Incidencia
|
Publicado o 27/12/2017 ás 10:52 h.
Solucionados os problemas de acceso mediante DNI electrónico
Solucionados os problemas de acceso mediante DNI electrónico
Unha vez aplicadas as solucións técnicas necesarias nos DNIs electrónicos, actívase de novo a funcionalidade dos certificados electrónicos.
Para saber se o certificado electrónico asociado ao seu DNI se viu afectado, debe comprobar o número de soporte (ver imaxe). Estarían afectados por esta incidencia todos os certificados que teñan un número de soporte igual ou superior ao ASG160001.
Aqueles cidadáns que os precisen, poderán actualizalos ou renovalos nos Puntos de Actualización do DNI (PAD) que existen en todas as oficinas da Policía Nacional.