Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
MR250A
Pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería do Medio Rural
Regular os elementos e procedementos, así como a solicitude das axudas que se indican a continuación:
1. Liñas de axuda integradas polos pagamentos directos á agricultura e á gandaría, en concreto, os seguintes réximes de axuda comunitarios:
a) Un pagamento básico aos agricultores («pagamento básico»).
b) Un pagamento para os agricultores que apliquen prácticas agrícolas beneficiosas para o clima e o medio ambiente («pagamento verde»).
c) Un pagamento suplementario para os agricultores mozos que comecen a súa actividade agrícola.
d) Un réxime de axuda asociada:
1ª. Axuda asociada aos cultivos proteicos.
2ª. Axuda asociada aos legumes de calidade.
3ª. Axuda asociada para as explotacións que manteñan vacas nutrices.
4ª. Axuda asociada para as explotacións de vacún de cebo.
5ª. Axuda asociada para as explotacións de vacún de leite.
6ª. Axuda asociada para as explotacións de ovino.
7ª. Axuda asociada para as explotacións de cabrún.
8ª. Axudas asociadas para os gandeiros de vacún de leite, vacún de cebo e de ovino e cabrún que mantiveron dereitos especiais en 2014 e non dispoñen de hectáreas admisibles para a activación de dereitos de pagamento básico.
9ª. Tamén poderá solicitarse calquera outra axuda asociada regulada no título IV do Real decreto 1075/2014, do 19 de decembro.
e) Un réxime simplificado para os pequenos agricultores.
Todas as axudas citadas anteriormente son financiadas integramente polo Feaga.
2. Tamén se inclúen as solicitudes da axuda e/ou do pagamento das medidas de desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control, que na Comunidade Autónoma de Galicia son:
a) Prima anual de mantemento das axudas para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas, no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2007-2013. Beneficiarios con compromisos vixentes: solicitude de pagamento.
b) Prima anual das axudas para a reforestación e para a creación de superficies forestais, da submedida 8.1 do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020. Beneficiarios con compromisos vixentes: solicitude de pagamento.
c) Prima anual das axudas para o establecemento de sistemas agroforestais, da submedida 8.2 do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020. Beneficiarios con compromisos vixentes: solicitude de pagamento.
d) Prima anual das axudas para o pagamento por compromisos silvoambientais e climáticos e de conservación de bosques, da submedida 15.1 do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020. Beneficiarios con compromisos vixentes: solicitude de pagamento.
e) Prima anual das axudas de Agroambiente e clima da submedida 10.1 e da agricultura ecolóxica das submedidas 11.1 e 11.2 do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020. Beneficiarios con compromisos vixentes: solicitude do pagamento.
f) Pagamento a zonas con limitacións naturais das submedidas 13.1 e 13.2 do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020: solicitude da axuda e do pagamento.
Prazo de resolución:
a) Para as axudas dos pagamento directos á agricultura e á gandería: Unha vez realizados os controis administrativos e sobre o terreo e comunicados polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente os coeficientes previstos, se é o caso, a Subdirección Xeral de Xestión da PAC.
b) Para as solicitudes de indemnización compensatoria, de agroambiente e clima e de agricultura ecolóxica: nove meses.
Sentido do silencio administrativo: Negativo
Agricultores/as activos e con actividade agraria con explotacións situadas na Comunidade Autónoma de Galicia..
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
Subdirección Xeral de Xestión da Pac
Servizo de Axudas Gandeiras da Pac
Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546262
Fax: 981546268
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña
Servizo Territorial do FOGGA da Coruña
Rúa Vicente Ferrer, 2-4º
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184525
Fax: 981184559
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo
Servizo Territorial do FOGGA de Lugo
Rolda da Muralla, 70-B-1
27003 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294462
Fax: 982294411
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense
Servizo Territorial do Fogga de Ourense
Rúa do Paseo, 22 - 1º
32003 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386948
Fax: 988386940
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra
Servizo Territorial do Fogga de Pontevedra
Paseo de Cervantes, 7-1º
36001 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805455
Fax: 986805569
Prazo de presentación: PECHADO
01/02/2019 00:00 - 07/05/2019 23:59
Segundo a orde do 23 de abril de 2019 pola que se modifica a Orde do 22 de xaneiro de 2019 (DOG nº 81 do 29 de abril de 2019), ampliase o prazo de presentación de solicitudes ata o día 7 de maio de 2019, incluído.
Para que unha explotación agraria se considere situada en Galicia deberá encontrarse nunha das dúas situacións seguintes:
a) No caso de que o/a produtor/a presente unha solicitude de axuda baseada na superficie, cando a maior parte da superficie da explotación estea nesta comunidade autónoma.
b) Nos demais casos, cando o maior número de animais se atope en Galicia. Para que un agricultor se considere activo e que unha actividade se considere actividade agraria deberán: Acreditar o cumprimento do establecido respectivamente nos capítulos I e II, do título II do Real Decreto 1075/2014, do 19 de decembro.
En todos os casos: Solicitude única normalizada segundo os formularios electrónicos accesibles para cada liña de axuda no enderezo http://sgapac.xunta.es.
Xeral:
Fotocopia do DNI do solicitante no caso de persoas físicas que non outorguen a autorización para consultar os datos de identidade na Dirección Xeral da Policía.
Fotocopia do NIF cando o solicitante non sexa persoa física.
Fotocopia do DNI do representante legal cando o solicitante non sexa persoa física.
Documentación de autorización de sinatura se o solicitante non e persoa física ou, sendo persoa física, non e quen presenta a solicitude. No caso de persoas físicas, esta documentación consistirá nun documento de autorización asinado polo autorizante e polo autorizado ao que se xuntarán as fotocopias dos DNI en vigor, de ambos os dous.
Solicitude única:
Ademais da documentación xeral anterior, presentarase a documentación que se relaciona a continuación:
1. Para as solicitudes con declaración de parcelas:
Certificado da entidade xestora, segundo o modelo do anexo 4-A, no caso de superficies de uso en común onde existan pastos permanentes utilizados conxuntamente por varios produtores. No caso de superficies que xa dispoñen de código, a relación de recintos SIXPAC e os tipos de pasto que a compoñen, deberán ser remitidas polo representante da entidade ao servizo territorial do Fogga.
2. Para acreditar a condición de agricultor activo:
a) Persoas físicas que deneguen expresamente a autorización para recadar da Axencia Estatal da Administración Tributaria a información fiscal necesaria ou ben para persoas físicas que pertencen a unha integradora de gando:
1º.- Declaración do IRPF correspondente ao período impositivo dispoñible máis recente ou impreso de alta censual (modelo 036 ou 037)
2º.- Certificación que acredite a procedencia dos rendementos do traballo do declarante, cónxuxe ou de ambos os dous.
b) Persoas xurídicas ou grupos de persoas físicas ou xurídicas. A petición do órgano xestor deberán achegar a documentación xustificativa dos ingresos agrarios declarados na súa solicitude única.
3. Para o pagamento para prácticas agrícolas beneficiosas para o clima e o medio ambiente:
Certificado que acredite a produción ecolóxica nos recintos declarados con este tipo de produción cando non se outorgue a autorización para consultar os datos de consellos reguladores, marcas de calidade, organismos de control ou entidades asociativas.
4. Pagamento suplementario para os novos agricultores que comecen a súa actividade agrícola:
Cando o solicitante non sexa persoa física, documentación que permita verificar que os agricultores mozos forman parte da xunta reitora ou do órgano de goberno da entidade á que pertencen.
5. Para as axudas ao desenvolvemento rural:
a) Primas anuais das axudas de primeira forestación de terras non agrícolas, das axudas para a reforestación e para a creación de sistemas agroforestais, das axudas para a creación de superficies forestais e por compromisos silvoambientais e climáticos e de conservación de bosques:
1º.- Factura
2º.- Xustificante de pagamento da mesma
3º.- No caso de que o beneficiario realice os traballos polos seus propios medios, un documento xustificativo de tal circunstancia.
4º.- Declaración doutras axudas segundo o modelo do anexo XII.
b) Pagos a zonas con limitacións naturais:
1º.- Declaración do IRPF do ano 2017.
2º.- Certificación que acredite a procedencia dos rendementos do traballo do declarante, cónxuxe ou de ambos, no caso de que na declaración do IRPF presentada figuren estes.
3º.- Informe de vida laboral do solicitante. Non será esixible se o solicitante autoriza ao Fogga para a súa solicitude á Tesourería Xeral da Seguridade Social.
c) Agroambiente e clima e agricultura ecolóxica
No caso de non autorizar ao órgano xestor para realizar as comprobacións oportunas que acrediten a veracidade dos datos, os solicitantes deberán achegar a documentación necesaria para acreditar o cumprimento dos requisitos e compromisos aplicables a cada liña de axuda:
1º.- Para todas as liñas de axuda: Informe dunha entidade inscrita no Rexistro de Entidades con Servizos de Aconsellamento ou Xestión de Galicia (Resaxega) que acredite que o solicitante recibe o aconsellamento especializado.
2º.- Razas autóctonas en perigo de extinción:
- Certificado da Asociación xestora do Libro Xenealóxico Oficial da Raza ou da asociación oficialmente recoñecida.
- Certificado asinado polo tecnico responsable do Programa de Mellora Xenetica de participación do solicitante no citado programa.
3º.- Produción integrada: Certificado dunha entidade acreditada.
4º.- Agricultura ecolóxica: Certificados do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA).
Prazo de resolución: Nove meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 27 de agosto de 2020 pola que se dá publicidade á asignación e á denegación das solicitudes de dereitos de pagamento básico da reserva nacional da campaña 2019 e se notifican as resolucións pendentes das campañas 2015, 2016, 2017 e 2018 (DOG nº 178 do 2 de setembro de 2020).
-
Orde do 13 de maio de 2020 relativa ás excepcións para o ano 2020 na execución dos controis administrativos e sobre o terreo establecidos nas convocatorias de subvencións desta consellería cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, de conformidade co Regulamento de execución (UE) 2020/532 da Comisión, do 16 de abril de 2020, que establece excepcións, para o ano 2020, aos regulamentos de execución (UE) 809/2014, (UE) 80/2014, (UE) 181/2014, (UE) 2017/892, (UE) 2016/1150, (UE) 2018/274, (UE) 2017/39, (UE) 2015/1368 e (UE) 2016/1240, no que se refire a determinados controis administrativos e sobre o terreo aplicables no marco da política agrícola común (DOG nº 98 do 22 de maio de 2020).
-
Orde do 22 de xaneiro de 2019 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control (DOG nº 22 do 31 de xaneiro de 2019).
-
Extracto da Orde do 22 de xaneiro de 2019 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control (DOG nº 22 do 31 de xaneiro de 2019).
-
Orde do 23 de abril de 2019 pola que se modifica a Orde do 22 de xaneiro de 2019 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control (DOG nº 81 do 29 de abril de 2019).
-
Resolución do 14 de maio de 2020 pola que se dá publicidade da relación de persoas beneficiarias e importes das axudas de agroambiente e clima (submedida 10.1) e de agricultura ecolóxica (submedidas 11.1 e 11.2) solicitadas ao abeiro da Orde do 22 de xaneiro de 2019. (DOG nº 101 do 27 de maio de 2020).
-
Resolución do 11 de xaneiro de 2021 pola que se notifican as resolucións das solicitudes de axudas financiadas polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga) relativas aos pagamentos directos á agricultura e gandaría reguladas na Orde do 22 de xaneiro de 2019.(DOG núm. 18 do 28 de xaneiro de 2021).
-
-
Ámbito Estatal
-
Real Decreto 1075/2014, do 19 de decembro, sobre a aplicación a partir de 2015 dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e outros réximes de axuda, así como sobre a xestión e control dos pagamentos directos e dos pagamentos ao desenvolvemento rural (BOE nº 307 do 20 de decembro de 2014).
-
Real Decreto 1172/2015, do 29 de decembro, polo que se modifica o Real Decreto 1075/2014, do 19 de decembro, sobre a aplicación a partir de 2015 dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e outros réximes de axuda, así como sobre a xestión e control dos pagamentos directos e dos pagamentos ao desenvolvemento rural, o Real Decreto 1076/2014, do 19 de decembro, sobre asignación de dereitos de réxime de pagamento básico da Política Agrícola Común, e o Real Decreto 1077/2014, do 19 de decembro, polo que se regula o sistema de información xeográfica de parcelas agrícolas (BOE nº 312, do 30 de decembro de 2015).
-
-
Ámbito Europeo
-
Regulamento (UE) nº 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, de 17 de decembro de 2013 relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) e polo que se derroga o Reglamento (CE) nº 1698/2005 do Consello
-
Regulamento (UE) nº 1307/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013.
-
Outros procedementos relacionados
Solicitude de certificados de propiedade ou de transmisión da propiedade en concentración parcelaria
Aberto todo o ano
Autorización para impartir cursos de manipulador aplicador de produtos fitosanitarios.
Aberto todo o ano
Carné de usuario profesional de produtos fitosanitarios.
Aberto todo o ano
Programas de planificación zoosanitaria
Prazo aberto: 31/12/2025 00:00 - 30/01/2026 23:59