Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
VI101C
Renovación das axudas destinadas a sufragar os gastos de aloxamento provisional das persoas afectadas pola explosión de material pirotécnico producida en Tui o 23 de maio de 2018, con carácter plurianual.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Todas as persoas que resulten beneficiarias desta axuda e que non perdesen o dereito mediante a oportuna resolución poderán renovala anualmente, ata acadar unha duración máxima de dous anos. Para tal efecto, deberán presentar, no prazo que se sinale na correspondente resolución de concesión da axuda inicial, o anexo III, de solicitude de renovación, acompañado, no seu caso, dunha declaración formalizada polas persoas asinantes do contrato de alugamento de que este se prorrogará nas mesmas condicións que o anterior.
Persoas físicas.
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Secretaría Xeral de Vivenda e Urbanismo
Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)
Área Central, s/n - Polígono de Fontiñas
15707 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981541982
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de Pontevedra
Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Pontevedra
R/ Alcalde Hevia, 7
36071 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805601
Fax: 986805258
Email: xt.civ.pontevedra@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
Prazo que se sinale na correspondente resolución de concesión da axuda inicial.
Solicitude segundo o Anexo III, acompañada da seguinte documentación:
Declaración formalizada polas persoas asinantes do contrato de arrendamento de que este se prorrogará nas mesmas condicións que o anterior para aqueles contratos cuxa duración sexa de 12 meses.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas Administracións públicas:
a) Documento Nacional de Identidade (DNI) ou Número de Identificación de Estranxeiros (NIE) da persoa solicitante e, de ser o caso, da persoa representante.
b) Certificado de empadroamento na vivenda danada da persoa solicitante.
c) Datos catastrais correspondentes á persoa solicitante.
2. Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente, sempre que non se modificasen as súas circunstancias e a persoa interesada outorgue o seu consentimento expreso para que sexan consultados ou obtidos os ditos documentos, segundo o Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas, no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento xeral de protección de datos, DOUE do 4 de maio).
3. No caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
A sede electrónica da Xunta de Galicia ten a disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para a facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes. Estes modelos presentaranse por medios electrónicos, accedendo á Carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Non obstante, as persoas interesadas tamén poderán presentalos presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Decreto 55/2018, do 31 de maio, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados pola explosión de material pirotécnico producida en Tui o 23 de maio de 2018 (DOG nº 104 do 1 de xuño de 2018).
-
Corrección de erros. Decreto 55/2018, do 31 de maio, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados pola explosión de material pirotécnico producida en Tui o 23 de maio de 2018 (DOG nº 106 do 5 de xuño de 2018).
-
Orde do 5 de xuño de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de axudas destinadas a sufragar os gastos de aloxamento provisional e de reparación dos danos causados nas vivendas e no seu enxoval doméstico, derivados da explosión de material pirotécnico producida en Tui, o 23 de maio de 2018, con carácter plurianual (DOG nº 108 do 7 de xuño de 2018).
-
Extracto da Orde do 5 de xuño de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de axudas destinadas a sufragar os gastos de aloxamento provisional e de reparación dos danos causados nas vivendas e no seu enxoval doméstico, derivados da explosión de material pirotécnico producida en Tui o 23 de maio de 2018, con carácter plurianual (axudas de aloxamento provisional) (DOG nº 108 do 7 de xuño de 2018.
-
Resolución do 15 de xullo de 2019 pola que se dá publicidade da relación das persoas ou entidades beneficiarias de varios programas de axudas concedidos ao abeiro das convocatorias realizadas no ano 2018 (DOG nº 140 do 24 de xullo de 2019).
-
Outros procedementos relacionados
Inscrición/modificación do certificado de edificios de nova construción no rexistro de certificados de eficiencia enerxética de edificios.
Aberto todo o ano
Inscrición/modificación do certificado de edificios existentes no rexistro de certificados de eficiencia enerxética de edificios.
Aberto todo o ano
Cambio de réxime de alugamento a compravenda e de compravenda a alugamento de vivendas protexidas de promoción pública.
Aberto todo o ano
Autorización de amortización anticipada total de vivenda protexida de promoción pública.
Aberto todo o ano