A incorporación de 40 centros da área sanitaria da Coruña sitúa en 409 os puntos nos que solicitar a alta en Chave365
A incorporación de 40 centros da área sanitaria da Coruña sitúa en 409 os puntos nos que solicitar a alta en Chave365
O mércores 14 de novembro incorpóranse 40 centros da área sanitaria da Coruña á relación de lugares nos que é posible solicitar a alta no servizo de identificación e sinatura fácil Chave365.
Coa incorporación destes centros de saúde, son xa 409 os puntos distribuídos por toda Galicia habilitados como centros acreditadores do servizo de claves concertadas da Administración xeral e do sector público autonómico. En http://www.xunta.gal/chave365/solicitude pode localizar as oficinas no mapa. Ademais, a alta pode realizarse a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.
Actualmente o sistema pode usarse en máis de 1.000 procedementos da sede electrónica da Xunta de Galicia e na plataforma é-Saúde.
Para a súa utilización en é-Saúde, e independentemente da canle utilizada para a alta no servizo Chave365 (sede electrónica, rexistros da Xunta de Galicia ou centros de saúde), será necesario acudir a calquera dos centros de saúde e hospitais habilitados do Servizo Galego de Saúde.