Guía de procedementos e servizos

TR821C

Axudas previas á xubilación ordinaria no sistema da seguridade social a persoas traballadoras afectadas por procesos de reestruturación de empresas.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2014 - Prazo pechado: 06/09/2014 00:00 - 07/06/2018 23:59

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento

Esta orde ten por obxecto o establecemento, para a Comunidade Autónoma de Galicia, de normas de carácter permanente para a xestión do procedemento das axudas previstas no Real decreto 3/2014, do 10 de xaneiro, polo que se establecen as normas especiais para a concesión de axudas previas á xubilación ordinaria no sistema da Seguridade Social a persoas traballadoras afectadas por procesos de reestruturación de empresas.

En todo o non establecido nesta orde observarase o disposto no referido Real decreto 3/2014, do 10 de xaneiro.

As axudas reguladas no Real decreto 3/2014, do 10 de xaneiro, están destinadas a facilitar unha cobertura económica a persoas traballadoras próximas á idade de xubilación para atender situacións de urxencia e necesidade sociolaboral que permitan paliar as consecuencias sociais derivadas dos procesos de reestruturación de empresas que poderían levar consigo o cesamento total ou parcial da actividade destas ou contribúan ao mantemento do emprego.

As axudas outorgaranse en réxime de concesión directa.

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Empresas.

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais

Subdirección Xeral de Relacións Laborais

Servizo de Relacións Laborais, Seguridade e Saúde Laboral

San Lázaro, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981545743 / 981544615

Fax: 981957751

Email: dxtes.ctb@xunta.es

Servizo de Relacións Laborais, Seguridade e Saúde Laboral
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

06/09/2014 00:00 - 07/06/2018 23:59

Dez días naturais a partir da publicación da resolución a que se refire o artigo 4.2 da orde do 27 de agosto de 2014.

Unha vez coñecidas as necesidades de financiamento, anualmente a consellería competente en materia de traballo publicará, mediante resolución, o importe destinado nos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para estas axudas.

A partir da publicación do dito importe, a empresa, deberá presentar a solicitude definitiva, procedemento TR821C, no prazo de dez días naturais a partir da publicación da resolución a que se refire o artigo 4.2 da orde do 27 de agosto, segundo o modelo que figura como anexo III a esta orde, na cal deberá figurar:

- O compromiso da empresa de realizar a súa achega ao financiamento das axudas na forma e prazos que se establecen nos artigos 12 e 13 do Real decreto 3/2014, do 10 de xaneiro, e de anticipar ás persoas traballadoras a axuda que lles fose recoñecida se, transcorridos tres meses desde a data de comezo, non se fixese efectiva por causas imputables á empresa, podendo resarcirse esta das cantidades anticipadas, previa a acreditación destas, no momento de efectuar a súa achega.

  • Solicitude segundo o Anexo III desta orde, acompañada da seguinte documentación:

    • Documento en que se acredite a conformidade individualizada das persoas traballadoras de acollerse á axuda (anexo IV).

    • Declaracións responsables de que as persoas para as cales se solicita a axuda non están incursas en ningunha das prohibicións recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007 de subvencións de Galicia (anexo V).

    • Certificacións da Tesouraría Xeral da Seguridade Social en que consten, das persoas para as cales solicita a axuda, os períodos de permanencia en alta na Seguridade Social e as 6 últimas bases cotizadas, por continxencias profesionais, con indicación das horas extras, se as houber, e por continxencias comúns, anteriores á última baixa, a do despedimento. No caso de persoas traballadoras a tempo parcial ou fixas descontinuas, deberán figurar as 12 últimas bases.

    • Certificacións do Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) ou do Instituto Social da Mariña (ISM) sobre bonificacións de idade que correspondan das persoas para as cales se solicita a axuda, de ser o caso.

    • Certificacións de nacemento das persoas para as cales se solicita a axuda.

    • Comunicación das baixas e incidencias producidas respecto do colectivo inicial obxecto da solicitude, así como daquelas persoas traballadoras que se atopen na situación prevista no artigo 8.3 para as cales se suspenderá a resolución da concesión mentres permanezan na dita situación.

  • Os distintos anexos deberán presentarse, preferiblemente, por vía electrónica a traves dos formularios dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño de acceso dos cidadáns aos servizos públicos e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

    Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia. Alternativamente, tamen se poderán presentar os anexos en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das Administracións públicas e do procedementos administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

    A documentación complementaria poderá presentarse electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

    A documentación complementaria tamen poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das Administracións públicas e do procedementos administrativo común.

    As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan autenticas.

    A sede electrónica da Xunta de Galicia ten a disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das Administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Despois de presentar

Prazo de resolución: Dous meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 27 de agosto de 2014 pola que se ditan, con carácter permanente, normas de procedemento para a xestión das axudas previstas no Real decreto 3/2014, do 10 de xaneiro, polo que se establecen as normas especiais para a concesión de axudas previas á xubilación ordinaria no sistema da Seguridade Social a persoas traballadoras afectadas por procesos de reestruturación de empresas (DOG nº 169 do 5 de setembro de 2014).

    • Resolución do 7 de outubro de 2014 pola que se publica o crédito para o exercicio 2014 das axudas recollidas na Orde do 27 de agosto de 2014 pola que se ditan, con carácter permanente, normas de procedemento para a xestión das axudas previstas no Real decreto 3/2014, do 10 de xaneiro, polo que se establecen as normas especiais para a concesión de axudas previas á xubilación ordinaria no sistema da Seguridade Social a persoas traballadoras afectadas por procesos de reestruturación de empresas (DOG nº 202 do 22 de outubro de 2014).

    • Resolución do 4 de novembro de 2016, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se publica o crédito para o exercicio 2016 das axudas recollidas na Orde do 27 de agosto de 2014 pola que se ditan, con carácter permanente, normas de procedemento para a xestión das axudas previstas no Real decreto 3/2014, do 10 de xaneiro, polo que se establecen as normas especiais para a concesión de axudas previas á xubilación ordinaria no sistema da Seguridade Social a persoas traballadoras afectadas por procesos de reestruturación de empresas (DOG nº 222 do 21 de novembro de 2016).

    • Resolución do 9 de outubro de 2017, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se publica o crédito para o exercicio 2017 das axudas recollidas na Orde do 27 de agosto de 2014 pola cal se ditan, con carácter permanente, normas de procedemento para a xestión das axudas previstas no Real decreto 3/2014, do 10 de xaneiro, polo que se establecen as normas especiais para a concesión de axudas previas á xubilación ordinaria no sistema da Seguridade Social a persoas traballadoras afectadas por procesos de reestruturación de empresas (DOG nº 200 do 20 de outubro de 2017).

  • Ámbito Estatal
    • Real decreto 3/2014, do 10 de xaneiro, polo que se establecen as normas especiais para a concesión de axudas previas á xubilación ordinaria no sistema da Seguridade Social a traballadores afectados por procesos de reestruturación de empresas (BOE nº 25 do 29 de xaneiro de 2014).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

TR340A

Cualificación iniciativas de emprego.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

TR340D

Cualificación de iniciativa de emprego de base tecnolóxica (IEBT).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

TR356B

Cualificación como empresa de inserción

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

TR803A

Apertura ou recomezo da actividade de centros de traballo.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano