Inicio

SEDE
ELECTRÓNICA

Xunta de Galicia
Pode que o seu navegador non estea empregando o plugin de Adobe PDF. Ten a opción de configuralo seguindo as instrucións que lle achegamos ou continuar igualmente coa presentación. << Cancelar e configurar Adobe PDF
En caso de utilizar un certificado electrónico, lembre que debe ter instalado a aplicación de escritorio Autofirma.

- Se non a ten instalada siga as instruccións desta ligazón
- Se xa ten instalada a aplicación ou utilizará Chave365, faga clic no botón Continuar.
En caso de utilizar un certificado electrónico, lembre que debe ter instalado a aplicación de escritorio Autofirma.

- Se non a ten instalada siga as instruccións desta ligazón
- Se xa ten instalada a aplicación ou utilizará Chave365, faga clic no botón Continuar.
Este procedemento únicamente pode ser iniciado utilizando Internet Explorer.

Disculpe as molestias que poida ocasionarle.

PE616C - Inscrición nos exames teóricos e prácticos para a obtención dos títulos que habilitan para o goberno das embarcacións de lecer.

Forma presentación

Tramitación en liña

Iniciar presentación electrónica na sede
Iniciar presentación electrónica na sede: entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.


Presencial

Modelo de solicitude
Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

Datos da solicitude

Prazo de presentación: 27/03/2017 - 18/04/2017.

Convocatoria de maio: do 27.03.2017 ao 18.04.2017, ambos inclusive /Convocatoria de setembro: do 20.07.2017 ao 10.08.2017, ambos inclusive.

  • Solicitude segundo o Anexo I.
  • Recoñecemento psicotecnico, no caso de que sexa necesario, de acordo co disposto no anexo VIII do Real decreto 875/2014, do 10 de outubro.
  • Xustificante de aboamento das taxas.
  • Consentimento dos seus pais, nais ou titores/as legais para os menores de idade que teñan cumpridos os 16 anos de idade no momento de realización das probas, para obter o título de patrón/patroa para navegación básica.
  • As persoas candidatas que se presenten ao exame teórico ou práctico de seguridade e navegación de patrón/patroa de iate ou de capitán/capitá de iate achegarán copia do título anterior, se foi expedido fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • As persoas candidatas que se presenten ao exame teórico complementario do patrón/patroa de embarcacións de lecer, achegarán copia do certificado de exame de patrón/patroa para navegación básica expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia ou do título segundo o Real decreto 875/2014.
  • As persoas candidatas que se presenten ao exame de patrón/patroa de iate ou capitán/capitá de iate e superasen un dos módulos do exame teórico segundo o Real decreto 875/2014, achegarán copia do certificado de exame expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia.
  • As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
  • Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse por medios electrónicos accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán presentalos presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Unha vez finalizado o prazo de matrícula de cada convocatoria que aparece indicado no anexo II, farase pública a listaxe provisional das persoas admitidas e excluídas no portal web de formación da Consellería do Mar http://mar.xunta.gal/gl/o-mar/investigacion-e-formacion/formacion/informacion-do-alumnado e nos taboleiros de anuncios de cada centro oficial de ensino pesqueiro, dando un prazo de 10 días hábiles para que as persoas excluídas poidan emendar as deficiencias, de acordo co disposto no artigo 68.1 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

  • A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es

CONSELLERÍA DO MAR

XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DO MAR DA CORUÑA

OFICINA COMARCAL DO MAR EN RIBEIRA

PRAZA DOS MARIÑEIROS, S/N
15960 Ribeira
Teléfono: 881997155 Fax: 881997151

CONSELLERÍA DO MAR

XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DO MAR DE VIGO

RÚA CONCEPCIÓN ARENAL, N 8
36201 Vigo
Teléfono: 986817113 Fax: 986817160

CONSELLERÍA DO MAR

DIRECCIÓN XERAL DE DESENVOLVEMENTO PESQUEIRO

SUBDIRECCIÓN XERAL DE XESTIÓN, ENSINO E RELACIÓNS SECTORIAIS

SERVIZO DE ENSINO E TITULACIÓNS NÁUTICO-PESQUEIRAS
Rúa dos Irmandiños, s/n Salgueiriños
15701 Santiago de Compostela
Teléfono: 981546139 Fax: 981546138
Email: cma.dxdesenvolvemento@xunta.gal
Información web: http://webpesca.xunta.es

CONSELLERÍA DO MAR

DIRECCIÓN XERAL DE DESENVOLVEMENTO PESQUEIRO

CENTROS PÚBLICOS DE ENSINANZAS NÁUTICAS E MARÍTIMO-PESQUEIRO

INSTITUTO POLITÉCNICO MARÍTIMO-PESQUEIRO DEL ATLÁNTICO DE VIGO
Avenida Beiramar, 55
36202 Vigo
Teléfono: 886110825 / 886110826 Fax: 986201286

CONSELLERÍA DO MAR

XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DO MAR DA CORUÑA

RÚA RAMÓN Y CAJAL, N 2 - 5º ANDAR
15006 Coruña, A
Teléfono: 981182029 Fax: 981182027

CONSELLERÍA DO MAR

XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DO MAR DE VIGO

OFICINA COMARCAL DO MAR EN VILAGARCÍA DE AROUSA

Alto da Rosa s/n - Carril
36610 Vilagarcía de Arousa
Teléfono: 886206308 Fax: 886206314
Email: xefatura.cmar.vilagarcia@xunta.es

CONSELLERÍA DO MAR

XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DO MAR DA CORUÑA

OFICINA COMARCAL DO MAR EN FERROL

PRAZA CAMILO JOSÉ CELA,S/N,
15403 Ferrol
Teléfono: 981337315 Fax: 981337318

CONSELLERÍA DO MAR

XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DO MAR DE VIGO

OFICINA COMARCAL DO MAR EN PONTEVEDRA

Rúa Fernández Ladreda, nº 43 - 4ª Planta
36003 Pontevedra
Teléfono: 986805470 Fax: 986805512
Email: delegación.mar.pontevedra@xunta.es

CONSELLERÍA DO MAR

XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DO MAR DE LUGO (CELEIRO)

RÚA RAMON CANOSA, N 1- CELEIRO
27863 Viveiro
Teléfono: 982555002 Fax: 982555005

CONSELLERÍA DO MAR

DIRECCIÓN XERAL DE DESENVOLVEMENTO PESQUEIRO

CENTROS PÚBLICOS DE ENSINANZAS NÁUTICAS E MARÍTIMO-PESQUEIRO

ESCOLA OFICIAL NÁUTICO PESQUEIRA DE RIBEIRA
Rúa dos Estudantes, núm. 7
15960 Ribeira
Teléfono: 881866317 / 881866324 Fax: 981874368

CONSELLERÍA DO MAR

DIRECCIÓN XERAL DE DESENVOLVEMENTO PESQUEIRO

CENTROS PÚBLICOS DE ENSINANZAS NÁUTICAS E MARÍTIMO-PESQUEIRO

ESCOLA OFICIAL NÁUTICO PESQUEIRA DE FERROL
Rúa 19 de Febreiro, 30-34
15407 Ferrol
Teléfono: 881938212 / 881938213 Fax: 881938224

O obxecto desta resolución é establecer os requisitos para acceder ás probas ordinarias teóricas e prácticas, así como fixar as datas e os lugares de realización das citadas probas para obter os títulos que habilitan para o goberno das embarcacións de lecer e motos náuticas na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2017.

Os títulos habilitantes para o goberno das embarcacións de lecer son:
- Capitán/Capitá de iate.
- Patrón/Patroa de iate.
- Patrón/Patroa de embarcacións de lecer.
- Patrón/Patroa para a navegación básica.
- Patrón/Patroa de motonáutica A ou B

Os exames teóricos e prácticos realizaranse nos seguintes centros:
- Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo (avenida Beiramar, 55, 36202 Vigo. Teléf.: 886 110 825/ 886 110 826).
- Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol (rúa 19 de Febreiro, 30-34, 15405 Ferrol. Teléf.: 881 938 212 / 881 938 213).
- Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira (rúa Praia de Coroso, s/n, 15960 Ribeira. Teléf.: 881 866 317 / 881 866 324).

As datas dos exames teóricos e prácticos, así como os lugares onde se realizarán, aparecen indicados no anexo II desta Resolucíón. As horas dos exames serán anunciadas no taboleiro de anuncios de cada centro de ensino e no portal web de formación da Consellería do Mar.

Requisitos:

Para obter o título de lecer correspondente, ademais de superar estas probas os/as interesados/as deberán reunir os requisitos establecidos no Real decreto 875/2014, do 10 de outubro, polo que se regulan as titulacións náuticas para o goberno das embarcacións de lecer.

AUTONÓMICA

Resolución do 15 de febreiro de 2017, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se convocan exames ordinarios teóricos e prácticos para a obtención das titulacións que habilitan para o goberno das embarcacións de lecer e motos náuticas na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 42 do 1 de marzo de 2017).

ESTATAL

Real Decreto 875/2014, do 10 de outubro, polo que se regulan as titulacións náuticas para o goberno das embarcacións de recreo (BOE nº 247 do 11 de outubro de 2014).

AUTONÓMICA

Orde do 8 de xaneiro de 2009 pola que se establecen as condicións e se regulan os requisitos para a obtención dos títulos que habilitan para o goberno das embarcacións de lecer na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 11 do 16 de xaneiro de 2009).

Fondo Europeo de desenvolvemento rexional