Necesita axuda?

Intervención programada | Publicado o 28/03/2025 ás 12:30 h.

Programado un mantemento que afectará o sábado 29 de marzo entre as 09:00 e as 14:00 ao acceso con certificados emitidos pola FNMT

Con motivo das tarefas de mantemento que o provedor de servizos de certificación FNMT (Fábrica Nacional de Moneda y Timbre) realizará o sábado 29 de marzo entre as 09:00 e as 14:00 horas, poden producirse cortes puntuais no acceso e na validación dos servizos desta sede empregando eses certificados dixitais.

Non se verá afectada a utilización de certificados emitidos por outros provedores de servizo de certificación nin tampouco a utilización de Chave365 ou Cl@ve para o acceso aos servizos dispoñibles nesta sede.