calendario de prestación que pode ser anual ou de temporada.
Pola súa parte, os buques teñen que reunir os requisitos esixidos pola lexislación vixente en materia de transporte marítimo de pasaxeiros e seguridade marítima.
No caso de transporte a espazos naturais protexidos, o seu organismo xestor deberá certificar que a empresa está en condicións de cumprir todas as especificacións operacionais que aquel estableza
Solicitude segundo o Anexo I.
Documento xustificativo de ter aboada a taxa.
NIF da persoa xurídica solicitante só no caso de non autorizar a súa consulta.
Folla de asento de cada un dos buques no rexistro marítimo español do Ministerio de Fomento.
Copia das solicitudes de atracada nos portos de orixe e de destino, ou ben da autorización definitiva.
Escrito de Capitanía Marítima no que se informe de que o buque e apto para realizar o servizo solicitado, de acordo coas esixencias de seguridade marítima.
Certificados de navegabilidade dos buques propostos para realizar o servizo.
Certificacións de estar ao día no cumprimento das obrigas coa Axencia Estatal Tributaria, coa Facenda Autonómica e coa Seguridade Social, só no caso de non autorizar a súa consulta.
Certificación expedida polo organismo xestor do espazo natural protexido de que a empresa está en condicións de cumprir coas especificacións operacionais necesarias para acceder a el (só necesaria en caso de servizos a espazos naturais protexidos).
Follas de ruta.
Outra documentación que poida afectar á solicitude concreta.
Contra a resolución deste procedemento poderá interpoñerse recurso a través de "IF321C. Recurso en materia de mobilidade"
Prazo de resolución: Tres meses
Sentido do silencio: Positivo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 7 de abril de 2016 pola que se adaptan e se habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Infraestruturas e Vivenda (DOG nº 69 do 12 de abril de 2016).
-
Lei 2/2008, do 6 de maio, pola que se desenvolve a libre prestación de servizos de transporte marítimo de persoas en augas interiores de Galicia (DOG nº 90 do 12 de maio de 2008).
-
Decreto 228/2008, do 2 de outubro, sobre a prestación de servizos de transporte marítimo de persoas en augas interiores de Galicia (DOG nº 202 do 17 de outubro de 2008).
-
Outros procedementos relacionados
Autorización para a prestación de servizos regulares permanentes de viaxeiros por estrada mediante a utilización dun mesmo vehículo (solapamento).
Aberto todo o ano
Concentración de contratos de xestión de servizos públicos de transporte regular de viaxeiros por estrada.
Aberto todo o ano
Transmisión de contratos de xestión de servizos públicos de transporte regular de viaxeiros por estrada.
Aberto todo o ano
Adscrición de vehículos a contratos de xestión de servizos públicos de transporte regular de viaxeiros por estrada.
Aberto todo o ano