Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
IN317A
Subvencións a empresas privadas para a loita contra o po no sector mineiro.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería de Economía e Industria
1. Constitúe o obxecto desta orde a regulación das bases reguladoras para a concesión das axudas da Consellería de Economía, Emprego e Industria ás empresas mineiras que desenvolvan a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia, coa finalidade de favorecer a aplicación de tecnoloxías innovadoras e a implantación das mellores técnicas dispoñibles para a loita contra o po no sector mineiro de Galicia.
2. Estas axudas están orientadas á mellora das condicións ambientais e laborais relacionadas co po nas explotacións e establecementos de beneficio regulados pola Lei 22/1973, do 21 de xullo, de minas.
3. Así mesmo, por medio desta orde, convócanse estas axudas para o ano 2018.
4. Mediante o código procedemento IN317A facilitarase a identificación e acceso ás persoas interesadas na sede electrónica da Xunta de Galicia e aos formularios de inicio.
Actuacións e gastos subvencionables.
1. Serán subvencionables dúas liñas de actuación:
Liña A: investimentos destinados a mellorar a calidade do ambiente atmosférico mediante a redución das emisións de po.
Liña B: investimentos destinados a reducir a exposición ao po dos traballadores nos seus postos de traballo.
2. Na liña A só serán obxecto de subvención aquelas actuacións que directamente supoñan a consecución dun nivel máis elevado de protección ambiental por cima dos límites establecidos na normas da Unión Europea sobre calidade do aire ambiente ou ben permitan ao beneficiario aumentar o nivel de protección ambiental derivado das súas actividades en ausencia de normas da Unión.
3. Na liña B só serán obxecto de subvención aquelas actuacións que directamente supoñan unha mellora das condicións laborais relativas á exposición ao po dos traballadores nos seus postos de traballo.
4. Entenderase como investimento elixible todo investimento que teña a consideración de gasto subvencionable, isto é, que de forma indubitada responda á natureza da actividade subvencionada e se axuste ao establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
5. Para as actuacións da liña A serán custos subvencionables os custos de investimento adicionais necesarios para ir alén das normas da Unión Europea ou para incrementar o nivel de protección ambiental en ausencia de normas da Unión. Determinaranse da seguinte maneira:
a) Cando os custos do investimento na mellora da calidade do ambiente atmosférico mediante a redución das emisións de po poidan identificarse nos custos totais do investimento como investimento separado, estes custos relacionados coa protección do ambiente serán subvencionables.
b) En todos os demais casos, os custos do investimento na mellora da calidade do ambiente atmosférico mediante a redución das emisións de po determinaranse por referencia a un investimento similar, menos respectuoso co ambiente, que se podería realizar de forma crible sen a axuda; a diferenza entre os custos de ambos os investimentos determinará o custo relacionado coa protección ambiental e será o custo subvencionable.
Os custos que non estean directamente vinculados á consecución dun nivel máis elevado de protección ambiental non serán subvencionables.
6. Para as actuacións da liña B serán custos subvencionables aqueles directamente relacionados co inverstimento destinado a reducir a exposición ao po dos traballadores, como os de investimentos en activos materiais e inmateriais, gastos de persoal directamente relacionado co proxecto ou gastos xerais.
7. Dado o carácter incentivador destas axudas, as actuacións obxecto delas non se poden iniciar con anterioridade á data de rexistro da solicitude da axuda.
Poderán ser persoas beneficiarias destas subvencións todas as persoas xurídicas que sexan empresas privadas que realicen actividades do ámbito da Lei 22/1973, do 21 de xullo, de minas, dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
Obrigas das persoas beneficiarias.
a) Executar as actuacións que fundamenten a concesión da subvención.
b) Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento dos requisitos e das condicións, así como a realización das actuacións e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou o goce da subvención.
c) Someterse ás actuacións de comprobación que serán efectuadas polo órgano concedente, así como a calquera outra actuación de comprobación e control financeiro que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto autonómicos como estatais ou comunitarios, para o que achegará canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.
d) Comunicar ao órgano concedente a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.
e) Dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ás persoas beneficiarias en cada caso.
f) Manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable adecuado que facilite unha pista de auditoría apropiada en relación con todos os gastos realizados ao abeiro desta orde.
g) Conservar os documentos xustificativos da aplicación de fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, mentres poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.
h) Adoptar as medidas de difusión contidas no artigo 15.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Estas medidas deberán adecuarse ao obxecto subvencionado, tanto na súa forma como na súa duración, e poderán consistir na inclusión da imaxe institucional da entidade concedente, así como en inscricións relativas ao financiamento público en carteis, placas, material impreso, medios electrónicos ou audiovisuais, ou ben en mencións realizadas en medios de comunicación.
i) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos establecidos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
i) Non superar as porcentaxes máximas de acumulación de axudas establecidas na normativa comunitaria europea.
j) Manter os investimentos subvencionados e conservar toda a documentación relacionada coa axuda outorgada e a aplicación dos fondos recibidos durante un período de cinco anos desde a súa concesión. Esta condición non impedirá a substitución de instalacións ou equipamentos que queden obsoletos, dentro dese prazo de cinco anos, debido á rápida evolución da tecnoloxía, sempre e cando a actividade económica se manteña en Galicia durante este período mínimo.
k) En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.
l) Calquera outra obriga imposta de maneira expresa aos beneficiarios na resolución de concesión ou no documento en que se establecen as condicións da axuda.
Xunta de Galicia
Consellería de Economía e Industria
Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético
Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas
San Caetano, s/n bloque 5 - 4ª planta
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981957092 / 981957258
Email: cei.dexiem.axudasminas@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
27/02/2018 00:00 - 26/03/2018 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ata o día correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación, ambos inclusive. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.
- Para os efectos desta orde, os conceptos de pequena e mediana empresa axustaranse á definición contida no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014.
- As persoas beneficiarias non poderán estar incursas en ningunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, non poderán ter pendentes de pagamento débedas coa comunidade autónoma e deberán estar ao día das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
- As persoas beneficiarias non poderán estar suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión Europea que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado común, nin atoparse en situación de crise de acordo co artigo 1.4.c) e artigo 2.18 do Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014.
As persoas interesadas deberán achegar xunto coa súa solicitude a documentación que se describe a seguir:
A) Documentación administrativa.
Acreditación da personalidade xurídica da entidade solicitante por calquera medio válido en dereito.
Acreditación da representatividade do solicitante por calquera medio válido en dereito.
B) Documentación técnica.
Memoria técnico-económica descritiva da actuación subscrita, datada e referenciada por técnico competente co visto e prace de persoa con responsabilidade da entidade solicitante. A memoria seguirá o índice que se establece a seguir e adecuarase ao modelo que se inclúe como anexo II.
Datos da entidade solicitante.
Cualificación da empresa de conformidade co anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014.
Datos do centro de traballo onde se realiza o investimento.
Antecedentes de identificación do tipo de actuación elixible.
Descrición técnica das medidas propostas.
Xustificación da mellora das condicións ambientais ou laborais.
Orzamento detallado.
Calendario de execución.
Cálculo da axuda solicitada segundo os custos elixibles.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) Certificados de estar ao día nas seguintes obrigas: coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social e coa Axencia Tributaria de Galicia.
b) DNI ou NIE da persoa representante.
c) NIF da entidade solicitante.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e xuntar os devanditos documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Dirección Xeral de Enerxía e Minas poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria de maneira presencial, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban facer durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente, accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para a facilitar realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio.
- Fase de solicitude
- Memoria técnica (Anexo II)
- Solicitude (Anexo I)
Prazo de resolución: Cinco meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 7 de febreiro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións a empresas privadas, en réxime de concorrencia competitiva, para a loita contra o po no sector mineiro en Galicia e se convocan para o ano 2018 (DOG nº 40 do 26 de febreiro de 2018).
-
Extracto da Orde do 7 de febreiro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións a empresas privadas, en réxime de concorrencia competitiva, para a loita contra o po no sector mineiro en Galicia e se convocan para o ano 2018 (DOG nº 40 do 26 de febreiro de 2018)
-
Resolución do 12 de febreiro de 2019 pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 7 de febreiro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións a empresas privadas, en réxime de concorrencia competitiva, para a loita contra o po no sector mineiro en Galicia e se convocan para o ano 2018 (DOG nº 40 do 26 de febreiro de 2019).
-
Outros procedementos relacionados
Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.
Aberto todo o ano
Modificación da Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.
Aberto todo o ano
Actividade comercial portuaria de subministro de combustible a buques, e outras instalacións fixas e móbiles, mediante medios móbiles terrestres.
Aberto todo o ano
Obtención/renovación do obradoiro artesán
Aberto todo o ano