Novidade | Tue Jun 14 08:00:00 CEST 2016

Amplíase a relación de lugares nos que solicitar Chave365 presencialmente

Nos últimos días engadíronse novos rexistros á relación de lugares nos que é posible solicitar a alta en Chave365, o sistema que permite identificarse e asinar documentos na sede electrónica da Xunta de Galicia sen certificados dixitais nin DNI electrónico. En total existen neste momento 33 lugares nos que solicitar a alta en Chave365, situados nas catro provincias.

As oficinas nas que é posible solicitar o rexistro están situadas na Coruña (4), Ferrol, Santiago de Compostela (9), Ordes, Lugo (3), Vilalba, Ourense (7), O Barco de Valdeorras, Pontevedra (2), Vigo (2) e Lalín.

relación completa e os horarios de atención pódense consultar na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Con Chave365, a persoa usuaria identifícase na sede electrónica da Xunta de Galicia co seu NIF e clave persoal e asina electronicamente cun código único para cada operación, que recibe no seu teléfono móbil. Ademais da opción de solicitude presencial, a alta pode pedirse con certificado electrónico desde esta sede.

Novidade