Necesita axuda?

Intervención programada | Publicado o 06/06/2025 ás 12:50 h.

Programado un mantemento que afectará o sábado 7 de xuño entre as 09:00 e as 14:00 ao acceso con certificados emitidos pola FNMT

Con motivo das tarefas de mantemento que o provedor de servizos de certificación FNMT (Fábrica Nacional de Moneda y Timbre) realizará o sábado 7 de xuño entre as 08:00 e as 14:00 horas, poden producirse cortes puntuais no acceso e na validación dos servizos desta sede empregando eses certificados dixitais.

Non se verá afectada a utilización de certificados emitidos por outros provedores de servizo de certificación nin tampouco a utilización de Chave365 ou Cl@ve para o acceso aos servizos dispoñibles nesta sede.