Guía de procedementos e servizos

TR356B

Cualificación e inscrición como empresa de inserción laboral.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Pechado

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Sobre o procedemento

Esta orde ten por obxecto regular o procedemento de cualificación das empresas de inserción laboral na Comunidade Autónoma de Galicia, así como establecer e determinar a organización e funcionamento do seu rexistro administrativo.

Esta Orde será de aplicación ás empresas de inserción laboral que teñan centros de traballo radicados no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo co disposto no Decreto 156/2007, do 19 de xullo, polo que se regula o procedemento para a cualificación das empresas de inserción laboral, se crea o seu rexistro administrativo e se establecen as medidas para o fomento da inserción socio laboral (DOG nº 153, do 8 de agosto).

Para os efectos desta orde, considéranse empresas de inserción laboral aquelas estruturas produtivas de bens ou servizos que teñan por finalidade básica do seu obxecto social a incorporación ao mercado laboral de persoas en risco ou situación de exclusión social, proporcionándolles un traballo remunerado e a formación e acompañamento precisos para mellorar as súas condicións de empregabilidade e facilitarlles o acceso ao mercado laboral común, sempre que reúnan os requisitos previstos no artigo 4º do Decreto 156/2007, do 19 de xullo, polo que se regula o procedemento para a cualificación das empresas de inserción laboral, se crea o seu rexistro administrativo e se establecen as medidas para o fomento da inserción socio laboral.

Poderán ser cualificadas como empresas de inserción laboral:

As sociedades mercantís, sociedades laborais, sociedades cooperativas ou calquera tipo de organización societaria civil ou mercantil legalmente constituída e que cumpran os requisitos establecidos no Decreto 156/2007, do 19 de xullo, e nesta orde.

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais

Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social

Subdirección Xeral de Economía Social

Servizo de Fomento do Emprego en Economía Social

Edificios Administrativos San Lázaro, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981544682/ 981957732

Fax: 981544678

Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

Esta orde entrará en vigor aos vinte días naturais da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

  • Inscrición en rexistros oficiais. Primeira inscrición. Modificacións da primeira inscrición. ( 30.02.00)

Pode realizar o pago destas taxas na Oficina Virtual Tributaria.

  • Solicitude sengundo o Anexo I.

  • Xustificante de pago da taxa por servizos administrativos (30.02.00)

  • Memoria que acredite a viabilidade económica, técnica e financeira do proxecto empresarial.

  • Certificado que acredite contar co preceptivo servizo de prevención de riscos laborais, con indicación das especialidades contratadas.

  • Informe de traballadores en alta das contas de cotización asociadas ao NIF da entidade solicitante.

  • Relación de persoas traballadoras, indicando as que están en situación ou risco de exclusión social.

  • Informes dos servizos sociais acreditativos da situación ou risco de exclusión social das persoas traballadoras.

  • Informes do Servizo Público de Emprego, anteriores á formalización dos contratos de traballo, sobre a adecuación das persoas traballadoras en inserción ao posto de traballo.

  • No caso de ter prestado servizos nos dous anos anteriores na mesma ou noutra empresa de inserción, informes dos servizos sociais acerca da conveniencia da súa contratación.

  • Anexo I-bis para a comprobación de datos das entidades promotoras.

  • Anexo I-ter para a comprobación de datos das persoas traballadoras que formen parte do cadro de persoal en situación ou risco de exclusión

  • .Acreditación da representación con que actúa a persoa que asina a solicitude.

  • Escritura de constitución e estatutos da empresa obxecto de cualificación. Se se trata de entidades preexistentes, certificación do corespondente Rexistro comprensivo da súa inscrición e da literalidade de todos os asentos vixentes na súa folla rexistral.

  • Certificado de data actual acreditativo da inscrición no correspondente Rexistro das entidades promotoras, xunto cos estatutos nel depositados.

COMPROBACIÓN DE DATOS

Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente e achegar unha copia dos documentos.

  • NIF da entidade solicitante

  • DNI/NIE da persoa representante

  • NIF da entidade representante

  • Alta no censo de actividades económicas

  • Comunicación da apertura do centro de traballo á Administración autonómica

Despois de presentar

Prazo de resolución: Seis meses

Sentido do silencio: Positivo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 31 de xullo de 2015 pola que se adaptan e se incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Traballo e Benestar (DOG nº 146 do 4 de agosto de 2015).

    • Orde do 29 de decembro de 2008 pola que se regula o procedemento de cualificación das empresas de inserción laboral e a organización e funcionamento do seu rexistro administrativo (DOG nº 6 do 9 de xaneiro de 2009).

    • Orde do 5 de maio de 2020 pola que se autoriza e se dá publicidade dunha relación de procedementos que, por razóns motivadas, deben continuar coa súa tramitación durante a vixencia do estado de alarma. (DOG nº 90 do 11 de maio de 2020).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

TR340A

Cualificación iniciativas de emprego.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

TR340D

Cualificación de iniciativa de emprego de base tecnolóxica (IEBT).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

TR350D

Habilitación do Libro de subcontratación para o sector da construción

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

TR359A

Inscrición de constitución da asociación no Rexistro de Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano