Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
IN315A
Subvencións a entidades sen ánimo de lucro, en réxime de concorrencia competitiva, para o fomento do sector mineiro galego, e convocatoria para o ano 2013.
Procedemento dirixido a: Asociacións e ong
Consellería de Economía e Industria
Este procedemento únicamente pode ser iniciado utilizando Internet Explorer.
Disculpe as molestias que poida ocasionarlle.
Serán subvencionables as actuacións ou proxectos que teñan como finalidade:
- A investigación, ordenación e planificación mineira.
- A eficiencia e racionalización das explotacións e instalacións mineiras.
- A mellora dos aspectos de seguridade e saúde laboral na minaría.
- A protección ambiental, a redución do consumo de recursos e da produción de residuos.
- A innovación e investigación tecnolóxica en produtos e procesos relacionados coa minaría.
- A difusión, divulgación e promoción do sector mineiro.
Consideraranse gastos suvencionables os seguintes:
- Recursos humanos: gastos de persoal, tanto propio como o que se contrate especificamente, que poderá ser imputado na súa totalidade cando se dedique integramente ao desenvolvemento da actuación subvencionada, ou ben parcialmente en función da porcentaxe de dedicación.
- Material inventariable: adquisición de equipamentos e instrumental precisos para a realización do proxecto.
- Servizos externos: contratacións con entidades externas necesarias para o eficiente desenvolvemento dos proxectos.
- Material funxible: adquisición de materiais funxibles, compoñentes precisos, subministracións e produtos similares.
- Gastos indirectos: imputaos o beneficiario á actividade subvencionada na parte que razoablemente corresponda de acordo cos principios e normas de contabilidade xeralmente admitida e, en todo caso, na medida en que tales custos correspondan ao período en que efectivamente se realiza a actividade.
Con carácter xeral e de acordo co establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, considéranse gastos subvencionables aqueles que, de xeito indubidable, respondan á natureza da actividade subvencionada.
Así mesmo, de acordo co disposto no número 7 de devandito artigo, os gastos financeiros, os de asesoría xurídica e financeira, os gastos notariais e rexistrais, periciais e os gastos de garantía bancaria poderán ser subvencionables se están directamente relacionados coa actividade subvencionada e son indispensables para a adecuada preparación desta.
Os gastos suvbencionables deberán estar realizados e efectivamente pagados entre o 1 de xaneiro de 2013 e a data de xustificación establecida no artigo 18 da Orde.
En ningún caso o custo da adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor do mercado.
Segundo o artigo 29.8 da Lei 9/2007, en ningún caso se consideran gastos subvencionables os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación nin os impostos persoais sobre a renda.
Cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas no Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, para o contrato menor, o beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, a prestación do servizo ou a entrega do ben, salvo que, polas súas especiais características, non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren, ou salvo que o gasto se tivese realizado con anterioridade á solicitude da subvención.
A elección entre as ofertas presentadas, que deberá achegarse xunto coa solicitude, realizarase conforme os criterios de eficacia e economía, e no suposto de non recaer a adxudicación na proposta económica máis vantaxosa, deberán achegar unha memoria na cal se xustifique expresamente a elección do adxudicatario do contrato.
Os beneficiarios da subvención estarán obrigados a:
a) Executar as actuacións que fundamenten a concesión da subvención.
b) Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento dos requisitos e das condicións, así como a realización das actuacións e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou o goce da subvención.
c) Someterse ás actuacións de comprobación que serán efectuadas polo órgano concedente, así como a calquera outra actuación de comprobación e control financeiro que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto autonómicos como estatais ou comunitarios, para o que achegará canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.
d) Comunicarlle ao órgano concedente a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.
e) Dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso.
f) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, mentres poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.
g) Adoptar as medidas de difusión contidas no artigo 15.3º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Estas medidas deberán adecuarse ao obxecto subvencionado, tanto na súa forma como na súa duración, e poderán consistir na inclusión da imaxe institucional da entidade concedente, así como lendas relativas ao financiamento público en carteis, placas, material impreso, medios electrónicos ou audiovisuais, ou ben en mencións realizadas en medios de comunicación.
h) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos establecidos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Xunta de Galicia
Consellería de Economía e Industria
Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético
Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas
Edificios Administrativos San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981544578
Fax: 981545515
Prazo de presentación: PECHADO
08/06/2013 00:00 - 08/07/2013 23:59
Un mes desde o día seguinte ao da publicación desta orde no DOG ata o día correspondente o mesmo ordinal do día da publicación, ambos inclusive.
Xunto coa solicitude deberá presentarse a seguinte documentación en orixinal ou copia compulsada:
a) Solicitude normalizada (anexo II).
Deberanse presentar tantas solicitudes como actuacións diferentes se propoñan.
b) Documentación relativa á personalidade xurídica da entidade solicitante:
Acta e estatutos de constitución e modificacións posteriores, se e o caso, e acreditación da súa inscrición no rexistro correspondente, así como o código de identificación fiscal.
Copia compulsada do NIF.
Poder suficiente do representante da entidade solicitante, acompañado do seu documento nacional de identidade.
Alternativamente á presentación do DNI, a persoa representante poderá dar o seu consentimento para que o órgano instrutor comprobe os seus datos de carácter persoal, por medio de conexión telemática co servizo horizontal de acceso aos sistemas de verificación de datos de identidade e de residencia do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, de acordo co disposto nos artigos 2.2 e 3.2 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro, polo que se simplifica a documentación para a tramitación dos procedementos administrativos e se fomenta a utilización de medios electrónicos.
c) Memoria tecnica e orzamento detallado de cada unha das actuacións para as que se solicita subvención, que terá a estrutura e contido especificados nos anexos III e IV desta orde.
d) Cando resulte de aplicación, segundo o indicado no número 7 do artigo segundo, copia das tres ofertas solicitadas e, en caso de non se optar pola máis vantaxosa, memoria xustificativa da diferente elección. No caso de non presentar as ofertas por concorrer algunha das circunstancias indicadas na citada base, deberá indicar o motivo.
e) Declaración responsable de non estar incurso en ningunha das circunstancias previstas nos puntos 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (anexo V).
f) Declaración expresa sobre a concesión ou solicitude doutras axudas ou subvencións para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou calquera dos seus organismos, entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais (anexo V).
g) Se e o caso, declaración responsable de que o beneficiario non exerce unha actividade económica das previstas no artigo 1, número 2, da presente orde, ou que, para o caso de que a entidade desempeñe actividades tanto de carácter económico como non económico, se respectará o previsto para o financiamento público de actividades non económicas no número 3.1.1 do Marco comunitario sobre axudas estatais de investigación e desenvolvemento e innovación (DOUE C 323, do 30.12.2006) (anexo VI).
h) No caso de solicitudes de axuda que queden suxeitas á aplicación do rexime de minimis en aplicación do previsto no artigo 1.2 desta orde, o beneficiario deberá cubrir, necesariamente, a declaración de axudas de minimis incluída no anexo VII.
Do mesmo xeito, nese caso, deberá cubrir a declaración responsable de non ter a consideración de empresa en crise (anexo V), conforme a definición prevista no artigo 1 número 7 do Regulamento (CE) nº 800/2008, do 6 de agosto, da Comisión, en relación coas pemes e conforme o disposto no número 2.1 das directrices comunitarias sobre axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas en crise (2004/C 244/02) en relación coas grandes empresas.
i) No caso de estar exento do imposto sobre o valor engadido (IVE), documentación acreditativa da mencionada exención.
j) Certificacións expedidas polos organismos competentes, acreditativas de estar ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, e de non ter pendente de pagamento ningunha debeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma, no caso de que o solicitante denegase expresamente a autorización ao órgano xestor para que solicite de oficio estas certificacións.
No prazo de presentación de solicitudes, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.
Prazo de resolución: Cinco meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 24 de maio de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións a entidades sen ánimo de lucro, en réxime de concorrencia competitiva, para o fomento do sector mineiro galego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2013 (código de procedemento IN315A) (DOG nº 108 do 7 de xuño de 2013).
-
Orde do 19 de novembro de 2013 pola que se amplía o prazo de presentación da documentación xustificativa establecido na Orde do 24 de maio de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións a entidades sen ánimo de lucro, en réxime de concorrencia competitiva, para o fomento do sector mineiro galego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2013 (código de procedemento IN315A) (DOG nº 228 do 28 de novembro de 2013).
-
Outros procedementos relacionados
Obtención/renovación do selo de mercado excelente.
Aberto todo o ano
Declaración da condición mineral, termal e de manancial das augas
Aberto todo o ano
Aproveitamento de augas minerais, termais e de manancial.
Aberto todo o ano
Subvencións a empresas privadas para a loita contra as enfermidades profesionais, en especial as derivadas da exposición ao po e ao ruído, no sector mineiro.
Prazo pechado: 08/03/2021 00:00 - 07/04/2021 23:59