Guía de procedementos e servizos

IF310D

Probas de constatación da cualificación inicial para o exercicio da actividade de condutor profesional de determinados vehículos destinados ao transporte de mercadorías ou de viaxeiros por estrada.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Convocatoria 2019 - Prazo pechado: 22/11/2019 00:00 - 16/11/2020 23:59

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Sobre o procedemento

Convócanse para o ano 2020 as probas de constatación da cualificación inicial para o exercicio da actividade de condutor/a profesional de determinados vehículos destinados ao transporte de mercadorías ou de viaxeiros/as por estrada que terán lugar na Comunidade Autónoma de Galicia de acordo co calendario e demais condicións previstas nesta resolución.

No ano 2020 realizaranse nove convocatorias, tanto para as categorías D1, D1+E, D e D+E, como para as categorías C1, C1+E, C e C+E, que se desenvolverán de acordo co seguinte calendario e prazos de inscrición:

1ª convocatoria. Intervalo de realización: Do 15.1.2020 ao 5.2.2020

2ª convocatoria. Intervalo de realización Do 19.2.2020 ao 4.3.2020

3ª convocatoria. Intervalo de realización: Do 1.4.2020 ao 22.4.2020

4ª convocatoria. Intervalo de realización: Do 13.5.2020 ao 27.5.2020

5ª convocatoria. Intervalo de realización: Do 17.6.2020 ao 1.7.2020

6ª convocatoria. Intervalo de realización: Do 15.7.2020 ao 5.8.2020

7ª convocatoria. Intervalo de realización: Do 9.9.2020 ao 23.9.2020

8ª convocatoria. Intervalo de realización: Do 4.11.2020 ao 18.11.2020

9ª convocatoria. Intervalo de realización: Do Do 9.12.2020 ao 23.12.2020

Condutores profesionais de determinados vehículos destinados ao transporte de mercadorías ou de viaxeiros por estrada que terán lugar na Comunidade Autónoma de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Dirección Xeral de Mobilidade

Subdirección Xeral de Ordenación do Transporte

Servizo de Coordinación dos Plans de Transporte

San Caetano, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881995053

Fax: 981544351

Email: civ.mobilidade@xunta.gal, formacion.transportes@xunta.gal

http://civ.xunta.gal/mobilidade

Dirección Xeral de Mobilidade
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

22/11/2019 00:00 - 16/11/2020 23:59

Prazos de inscrición:
1ª convocatoria: Do 22.11.2019 ao 27.12.2019
2ª convocatoria: Do 28.12.2019 ao 5.2.2020
3ª convocatoria: Do 6.2.2020 ao 16.3.2020
4ª convocatoria: Do: 17.3.2020 ao 27.4.2020
5ª convocatoria: Do 28.4.2020 ao 1.6.2020
6ª convocatoria: Do 2.6.2020 ao 6.7.2020
7ª convocatoria: Do 7.7.2020 ao 24.8.2020
8ª convocatoria: Do 25.8.2020 ao 13.10.2020
9ª convocatoria: Do 14.10.2020 ao 16.11.2020

É un requisito imprescindible para poder participar nas probas de cualificación inicial ter realizado e superado o curso de formación correspondente nos 6 meses inmediatamente anteriores á data de realización do exame, para o cal, finalizado este, e con efectos do día da súa finalización, o director docente do centro que o impartise expediralle a cada alumno que o seguise con aproveitamento un certificado acreditativo de ter realizado a formación teórica e práctica exixida sobre as materias obxecto do curso e, simultaneamente, comunicaralle por vía telemática ao órgano competente a finalización do curso e a listaxe de todos os alumnos que o superasen, identificados polo seu nome e apelidos e número de documento nacional de identidade ou, de ser o caso, do número de identificación de estranxeiro.

Recibida esta comunicación, e logo súa da verificación por parte desta administración, o órgano competente procederá a anotar na sección correspondente do Rexistro Xeral de Transportistas e de Actividades Auxiliares e Complementarias do Transporte a realización do curso de que se trate por parte dos correspondentes condutores.

Exíxese tamén para poder participar nas probas de cualificación inicial que os aspirantes teñan residencia habitual en Galicia con independencia do lugar en que realizaran o curso preceptivo.

Para tales efectos, presumirase que a residencia habitual do aspirante se atopa no lugar en que figure o seu domicilio no documento nacional de identidade en vigor; só se admitirá que o domicilio sexa distinto ao que apareza no referido documento cando se dea algunha das seguintes circunstancias:

- Que o aspirante acredite, mediante o certificado de empadroamento, que tivo o seu domicilio en Galicia, cando menos, durante cento oitenta e cinco (185) días naturais do último ano contados desde a finalización do prazo de presentación de solicitudes para concorrer aos exercicios;

- Que o aspirante acredite que, sen cumprir o requisito do punto anterior, se viu obrigado por razóns familiares ou profesionais a cambiar a súa residencia en Galicia; non obstante, non se entenderá cumprida esta exixencia nin cando se trate de estadías temporais nunha localidade para a realización dunha actividade de duración determinada, nin cando se trate de supostos de asistencia a unha universidade, escola ou centro docente.

  • Inscrición nas probas para a obtención e/ou renovación da competencia profesional para a actividade de transporte ( 31.01.20)

Pode realizar o pago destas taxas na Oficina Virtual Tributaria.

1. As solicitudes deberán presentarse obrigatoriamente por vía electrónica na sede electrónica do Ministerio de Fomento. Con esta finalidade poderase acceder á sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, procedemento IF310D, onde se amosará o ligazón á sede electrónica do Ministerio de Fomento en que se deberá realizar a inscrición cubrindo os datos requiridos para tal efecto.

2. Ao abeiro do establecido no artigo 10.4 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, nos procedementos regulados nesta resolución é obrigatoria a presentación electrónica, tanto das solicitudes como da documentación complementaria, dada a necesidade de inscrición na sede electrónica do Ministerio de Fomento para a comprobación de requisitos de acceso ás probas en todo o territorio estatal e tendo en conta tamén que está dirixido a un colectivo profesional de transportistas de mercadorías e de viaxeiros que, para o exercicio de traballos asociados coa dita profesión, deberán dispoñer de medios para a tramitación electrónica, especialmente nos casos de traballo por conta propia, nos cales xa resulta obrigatoria de acordo coa lexislación vixente.

Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento.

A documentación complementaria do procedemento de inscrición ás probas (IF310D) presentarase obrigatoriamente por vía electrónica, para o cal deberá achegarse na opción habilitada para tal efecto dentro da mesma aplicación do Ministerio de Fomento utilizada para a inscrición. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten.

A documentación complementaria que se deberá presentar será o impreso de liquidación de taxas, que estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, ou pode recollerse na Dirección Xeral de Mobilidade, servizos de Mobilidade de cada provincia, ou nos departamentos territoriais da consellería polo importe que estableza para o efecto a Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia.

Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada, segundo o disposto no artigo 28.5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación do procedemento de inscrición para as probas (IF310D) deberán ser realizados electronicamente dirixíndose ao enderezo de correo electrónico formacion.transportes@xunta.gal.

Exención da taxa de inscrición para as probas.

De acordo co establecido na Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, terán dereito á exención da taxa do procedemento de inscrición (IF310D) as persoas que figuren como demandantes de emprego desde polo menos seis meses anteriores á data da convocatoria das probas nas cales soliciten a súa participación e non estean a percibir prestación ou subsidio por desemprego. O órgano responsable do procedemento comprobará de oficio os ditos requisitos agás que, excepcionalmente, sexa necesario o requirimento á persoa interesada da acreditación documental das ditas circunstancias, debido á imposibilidade de realizar a dita comprobación ou cando sexa necesario, a xuízo do órgano responsable, para acreditar de forma fidedigna o cumprimento dos ditos requisitos.

Despois de presentar

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 19 de novembro de 2009 pola que se establecen as bases e as regras de desenvolvemento das probas de constatación da cualificación inicial para o exercicio da actividade de condutor profesional de determinados vehículos destinados ao transporte de mercadorías ou de viaxeiros por estrada que terán lugar na Comunidade Autónoma de Galicia e se convocan as probas que se realizarán no ano 2010, en desenvolvemento do Real decreto 1032/2007, do 20 de xullo (DOG nº 233 do 27 de novembro de 2009).

    • Resolución do 7 de novembro de 2019, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se convocan as probas de constatación da cualificación inicial para o exercicio da actividade de condutor/a profesional de determinados vehículos destinados ao transporte de mercadorías ou de viaxeiros/as por estrada que terán lugar na Comunidade Autónoma de Galicia no ano 2020, en desenvolvemento do Real decreto 1032/2007, do 20 de xullo (Boletín Oficial del Estado número 184, do 2 de agosto), e da Orde do 19 de novembro de 2009, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (Diario Oficial de Galicia número 233, do 27 de novembro) (DOG nº 220 do 19 de novembro de 2019).

  • Ámbito Estatal
    • Real Decreto 1032/2007, do 20 de xullo, polo que se regula a cualificación inicial e a formación continua dos condutores de determinados vehículos destinados ao transporte por estrada (BOE nº 184 do 2 de agosto de 2007).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

IF204A

Autorización para a execución de obras, instalacións ou a realización de calquera outra actividade, así como os cambios de uso, na zona de dominio público viario e/ou nas zonas de protección das estradas de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia, excepto accesos.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF205C

Consulta previa de viabilidade dunha autorización.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF205D

Autorización de novo acceso, cambio de uso ou reordenación dun acceso existente na rede de titularidade da Comunidade Autonóma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF207B

Reversión de expropiación.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano