Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
IN421U
Subvencións plan de transición a unha mobilidade eficiente.
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
Consellería de Economía e Industria
Estas bases teñen por obxecto regular a concesión de subvencións para a adquisición no ano 2019 de vehículos de transición a unha mobilidade eficiente por parte de persoas físicas e empresas que cumpran cos requisitos e condicións establecidos no articulado desta resolución.
1. Poderán ser beneficiarios das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases, os suxeitos que se enumeran a seguir:
a) As persoas físicas con residencia habitual no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
b) As empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos, que teñan domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia.
2. Non serán beneficiarios destas axudas:
a) Non poderán ser destinatarios últimos das axudas os concesionarios ou puntos de venda cuxa epígrafe da sección primeira das tarifas do imposto sobre actividades económicas, aprobado polo Real decreto lexislativo 1175/1990, do 28 de setembro, sexa o 615.1 ou 654.1.
b) Non poderán ter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
c) As empresas en crises están excluídas, excepto cando se trate de réximes de axudas destinados a reparar os prexuízos causados por determinados desastres naturais.
d) Non poderán ter a condición de beneficiarios as empresas en que concorra algunha das causas de exclusión previstas no artigo 1 do Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis, no artigo 1 do Regulamento (UE) nº 1408/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector agrícola, e no artigo 1 do Regulamento (UE) nº 717/2014 da Comisión, do 27 de xullo de 2014, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector da pesca e da acuicultura.
3. Os requisitos para obter a condición de beneficiarios deberanse cumprir, como máis tarde, na data límite de remate do prazo de presentación de solicitudes.
Xunta de Galicia
Consellería de Economía e Industria
Instituto Enerxético de Galicia (INEGA)
Rúa Avelino Pousa Antelo,5, San Lázaro
15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981541500
Email: inega.info@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
24/07/2019 00:00 - 06/11/2019 23:59
O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o 24 de xullo de 2019 ás 9.00 horas e rematará cando se esgoten os fondos.
Modificase a data límite de vixencia que figura no artigo 3 da Resolución do 26 de xuño, polo que a vixencia finalizará o 6 de novembro de 2019 ou ata que se esgoten os fondos.
Solicitude segundo o Anexo IV.
Autorización para a representación segundo o Anexo V
Presentación da oferta do vehículo que se pretende adquirir.
Captura da Base de datos de vehículos dispoñible de páxina web do IDAE na que se poida verificar para vehículos N1 as emisións de CO2 por quilometro do modelo seleccionado (ciclo NEDC) e para vehículo M1 a Clasificación enerxética e as emisións de CO2 por quilometro do modelo seleccionado (ciclo NEDC).
As empresas cando non se atopen obrigadas por lei a inscribirse no rexistro mercantil ou calquera outro rexistro público, presentarán a documentación acreditativa da constitución e da representación correspondente (non é necesario no caso de que o solicitante sexa unha empresa Pública).
Copia do anverso e reverso da ficha técnica (tarxeta ITV) do vehículo a achatarrar onde conste a última inspección técnica de vehículos e a data de caducidade da mesma, de maneira que a inspección técnica este vixente na data de solicitude da axuda ao presente plan.
Permiso de circulación do vehículo onde conste a data de primeira matriculación, data de matriculación en España e data de expedición. En ausencia de calquera de este documento ou do indicado na letra e) anterior, achegarase o Informe da Dirección Xeral de Tráfico co historial do vehículo.
Calquera outra documentación adicional que o interesado considere conveniente para a correcta avaliación do proxecto.
Documento que acredite a existencia dun centro de traballo en Galicia ou a realización dalgunha actividade empresarial xustificable dentro do territorio da comunidade autónoma de Galicia.
No caso de empresas públicas ademais deberá achegarse certificado do representante legal ou de persoa habilitada onde se acredite a súa condición de empresa publica no seu caso.
Comprobación de datos.
Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo e achegar unha copia dos documentos.
Certificado de alta no Imposto de actividades económicas.
Certificación de estar ao día nas obrigas tributarias coa AEAT.
Certificación de estar ao día de pagamento coa Seguridade Social.
Certificación de estar ao día de pagamento coa Consellería de Facenda da Xunta de Galicia.
DNI/NIE da persoa solicitante.
NIF da persoa solicitante.
Administradores da sociedade, cando se trate dunha persoa xurídica.
DNI/NIE da persoa representante.
NIF da entidade representante.
Consentimento para a comprobación de datos.
A persoa interesada autoriza a consulta a outras administracións públicas dos seguintes datos. De non
autorizar a consulta deberá achegar o documento correspondente.
Consulta de datos de vehículos coa Dirección Xeral de Tráfico (DXT).
Consulta de datos de propietarios de vehículos coa Dirección Xeral de Tráfico (DXT).
Prazo de resolución: Tres meses
Sentido do silencio: Positivo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 26 de xuño de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, relativas ao Plan de transición a unha mobilidade eficiente, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á convocatoria para a anualidade 2019 (DOG nº 128 do 8 de xullo de 2019).
-
Extracto da Resolución do 26 de xuño de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, relativas ao Plan de transición a unha mobilidade eficiente, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á convocatoria para a anualidade 2019 (DOG nº 128 do 8 de xullo de 2019).
-
Corrección de erros. Resolución do 26 de xuño de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, relativas ao Plan de transición a unha mobilidade eficiente, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á convocatoria para a anualidade 2019 (código de procedemento IN421T e IN421U) (DOG nº 132 do 12 de xullo de 2019).
-
Resolución do 20 de agosto de 2019 sobre modificación dos prazos de vixencia e adhesión establecidos nos artigos 3 e 4 da Resolución do 26 de xuño de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, relativas ao Plan de transición a unha mobilidade eficiente, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á convocatoria para a anualidade 2019 (código de procedemento IN421T e IN421U), (Diario Oficial de Galicia número 128, do 8 de xullo) (DOG nº 162 do 28 de agosto de 2019).
-
Resolución do 23 de outubro de 2019 pola que se modifica a Resolución do 26 de xuño de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, relativas ao Plan de transición a unha mobilidade eficiente, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á convocatoria para a anualidade 2019 (DOG nº 206 do 29 de outubro de 2019).
-
Outros procedementos relacionados
Solicitude de autorización para a utilización das aplicacións informáticas da Oficina Virtual Tributaria para o pagamento electrónico e a presentación electrónica dos modelos de declaración 008 e de autoliquidación 013 do Imposto compensatorio ambiental mineiro (ICAM).
Aberto todo o ano
Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.
Aberto todo o ano
Modificación da Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.
Aberto todo o ano
Actividade comercial portuaria de subministro de combustible a buques, e outras instalacións fixas e móbiles, mediante medios móbiles terrestres.
Aberto todo o ano