Guía de procedementos e servizos

ED504F

Actividades de inmersión lingüística en lingua inglesa english week dirixidas ao alumnado de sexto curso de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Convocatoria 2017 - Prazo pechado: 03/08/2017 00:00 - 15/09/2017 23:59

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento

Esta orde ten por obxecto regular a convocatoria e selección de centros docentes non universitarios para participar en actividades de inmersión en lingua inglesa dirixidas a alumnado de sexto curso de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria durante o ano 2017.

O custo total de cada actividade inclúe:

1. Os monitores ou as monitoras que acompañarán o alumnado en cada un dos grupos durante a actividade.

2. Os gastos de docencia e o material escolar.

3. As actividades culturais e complementarias dos cursos.

4. Os gastos de mantenza e aloxamento.

5. Certificado de realización da actividade.

6. Seguro de accidentes e de responsabilidade civil.

 Obxectivos e programa das actividades.

As actividades a que se refire esta orde desenvolveranse de acordo co obxectivo e o programa que se especifican no anexo II.

Duración e datas de celebración das actividades.

1. Estas actividades realizaranse en réxime de internado, en períodos semanais de domingo pola tarde ata o sábado seguinte pola mañá.

2. Levaranse a cabo durante os meses de outubro, novembro e decembro de 2017, de acordo co seguinte calendario e distribución.

Centros públicos:

– 1ª quenda: do 8 de outubro ao 14 de outubro, para alumnado de 6º de Educación Primaria.

– 2ª quenda: do 15 de outubro ao 21 de outubro, para alumnado de 6º de Educación Primaria.

– 3ª quenda: do 22 de outubro ao 28 de outubro, para alumnado de 6º de Educación Primaria.

– 4ª quenda: do 29 de outubro ao 4 de novembro, para alumnado de 1º de ESO.

– 5ª quenda: do 5 ao 11 de novembro, para alumnado de 2º de ESO.

– 6ª quenda: do 12 ao 18 de novembro, para alumnado de 3º de ESO.

– 7ª quenda: do 19 ao 25 de novembro, para alumnado de 4º de ESO.

Centros privados concertados:

- 8ª quenda: do 26 de novembro ao 2 de decembro, para alumnado de 6º de Educación Primaria.

- 9ª quenda: do 3 de decembro ao 9 de decembro, para alumnado de 1º e 2º de ESO.

- 10ª quenda: do 10 de decembro ao 16 de decembro, para alumnado de 3º e 4º de ESO.

Poderán participar nesta convocatoria os centros docentes non universitarios sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en que se impartan ensinanzas de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria.

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos

Servizo de Programas de Formación

San Caetano, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981957538

Fax: 981546550

Servizo de Programas de Formación
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

03/08/2017 00:00 - 15/09/2017 23:59

O prazo para a presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación deste orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o 15 de setembro de 2017.

Non poderán ter a condición de beneficiarios das axudas previstas nesta orde os centros privados concertados en que se dea algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 xuño, de subvencións de Galicia.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para a facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse por medios electrónicos accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán presentalos presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento

1. Os centros interesados deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Certificación da aprobación polo Consello Escolar da participación nestas actividades, segundo o modelo que figura no anexo III.

b) Proxecto de participación, cun máximo de cinco folios, segundo o modelo que figura no anexo IV.

c) Características do centro, segundo o modelo que figura no anexo VI.

d) Os centros privados concertados, para os efectos de simplificación da acreditación do cumprimento de obrigas coa Administración pública da Comunidade Autónoma, coa Administración do Estado e coa Seguridade Social, presentará a declaración responsable prevista no artigo 11 do Regulamento da citada Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

3. Cada centro poderá participar cun máximo de 25 alumnos e/ou alumnas, todos do mesmo nivel educativo

Despois de presentar

Prazo de resolución: Cinco meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 19 de xullo de 2017 pola que se regula a convocatoria e selección de centros docentes non universitarios sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para participar en actividades de inmersión lingüística en lingua inglesa, English Week, dirixidas ao alumnado de sexto curso de educación primaria e ao de educación secundaria obrigatoria (DOG. nº 146 do 2 de agosto de 2017).

    • Resolución do 20 de decembro de 2017, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se resolve a convocatoria e selección de centros docentes non universitarios sostidos con fondos públicos dependentes desta consellería para participar en actividades de inmersión lingüística en lingua inglesa, English Week, dirixidas ao alumnado de sexto curso de educación primaria e ao de educación secundaria obrigatoria (DOG nº 7 do 10 de xaneiro de 2018).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

ED301A

Autorización de centros privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

ED301B

Modificación de autorización de centros privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

ED301C

Autorización de centros privados para impartir ensinanzas artísticas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

ED301D

Modificación de autorización de centros privados para impartir ensinanzas artísticas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano