Guía de procedementos e servizos

PE616D

Inscrición do alumnado das escolas de navegación de lecer nos exames teóricos extraordinarios para obter os títulos que habilitan para o goberno das embarcacións de lecer.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Prazo pechado: 18/10/2024 00:00 - 31/10/2024 23:59

Consellería do Mar

Regular a convocatoria para a inscrición do alumnado as escolas de navegación de lecer nos exames teóricos extraordinarios para obnter os títulos que os habilitan para o goberno das embarcacións de lecer na Comunidade Autónoma de Galicia

Escolas de navegación de lecer da Comunidade Autónoma de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

Centros Públicos de Ensinanzas Náuticas e Marítimo-pesqueiro

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546140

Fax: 981546138

Email: cma.dxdesenvolvemento@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

Centros Públicos de Ensinanzas Náuticas e Marítimo-pesqueiro

Instituto Politécnico Marítimo-pesqueiro del Atlántico de Vigo

Avenida Beiramar, nº 55

36202  Vigo  (Pontevedra)

Teléfono: 886110825/ 886110826

Fax: 986201286

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

Centros Públicos de Ensinanzas Náuticas e Marítimo-pesqueiro

Escola Oficial Náutico Pesqueira de Ferrol

Rúa 19 de Febreiro, nº 30-34

15407  Ferrol  (Coruña, A)

Teléfono: 881938212/ 881938213

Fax: 881938224

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

Centros Públicos de Ensinanzas Náuticas e Marítimo-pesqueiro

Escola Oficial Náutico Pesqueira de Ribeira

Rúa dos Estudantes, nº 7

15960  Ribeira  (Coruña, A)

Teléfono: 881866317/ 881866324

Fax: 981874368

Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

Prazo de presentación: PECHADO

20/05/2024 00:00 - 31/05/2024 23:59

18/10/2024 00:00 - 31/10/2024 23:59

Convocatoria de xuño de 2024:

Matrícula: do 20 de maio ao 31 de maio, ambos inclusive.

Convocatoria de novembro de 2024:

Matrícula: do 18 de outubro ao 31 de outubro, ambos inclusive.

Requisitos para a obtención dos títulos.

Para obter o título de lecer correspondente, ademais de superar estas probas, os/as interesados/as deberán reunir os requisitos establecidos no Real decreto 875/2014, do 10 de outubro, polo que se regulan as titulacións náuticas para o goberno das embarcacións de lecer.

  • Exame teórico para a obtención do titulo para o goberno de embarcacións de lecer. ( 30.21.01)

Pode realizar o pago destas taxas na Oficina Virtual Tributaria.

Solicitudes escolas navegación de lecer.

As escolas de navegación de lecer presentarán as solicitudes obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das escolas de navegación de lecer presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

As escolas de navegación de lecer homologadas para poder presentar o seu alumnado aos exames teóricos achegarán a seguinte documentación dentro do período de matrícula:

a) Solicitude dirixida ao centro oficial de ensino pesqueiro onde queira realizar o exame. O modelo de solicitude é o que figura no anexo I desta resolución. Deberán achegar unha solicitude por cada persoa que presenten á convocatoria (procedemento PE616D).

Unha vez finalizado o prazo de matrícula de cada convocatoria que aparece indicado no anexo III, farase pública a lista provisional das persoas admitidas e excluídas no portal web de formación da Consellería do Mar, https://mar.xunta.gal/gl/formacion/informacion-do-alumnado e nos taboleiros de anuncios de cada centro oficial de ensino marítimo-pesqueiro, e darase un prazo de 10 días hábiles para que as escolas de navegación de lecer poidan emendar as deficiencias dos/das alumnos/as excluídos, de acordo co disposto no artigo 68.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común e das administracións públicas.

Documentación complementaria.

1. A documentación complementaria que deben presentar as escolas de navegación de lecer xunto co anexo I é a seguinte:

a) Anexo II. Modelo de solicitude do alumnado da escola de navegación de lecer.

b) Xustificante de aboamento das taxas de cada un dos/das alumnos/as. O pagamento da taxa debe realizarse antes de rematar a data da fin da matrícula e soamente terá validez para esa convocatoria determinada de exame. De non facelo no prazo indicado non poderán presentarse aos exames. O código da taxa é o seguinte: 30.21.01.

Segundo o establecido na Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia (BOE núm. 12, do 14.1.2004), e na Lei 9/2023, do 28 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024 e (DOG núm. 246, do 29.12.2023), as taxas polos dereitos de exame das distintas titulacións de lecer son as seguintes:

b.1. Exames teóricos:

– Patrón/patroa para navegación básica: 31,92 €.

– Patrón/patroa de embarcacións de lecer: 41,09 €.

– Patrón/patroa de iate: 57,57 €.

– Capitán/capitá de iate: 69,85 €.

Se desexa tramitar a taxa por vía telemática, deberá introducir os datos da taxa e efectuar o seu pagamento. Para isto dispón das modalidades de pagamento telemático (cargo na conta ou tarxeta) e pagamento presencial (mediante un impreso que se presentará na entidade bancaria). Unha vez realizado o ingreso obterá o xustificante correspondente.

Se desexa tramitar a taxa de xeito presencial poderá obter un modelo en branco para cubrir ou ben introducir os datos da taxa e a aplicación proporcionaralle o modelo xa cuberto.

O enderezo web é o seguinte:

https://ovt.atriga.gal/#!/detalle_servizo/?Pago+de+taxas+e+prezos/11609730/4126995/11609860/l/item-dark-blue

c) Consentimento dos seus pais, nais ou titores/as legais para os menores de idade que teñan feitos os 16 anos no momento de realización das probas para obter o título de patrón/patroa para navegación básica.

d) Copia do título de patrón/patroa para navegación básica, se foi expedido fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, para poder presentarse ao exame teórico específico para a obtención do título de patrón/patroa de embarcacións de lecer e complementario do xa superado para obter o título de patrón/patroa para navegación básica. Deberán achegar copia do título antes de finalizar o prazo de matrícula.

e) Copia do título de patrón/patroa de embarcacións de lecer, se foi expedido fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, para as persoas que se presenten ao exame de patrón/patroa de iate. Deberán achegar copia do título antes de finalizar o prazo de matrícula.

f) Copia do título de patrón/patroa de iate, se foi expedido fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, para as persoas que se presenten ao exame de capitán/capitá de iate. Deberán achegar copia do título antes de finalizar o prazo de matrícula.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das escolas de navegación de lecer presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.

As escolas de navegación de lecer responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á consulta:

– DNI ou NIE do alumnado.

– DNI ou NIE da persoa solicitante.

– DNI ou NIE do representante.

– NIF da entidade solicitante.

– NIF da entidade representante.

– Título de patrón/patroa para navegación básica cando sexa expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia.

– Título de patrón/patroa de embarcacións de lecer cando sexa expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia.

– Título de patrón/patroa de iate cando sexa expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia.

– Certificado de exame de patrón/patroa para navegación básica cando sexa expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia.

– Certificado de exame de patrón/patroa de embarcacións de lecer cando sexa expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia.

– Certificado de exame de patrón/patroa de iate cando sexa expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia.

– Certificado de exame de capitán/capitá de iate cando sexa expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia.

2. No caso de que as escolas de navegación de lecer ou o seu alumnado se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado nos anexos I ou II e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

Todos os trámites administrativos que as escolas de navegación de lecer deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 8 de xaneiro de 2009 pola que se establecen as condicións e se regulan os requisitos para a obtención dos títulos que habilitan para o goberno das embarcacións de lecer na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 11 do 16 de xaneiro de 2009).

    • Resolución do 23 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se convocan exames extraordinarios teóricos para a obtención das titulacións que habilitan para o goberno das embarcacións de lecer na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 48 do 7 de marzo de 2024).

  • Ámbito Estatal
    • Real Decreto 875/2014, do 10 de outubro, polo que se regulan as titulacións náuticas para o goberno das embarcacións de recreo (BOE nº 247 do 11 de outubro de 2014).

    • Real Decreto 238/2019, do 5 de abril, polo que se establecen habilitacións anexas ás titulacións náuticas para o goberno das embarcacións de recreo e se actualizan as medidas de seguridade na utilización das motos náuticas (BOE nº 104, do 1 de maio de 2019).

Outros procedementos relacionados

PE502D

Concesións temporais de carácter experimental en zona marítima.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PE503A

Permiso de actividade para a instalación de establecementos de acuicultura na zona terrestre (litoral e continental), ou para a súa modificación substancial.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PE507E

Autorización para cambios de dominio 'Mortis Causa' de viveiros experimentais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PE515A

Autorización extracción de semente de mexillón polos concesionarios dos viveiros.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano