Guía de procedementos e servizos

FA009C

Aprobación dos modelos oficiais de autoliquidación do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Aberto todo o ano

Consellería de Facenda e Administración Pública

Sobre o procedemento

Aprobación dos modelos oficiais de autoliquidación do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados cuxo rendemento corresponda á Comunidade Autónoma de Galicia, a regulación dos procedementos e as condicións xerais para o seu pagamento e presentación e a regulación de determinadas obrigacións formais e de subministración de información tributaria que se aplicará a todos os usuarios.

Todo aquel que teña que presentar a autoliquidación do imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados cuxo rendemento corresponda á Comunidade Autónoma de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería de Facenda e Administración Pública

Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA)

Delegación Da Axencia Tributaria de Galicia Da Coruña

Praza de Pontevedra, 22

15003  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184409

Xunta de Galicia

Consellería de Facenda e Administración Pública

Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA)

Delegación Da Axencia Tributaria de Galicia de Lugo

Ronda da Muralla,70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294021, 982294037

Xunta de Galicia

Consellería de Facenda e Administración Pública

Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA)

Delegación Da Axencia Tributaria de Galicia de Ourense

Rúa Progreso, 38 entreplanta

32003  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988687239

Xunta de Galicia

Consellería de Facenda e Administración Pública

Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA)

Delegación da Axencia Tributaria de Galicia de Pontevedra

Avenida María Victoria Moreno, 43, 3º andar

36003  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805757

Xunta de Galicia

Consellería de Facenda e Administración Pública

Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA)

Delegación Da Axencia Tributaria de Galicia de Vigo

Rúa Concepción Arenal, 8

36201  Vigo  (Pontevedra)

Teléfono: 986817500

Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA)
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

1. O  prazo para a presentación e ingreso das autoliquidacións e, se é o caso, a documentación complementaria, será dun mes contado desde a data de devindicación do imposto.

2. Cando se trate de consolidacións do dominio, polo falecemento do usufrutuario, que deban tributar polo imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, o prazo será de seis meses, contados desde o día do falecemento do usufrutuario ou desde aquel en que adquira firmeza a declaración de falecemento.

3. Cando se trate de adquisicións de bens mobles usados, excepto vehículos, embarcacións ou aeronaves, realizados polos empresarios dedicados á revenda, con ou sen transformación, que deban tributar polo imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, na modalidade de transmisións patrimoniais onerosas, e se acumularon todas as adquisicións realizadas en cada mes natural nun só modelo 600 de autoliquidación, a presentación e o ingreso se realizará no mes seguinte ao período de liquidación que corresponda.

4. Nos vinte primeiros días naturais de cada mes natural os suxeitos pasivos deberán presentar e ingresar o imposto correspondente a:

a) Todos os documentos admitidos a negociación ou cobranza durante o mes natural inmediato anterior, mediante o modelo 610.

b) Todos os documentos emitidos durante o mes natural inmediato anterior, mediante o modelo 615.

5. Salvo que especificamente se estableza outra cousa, cando con posterioridade á aplicación dun beneficio fiscal se produza a perda do dereito á súa aplicación por incumprimento dos requisitos a que estivese condicionado, deberase presentar e ingresar a autoliquidación complementaria correspondente no prazo dun mes contado desde o día en que se produciu o incumprimento. A regularización que se practique incluirá a parte do imposto que se deixe de ingresar como consecuencia da aplicación do beneficio fiscal, así como os xuros de demora.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

A presente orde entrará en vigor o 1 de febreiro de 2021

Os modelos que figuran no Anexo II a VI da Orde 9 de decembro de 2020 pola que se aproban os diferentes modelos de autoliquidación do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula o procedemento e as condicións para o seu pagamento e presentación, así como determinadas obrigacións formais e de subministración de información tributaria, e a documentación complementaria a que se refiren os artigos 10 a 15 da devandita orde.

Despois de presentar

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 9 de decembro de 2020 pola que se aproban os diferentes modelos de autoliquidación do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula o procedemento e as condicións para o seu pagamento e presentación, así como determinadas obrigacións formais e de subministración de información tributaria (DOG nº 249 do 11 de decembro de 2020).

    • Resolución do 25 de xaneiro de 2021 pola que se modifica o anexo II da Orde do 9 de decembro de 2020 pola que se aproban os diferentes modelos de autoliquidación do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados na Comunidade Autónoma de Galicia e se regulan o procedemento e as condicións para o seu pagamento e presentación, así como determinadas obrigacións formais e de subministración de información tributaria (DOG nº 19 do 29 de xaneiro de 2021).

    • Resolución do 4 de marzo de 2021 pola que se modifica o anexo II da Orde do 9 de decembro de 2020 pola que se aproban os diferentes modelos de autoliquidación do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados na Comunidade Autónoma de Galicia e se regulan o procedemento e as condicións para o seu pagamento e presentación, así como determinadas obrigacións formais e de subministración de información tributaria (DOG nº 47 do 10 de marzo de 2021).

    • Resolución do 14 de maio de 2021 pola que se modifica o anexo II da Orde do 9 de decembro de 2020 pola que se aproban os diferentes modelos de autoliquidación do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula o procedemento e as condicións para o seu pagamento e presentación, así como determinadas obrigacións formais e de subministración de información tributaria (DOG nº 94 do 21 de maio de 2021)

    • Orde do 16 de decembro de 2021 pola que se modifican diversas normas tributarias (DOG nº 245 do 23 de decembro de 2021).

    • Resolución do 10 de xaneiro de 2022 pola que se modifican os anexos II a IX da Orde do 9 de decembro de 2020 pola que se aproban os diferentes modelos de autoliquidación do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados na Comunidade Autónoma de Galicia e se regulan o procedemento e as condicións para o seu pagamento e presentación, así como determinadas obrigacións formais e de subministración de información tributaria (DOG nº 9 do 14 de xaneiro de 2022).

    • Resolución do 10 de xaneiro de 2023 pola que se modifica o anexo II da Orde do 9 de decembro de 2020 pola que se aproban os diferentes modelos de autoliquidación do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula o procedemento e as condicións para o seu pagamento e presentación, así como determinadas obrigacións formais e de subministración de información tributaria. (DOG nº 12 do 18 de xaneiro de 2023).

    • Resolución do 27 de decembro de 2023 pola que se modifica o anexo II e V da Orde do 9 de decembro de 2020 pola que se aproban os diferentes modelos de autoliquidación do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula o procedemento e as condicións para o seu pagamento e presentación, así como determinadas obrigas formais e de subministración de información tributaria. (DOG nº 1 do 2 de xaneiro de 2024).

    • Resolución do 31 de maio de 2024 pola que se modifican os anexos II, III, IV e VI da Orde do 9 de decembro de 2020 pola que se aproban os diferentes modelos de autoliquidación do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados na Comunidade Autónoma de Galicia e se regulan o procedemento e as condicións para o seu pagamento e presentación, así como determinadas obrigacións formais e de subministración de información tributaria (DOG nº 115 do 14 de xuño de 2024).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

BS104A

Acceso á información contida na Historia Social Única Electrónica.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA002A

Subministración electrónica dos cartóns de bingo autorizados na Comunidade Autónoma de Galicia e a presentación e o pagamento electrónico da taxa fiscal sobre o xogo do bingo.

Aberto todo o ano

FA002B

Presentación e pagamento telematico da taxa fiscal sobre o xogo realizado en casinos

Aberto todo o ano

FA003A

Normas de aplicación do canon eólico.

Aberto todo o ano