Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
PE615B
Admisión curso de formación de formadores.
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
Este procedemento únicamente pode ser iniciado utilizando Internet Explorer.
Disculpe as molestias que poida ocasionarlle.
Convocar un curso de formación de formadores que capacite para a impartición dos cursos de formación en acuicultura, que se inscribirán nun rexistro que dependerá da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, e será responsable do seu mantemento o servizo con atribucións en ensinanzas marítimo-pesqueiras.
Este curso poderá ser financiado nun 75 % polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), no marco do Programa operativo para España do FEMP 2014-2020, na medida 2.5.1, conforme o artigo 50 do Regulamento (UE) 508/2014.
Poderán participar no curso as persoas en posesión das titulacións académicas de licenciatura ou grao de bioloxía, ciencias do mar, veterinaria ou enxeñaría de montes e titulados de ciclo formativo superior en acuicultura, en situación laboral de desemprego ou en activo que non presten servizos nas administracións públicas e noutras entidades oficiais.
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro
Subdirección Xeral de Xestión, Ensino e Relacións Sectoriais
Servizo de Ensino e Titulacións Náutico-pesqueiras
Rúa dos Irmandiños, s/n Salgueiriños
15701 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546139
Fax: 981546138
Email: cma.dxdesenvolvemento@xunta.es
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Departamento Territorial da Consellería do Mar da Coruña
RÚA RAMÓN Y CAJAL, N 2 - 5º ANDAR
15006 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981182029
Fax: 981182027
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Departamento Territorial da Consellería do Mar de Celeiro
RÚA RAMON CANOSA, N 1- CELEIRO
27863 Viveiro (Lugo)
Teléfono: 982555002
Fax: 982555005
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Departamento Territorial da Consellería do Mar de Vigo
RÚA CONCEPCIÓN ARENAL, N 8
36201 Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 986817113
Fax: 986817160
Prazo de presentación: PECHADO
23/08/2016 00:00 - 12/09/2016 23:59
O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución.
Xuntaráselle á solicitude a seguinte documentación:
Copia do DNI ou NIE da persoa solicitante, só no caso de non autorizar a súa consulta.
Copia da titulación academica diferente a aquela pola cal se accede á convocatoria, se e o caso (punto cuarto 1), só no caso de non autorizar a súa consulta.
Acreditación da situación de desemprego nos anos anteriores á convocatoria, se e o caso. Só terá que presentarse se non autoriza expresamente a súa verificación (punto cuarto 2).
Acreditación da experiencia profesional en acuicultura, se e o caso (punto cuarto 3).
Acreditación da experiencia docente en formación de adultos, se e o caso (punto cuarto 4).
Acreditación do grao de coñecemento do idioma galego, se e o caso (punto cuarto 5), só no caso de non autorizar a súa consulta.
Copia dos cursos de formación complementaria relevantes para o exercicio da actividade de formación acuícola, se e o caso (punto cuarto 6).
Os datos que non se acrediten debidamente non se valorarán no proceso de selección. Para acreditar a situación laboral será necesaria a presentación dun certificado oficial da vida laboral expedido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social.
A documentación complementaria poderá presentarse electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
A documentación complementaria tamen poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan autenticas.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.
A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 1 de agosto de 2016, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se convoca un curso de formación de formadores en acuicultura. (DOG nº 157 del 22 de agosto de 2016).
-
Outros procedementos relacionados
Autorización temporal de uso de posto de atracada, en portos dependentes da comunidade autónoma de Galicia, outorgada por Portos de Galicia, para barcos con base no porto.
Aberto todo o ano
Práctica da pesca marítima de recreo en superficie en zonas de servizo dos portos dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia.
Aberto todo o ano
Bolsas de formación na Dirección Xeral de Comercio e Consumo.
Prazo aberto: 26/04/2025 00:00 - 26/05/2025 23:59
Axudas destinadas aos familiares dos profesionais do mar falecidos no exercicio da súa actividade.
Prazo aberto: 30/01/2025 00:00 - 15/12/2025 23:59