Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
MR627A
Autorización para a aprobación dun proxecto de ordenación de montes.
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
Consellería do Medio Rural
Este procedemento únicamente pode ser iniciado utilizando Internet Explorer.
Disculpe as molestias que poida ocasionarlle.
Aprobar, segundo o disposto no artigo 78 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, as instrucións xerais de ordenación e de xestión de montes de Galicia, que conteñen os principios reitores, os criterios, requisitos, fins, a estrutura e os contidos mínimos que deberán cumprir todos os instrumentos de ordenación e de xestión dos montes situados na Comunidade Autónoma de Galicia, no marco da xestión forestal sustentable.
Así mesmo, o presente decreto ten por obxecto regular a elaboración e o procedemento de aprobación dos instrumentos de ordenación e xestión forestal, de conformidade co disposto nos artigos 80 e seguintes da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.
O ámbito de aplicación serán os montes ou terreos forestais existentes dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
Deberán dotarse dun proxecto de ordenación:
a) Os montes públicos, os montes protectores e os montes de xestión pública.
b) Os montes veciñais en man común, as agrupacións forestais formalmente constituídas e os montes de varas, abertais, de voces, de vocerío ou de fabeo cunha superficie superior ás 25 hectáreas en couto redondo.
c) As persoas propietarias, sexan persoas físicas ou xurídicas de dereito privado, de montes particulares de superficie superior ás 25 hectáreas en couto redondo para unha mesma propiedade.
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña
Servizo de Montes de Coruña
R/ Vicente Ferrer, 2
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184575
Fax: 981184672
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo
Servizo de Montes de Lugo
Ronda da Muralla, 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294531
Fax: 982294874
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense
Servizo de Montes de Ourense
Avda. da Habana, 79-3º
32004 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386695
Fax: 988386697
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra
Servizo de Montes de Pontevedra
R/ Fernández Ladreda, 43-2º
36003 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805411
Fax: 986805478
Prazo de presentación: PECHADO
09/08/2014 00:00 - 21/08/2018 23:59
Este decreto entrará en vigor aos tres meses da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e o prazo de presentación de solicitudes empezará o día 9 de agosto de 2014.
1. Conforme o artigo 8.18 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, os instrumentos de ordenación e xestión forestal elaborados para os montes ou terreos forestais do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia deberán corresponderse con algunha das seguintes categorías:
a) Como instrumento de ordenación forestal: o proxecto de ordenación (PO).
b) Como instrumentos de xestión forestal:
a. Documento simple de xestión (DSX).
b. Documento compartido de xestión (DCX).
c. Documento de adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos (MS).
2. Todos os instrumentos citados no número anterior terán a natureza de instrumentos de ordenación e xestión forestal a unha escala operativa.
Solicitude segundo o Anexo I deste Decreto, acompañada da seguinte documentación:
Acreditación da representación.
Documento acreditativo da propiedade e da cesión da xestión da persoa propietaria ou titular (se e o caso).
Compromiso expreso de adhesión a modelos silvícolas ou de xestión forestal e referente de boas prácticas asinado pola persoa xestora.
Acordo previo da asemblea xeral da comunidade propietaria, ben por medio da copia da acta da asemblea ben por medio de certificación expedida polo/a secretario/a da comunidade (se e o caso).
Informe asinado pola persoa propietaria ou responsable da xestión forestal co resumo da información do proxecto de ordenación introducida telematicamente na oficina agraria virtual (obtense automaticamente tras a
súa carga e validación).
Cando exista unha pluralidade de persoas, será necesaria autorización para a consulta dos datos de identidade no Sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas das persoas titulares segundo o anexo V.
As solicitudes de aprobación ou comunicación de instrumentos de ordenación ou xestión forestal deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es) de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das ditas comunicacións e solicitudes de aprobación será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.
Alternativamente, tamen se poderán presentar as comunicacións e solicitudes de aprobación en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Na solicitude de aprobación do proxecto de ordenación ou do documento simple ou compartido de xestión forestal deberá sinalarse o número de expediente obtido polo persoal tecnico competente en materia forestal tal como dispón o artigo 12 deste Decreto.
A tramitación do procedemento require a incorporación de datos ou documentos coa finalidade de acreditar a identidade da persoa solicitante. Por tanto, o modelo de solicitude normalizado incluirá unha autorización expresa ao órgano xestor para realizar as comprobacións oportunas que acrediten a veracidade dos datos achegados no procedemento administrativo.
Consonte o artigo 4 da Orde do 12 de xaneiro de 2012 pola que se regula a habilitación de procedementos administrativos e servizos na Administración xeral e no sector público autonómico de Galicia, no caso de que a persoa interesada non autorice o órgano xestor para realizar esta operación, estará obrigada a achegalos nos termos exixidos polas normas reguladoras do procedemento.
A documentación complementaria poderase presentar electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada, segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente do formulario principal, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.
No caso de que a documentación complementaria vai presentar a persoa solicitante, de forma electrónica, supere os tamaños límite establecidos pola sede electrónica, permitirase a presentación desta de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto coa solicitude que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.
Prazo de resolución: Seis meses
Sentido do silencio: Positivo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (DOG nº 140 do 23 de xullo de 2012).
-
Decreto 52/2014, do 16 de abril, polo que se regulan as instrucións xerais de ordenación e de xestión de montes de Galicia (DOG nº 87 do 8 de maio de 2014).
-
Outros procedementos relacionados
Permisos para a realización de queimas.
Aberto todo o ano
Comunicación final de aproveitamentos madeireiros e leñosos en montes ou terreos forestais de xestión privada.
Aberto todo o ano
Declaración responsable para aproveitamentos de cortizas en montes ou terreos forestais de xestión privada que conten cun instrumento de ordenación ou xestión aprobado pola Administración.
Aberto todo o ano
Autorización para aproveitamentos de cortizas en montes ou terreos forestais de xestión privada que non conten cun instrumento de ordenación ou xestión aprobado pola Administración.
Aberto todo o ano