Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
PE616C - Inscrición nos exames teóricos e prácticos para a obtención dos títulos que habilitan para o goberno das embarcacións de lecer.
O obxecto desta resolución é establecer os requisitos para acceder ás probas ordinarias teóricas e prácticas, así como fixar as datas e os lugares de realización das citadas probas para obter os títulos que habilitan para o goberno das embarcacións de lecer e motos náuticas na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020.
Datas e lugares de exame .
As datas dos exames teóricos e prácticos, así como os lugares onde se realizarán aparecen indicados no anexo II.
As persoas que non se presenten aos exames non terán dereito a cambios de matrícula nin a devolución das taxas.
Normas xerais .
• Os exames teóricos e prácticos realizaranos os tribunais que se constitúan de conformidade co establecido no artigo 3 da Orde do 28 de novembro de 2007, pola que se regula a composición dos tribunais para a obtención de titulacións marítimo-pesqueiras e náutico-deportivas (DOG núm. 243, do 18 de decembro).
• As persoas que se presenten ao exame teórico complementario de patrón/patroa de embarcacións de lecer deben estar en posesión da tarxeta de patrón/patroa para navegación básica ou do certificado de exame expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia. Os posuidores do certificado de exame soamente terán dereito a examinarse nas dúas seguintes convocatorias consecutivas ordinarias. Para este efecto, no caso de matricularse nas convocatorias extraordinarias, estas serán computadas como ordinarias. Estas persoas soamente terán que examinarse das unidades teóricas 7, 8, 9, 10 e 11 e disporán dun tempo máximo de 45 minutos para realizar o exame.
• Ás persoas que se presenten ao exame para obter o título de patrón/patroa de embarcacións de lecer e non consigan superar a proba, pero si o fagan de acordo ás exixencias de patrón/patroa para navegación básica, recoñeceráselles o dito aprobado, ben para as seguintes convocatorias nesta Administración, ou ben para a expedición do título de patrón/patroa para navegación básica. Conservarán o aprobado perante un período máximo de dúas convocatorias consecutivas ordinarias nas que esta Administración realice os exames de patrón/patroa de embarcacións de lecer. Para este efecto, no caso de matricularse nas convocatorias extraordinarias, estas serán computadas como ordinarias.
• As persoas que se presenten ao exame de capitán/capitá de iate ou patrón/patroa de iate e superen algún dos módulos que conforman o exame teórico de acordo ao regulado no Real decreto 875/2014, do 10 de outubro, conservaráselle o aprobado destes nas dúas seguintes convocatorias consecutivas ordinarias que convoque esta Administración. Para este efecto, no caso de matricularse nas convocatorias extraordinarias, estas serán computadas como ordinarias.
• No caso de non poder realizarse unha convocatoria de exame, as persoas matriculadas terán que solicitar a devolución da taxa e non poderán utilizala para a seguinte convocatoria.
Idade mínima .
O título de patrón/patroa para navegación básica poden obtelo os/as menores de idade que teñan cumpridos os 16 anos no momento de realización das probas, sempre que acrediten, mediante a presentación por escrito do consentimento dos seus pais, nais ou titores/as legais e superen os requisitos teóricos e prácticos esixidos no Real decreto 875/2014, do 10 de outubro.
Para obter calquera das outras titulacións náuticas de lecer, os/as interesados/as deberán ter cumpridos os 18 anos de idade en momento no que se realicen as probas para a obtención destes títulos.
Requisitos para a obtención dos títulos.
Para obter o título de lecer correspondente, ademais de superar estas probas os/as interesados/as deberán reunir os requisitos establecidos no Real decreto 875/2014, do 10 de outubro, polo que se regulan as titulacións náuticas para o goberno das embarcacións de lecer.
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro
Subdirección Xeral de Xestión, Ensino e Relacións Sectoriais
Servizo de Ensino e Titulacións Náutico-pesqueiras
Rúa dos Irmandiños, s/n Salgueiriños
15701 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546139
Fax: 981546138
Email: cma.dxdesenvolvemento@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro
Centros Públicos de Ensinanzas Náuticas e Marítimo-pesqueiro
Instituto Politécnico Marítimo-pesqueiro del Atlántico de Vigo
Avenida Beiramar, 55
36202 Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 886110825 / 886110826
Fax: 986201286
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Xefatura Territorial da Consellería do Mar da Coruña
Oficina Comarcal do Mar en Ribeira
Praza dos Mariñeiros, s/n
15960 Ribeira (Coruña, A)
Teléfono: 881997155
Fax: 881997151
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro
Centros Públicos de Ensinanzas Náuticas e Marítimo-pesqueiro
Escola Oficial Náutico Pesqueira de Ribeira
Rúa dos Estudantes, nº 7
15960 Ribeira (Coruña, A)
Teléfono: 881866317 / 881866324
Fax: 981874368
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Xefatura Territorial da Consellería do Mar da Coruña
Oficina Comarcal do Mar en Ferrol
Praza Camilo José Cela, s/n
15403 Ferrol (Coruña, A)
Teléfono: 981337315
Fax: 981337318
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Xefatura Territorial da Consellería do Mar de Lugo (Celeiro)
Rúa Ramón Canosa, nº 1 - Celeiro
27863 Viveiro (Lugo)
Teléfono: 982555002
Fax: 982555005
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Xefatura Territorial da Consellería do Mar de Vigo
Oficina Comarcal do Mar en Vilagarcía de Arousa
Alto da Rosa s/n - Carril
36610 Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Teléfono: 886206308
Fax: 886206314
Email: xefatura.cmar.vilagarcia@xunta.es
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Xefatura Territorial da Consellería do Mar da Coruña
Rúa Ramón y Cajal nº 2 - 5º andar
15006 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981182029
Fax: 981182027
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Xefatura Territorial da Consellería do Mar de Vigo
Rúa Concepción Arenal, nº 8
36201 Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 986817113
Fax: 986817160
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Xefatura Territorial da Consellería do Mar de Vigo
Oficina Comarcal do Mar en Pontevedra
Rúa Fernández Ladreda, nº 43 - 4ª Planta
36003 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805470
Fax: 986805512
Email: delegación.mar.pontevedra@xunta.es
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro
Centros Públicos de Ensinanzas Náuticas e Marítimo-pesqueiro
Escola Oficial Náutico Pesqueira de Ferrol
Rúa 19 de Febreiro, nº 30-34
15407 Ferrol (Coruña, A)
Teléfono: 881938212 / 881938213
Fax: 881938224
Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro
Orde do 8 de xaneiro de 2009 pola que se establecen as condicións e se regulan os requisitos para a obtención dos títulos que habilitan para o goberno das embarcacións de lecer na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 11 do 16 de xaneiro de 2009).
Resolución do 3 de febreiro de 2020, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se convocan exames ordinarios teóricos e prácticos para a obtención das titulacións que habilitan para o goberno das embarcacións de lecer e motos náuticas na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 30 do 13 de febreiro de 2020).
Resolución do 16 de marzo de 2020, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se adía a realización das probas para a obtención dos títulos que habilitan para o goberno das embarcacións de lecer na Comunidade Autónoma de Galicia para a convocatoria de marzo (DOG nº 59 do 25 de marzo de 2020).
Resolución do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se adía a realización das probas para a obtención dos títulos que habilitan para o goberno das embarcacións de lecer na Comunidade Autónoma de Galicia para a convocatoria de maio, debido á situación de estado de alarma declarado polo Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, en que se declara o estado de alarma para a xestión da situación da crise sanitaria ocasionada polo COVID-19. (DOG nº 87 do 7 de maio de 2020).
Real Decreto 875/2014, do 10 de outubro, polo que se regulan as titulacións náuticas para o goberno das embarcacións de recreo (BOE nº 247 do 11 de outubro de 2014).
Prazo de presentación: PECHADO
23/03/2020 00:00 - 03/04/2020 23:59
20/07/2020 00:00 - 31/07/2020 23:59
Convocatoria de maio de 2020.
Matrícula: do 23 de marzo ata o 3 de abril de 2020, ambos inclusive.
Convocatoria de setembro de 2020.
Matrícula: do 20 de xullo ao 31 de xullo de 2020 ambos inclusive.
Este procedemento está suxeito ao pago dunha taxa. A continuación móstrase a listaxe de taxas aplicables:
- Exame teórico para a obtención do titulo para o goberno de embarcacións de lecer. (Código taxa: 30.21.01)
Pode realizar o pago destas taxas na Oficina Virtual Tributaria.
Solicitude.
As persoas interesadas para presentarse aos exames teóricos ou prácticos achegarán a seguinte documentación dentro do período de matrícula:
a) Solicitude dirixida ao centro oficial de ensino pesqueiro onde queira realizar o exame. O modelo de solicitude é o que figura no anexo I desta resolución (código de procedemento PE616C).
b) Acreditar o pagamento das taxas. O pagamento da taxa debe realizarse dentro do período de matrícula e no caso de que as persoas interesadas non realicen o pagamento da taxa antes da data da fin da matrícula, non poderán presentarse aos exames. O código da taxa é o seguinte: 30.21.01.
Segundo o establecido na Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia (BOE núm. 12, do 14 de xaneiro de 2014) e na Lei 6/2019, do 23 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020 (DOG núm. 246, do 27 de decembro de 2019), as taxas polos dereitos de exame das distintas titulacións de lecer son as seguintes:
b.1. Exames teóricos:
– Patrón/patroa para navegación básica: 31,29 €.
– Patrón/patroa de embarcacións de lecer: 40,28 €.
– Patrón/patroa de iate: 56,44 €.
– Capitán/capitá de iate: 68,48 €.
– Patrón/patroa de moto náutica «A» ou «B»: 30,39 €.
b.2. Exames prácticos:
– Patrón/patroa para navegación básica: 78,20 €.
– Patrón/patroa de embarcacións de lecer: 78,20 €.
– Patrón/patroa de iate: 117,31 €.
– Capitán/capitá de iate: 117,31 €.
– Patrón/patroa de moto náutica «A» ou «B»: 88,06 €.
O pagamento pode facelo por vía telemática ou presencial e deberá realizalo dentro dos prazos establecidos para a matrícula. O enderezo web é o seguinte:
https://ovt.atriga.gal/#!/detalle_servizo/Pago+de+taxas+e+prezos/11609730/4126995/11609860/l/item-dark-blue
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Unha vez finalizado o prazo de matrícula de cada convocatoria que aparece indicado no anexo II, farase pública a listaxe provisional das persoas admitidas e excluídas no portal web de formación da Consellería do Mar http://mar.xunta.gal/gl/o-mar/investigacion-e-formacion/formacion/informacion-do-alumnado e nos taboleiros de anuncios de cada centro oficial de ensino pesqueiro, dando un prazo de 10 días hábiles para que as persoas excluídas poidan emendar as deficiencias, de acordo co disposto no artigo 68.1 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común e das administracións públicas.
Documentación complementaria necesaria para presentarse aos exames teóricos e prácticos.
As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Xustificante de aboamento das taxas. Código: 30.21.01.
b) Consentimento dos seus pais, nais ou titores/as legais para os menores de idade que teñan cumpridos os 16 anos, no momento de realización das probas para obter o título de patrón/patroa para navegación básica.
c) Copia do título de patrón/patroa para navegación básica, se foi expedido fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, para poder presentarse ao exame teórico específico para a obtención do título de patrón/patroa de embarcacións de lecer e complementario do xa superado para obter o título de patrón/patroa para navegación básica. Deberán achegar copia do título antes de finalizar o prazo de matrícula.
d) Copia do título de patrón/patroa de embarcacións de lecer, se foi expedido fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, para as persoas que se presenten ao exame de patrón/patroa de iate. Deberán achegar copia do título antes de finalizar o prazo de matrícula.
e) Copia do título de patrón/patroa de iate, se foi expedido fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, para as persoas que se presenten a exame de capitán/capitá de iate. Deberán achegar copia do título antes de finalizar o prazo de matrícula.
Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación, ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos aos que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
Comprobación de datos.
Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) DNI ou NIE da persoa solicitante ou representante.
b) NIF da entidade representante.
c) Título de patrón/patroa para navegación básica cando sexa expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia.
d) Título de patrón/patroa de embarcacións de lecer cando sexa expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia.
e) Título de patrón/patroa de iate cando sexa expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia.
f) Certificado de exame de patrón/patroa para navegación básica cando sexa expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia.
g) Certificado de exame de patrón/patroa de iate cando sexa expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia.
h) Certificado de exame de capitán/capitá de iate cando sexa expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia.
No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.
Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación das solicitudes.
A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Opcionalmente, tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .hexhash, .inp, .jpg, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .tgd, .kmz, .kml e .gpx
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"