Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
TR821B
Necesidades orzamentarias para o exercicio en curso de axudas previas á xubilación ordinaria no sistema da seguridade social a persoas traballadoras afectadas por procesos de reestruturación de empresas.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Este procedemento únicamente pode ser iniciado utilizando Internet Explorer.
Disculpe as molestias que poida ocasionarlle.
Para realizar este trámite presencialmente debes imprimir o seguinte modelo e presentalo nunha oficina.
Utiliza a opción "DESCARGAR PDF IMPRESIÓN" para imprimilo.
Podes cubrir o formulario en liña e imprimilo unha vez cuberto. Poderás gardar os avances e continuar noutro momento utilizando as opcions "Gardar" e "Recuperar".
Esta orde ten por obxecto o establecemento, para a Comunidade Autónoma de Galicia, de normas de carácter permanente para a xestión do procedemento das axudas previstas no Real decreto 3/2014, do 10 de xaneiro, polo que se establecen as normas especiais para a concesión de axudas previas á xubilación ordinaria no sistema da Seguridade Social a persoas traballadoras afectadas por procesos de reestruturación de empresas.
En todo o non establecido nesta orde observarase o disposto no referido Real decreto 3/2014, do 10 de xaneiro.
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Empresas.
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais
Subdirección Xeral de Relacións Laborais
Servizo de Relacións Laborais, Seguridade e Saúde Laboral
San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981545743 / 981544615
Fax: 981957751
Email: dxtes.ctb@xunta.es
Prazo de presentación: PECHADO
06/09/2014 00:00 - 07/06/2018 23:59
Nos dous primeiros meses do exercicio en que se produza o cumprimento de todos os requisitos establecidos no artigo 3 do Real decreto 3/2014, do 10 de xaneiro.
No caso de que se resolva favorablemente a solicitude de autorización regulada no artigo 3 da orde do 27 de agosto respecto a todas ou a algunha das persoas traballadoras despedidas, a empresa deberá presentar, ante o mesmo órgano que resolveu a solicitude inicial, nos dous primeiros meses do exercicio en que se produza o cumprimento de todos os requisitos establecidos no artigo 3 do Real decreto 3/2014, do 10 de xaneiro, unha comunicación, procedemento TR821B, que figura como anexo II a esta orde, en que se detallen a persoa ou persoas traballadoras que cumpren os referidos requisitos, indicando a data de nacemento, o número de afiliación á Seguridade Social, o documento nacional de identidade, a antigüidade na empresa, o grupo de cotización á Seguridade Social e a data de acceso ás axudas, xunto cos cálculos sobre o importe das referidas axudas, para os efectos de que o órgano responsable da tramitación poida solicitar os fondos necesarios nese exercicio orzamentario para facer fronte ás solicitudes presentadas, en cumprimento do establecido no artigo 10.3 do Real decreto 3/2014, do 10 de xaneiro.
Comunicación segundo o Anexo II desta orde.
Os distintos anexos deberán presentarse, preferiblemente, por vía electrónica a traves dos formularios dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es), de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 27 de agosto de 2014 pola que se ditan, con carácter permanente, normas de procedemento para a xestión das axudas previstas no Real decreto 3/2014, do 10 de xaneiro, polo que se establecen as normas especiais para a concesión de axudas previas á xubilación ordinaria no sistema da Seguridade Social a persoas traballadoras afectadas por procesos de reestruturación de empresas (DOG nº 169 do 5 de setembro de 2014).
-
Resolución do 7 de outubro de 2014 pola que se publica o crédito para o exercicio 2014 das axudas recollidas na Orde do 27 de agosto de 2014 pola que se ditan, con carácter permanente, normas de procedemento para a xestión das axudas previstas no Real decreto 3/2014, do 10 de xaneiro, polo que se establecen as normas especiais para a concesión de axudas previas á xubilación ordinaria no sistema da Seguridade Social a persoas traballadoras afectadas por procesos de reestruturación de empresas (DOG nº 202 do 22 de outubro de 2014).
-
Resolución do 4 de novembro de 2016, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se publica o crédito para o exercicio 2016 das axudas recollidas na Orde do 27 de agosto de 2014 pola que se ditan, con carácter permanente, normas de procedemento para a xestión das axudas previstas no Real decreto 3/2014, do 10 de xaneiro, polo que se establecen as normas especiais para a concesión de axudas previas á xubilación ordinaria no sistema da Seguridade Social a persoas traballadoras afectadas por procesos de reestruturación de empresas (DOG nº 222 do 21 de novembro de 2016).
-
Resolución do 9 de outubro de 2017, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se publica o crédito para o exercicio 2017 das axudas recollidas na Orde do 27 de agosto de 2014 pola cal se ditan, con carácter permanente, normas de procedemento para a xestión das axudas previstas no Real decreto 3/2014, do 10 de xaneiro, polo que se establecen as normas especiais para a concesión de axudas previas á xubilación ordinaria no sistema da Seguridade Social a persoas traballadoras afectadas por procesos de reestruturación de empresas (DOG nº 200 do 20 de outubro de 2017).
-
-
Ámbito Estatal
-
Real decreto 3/2014, do 10 de xaneiro, polo que se establecen as normas especiais para a concesión de axudas previas á xubilación ordinaria no sistema da Seguridade Social a traballadores afectados por procesos de reestruturación de empresas (BOE nº 25 do 29 de xaneiro de 2014).
-
Outros procedementos relacionados
Cualificación iniciativas de emprego.
Aberto todo o ano
Cualificación de iniciativa de emprego de base tecnolóxica (IEBT).
Aberto todo o ano
Incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica-IEBT
Prazo aberto: 17/02/2026 09:00 - 30/09/2026 20:00
Cualificación como empresa de inserción
Aberto todo o ano