Novidade | Tue Sep 15 08:00:00 CEST 2015

Entra en funcionamento o sistema de claves concertadas Chave365

Desde hoxe pode solicitar xa a súa clave para Chave365, o sistema que permite aos cidadáns maiores de idade identificarse e asinar documentos na sede electrónica da Xunta de Galicia sen necesidade de usar certificados dixitais nin DNI electrónico.

Con Chave365, a persoa usuaria identifícase co seu NIF e clave persoal e asina electronicamente cun código único para cada operación, que recibe no seu teléfono móbil.

A solicitude de alta no servizo pode realizarse desde esta sede, con certificado electrónico, ou de forma presencial no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia (edificio administrativo de San Caetano). Este servizo irá estendéndose ás restantes oficinas de rexistro que se habiliten a estes efectos, e que se dará a coñecer a través desta sede electrónica.

Novidade Cidadáns