Guía de procedementos e servizos

PE616C

Inscrición nos exames teóricos e prácticos para a obtención dos títulos que habilitan para o goberno das embarcacións de lecer.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Convocatoria 2022 - Prazo pechado: 01/08/2022 00:00 - 12/08/2022 23:59

Consellería do Mar

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento

O obxecto desta resolución é establecer os requisitos para acceder ás probas ordinarias teóricas e prácticas, así como fixar as datas e os lugares de realización das citadas probas para obter os títulos que habilitan para o goberno das embarcacións de lecer e motos náuticas na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022.

Para a presentación de solicitudes deberán empregarse os modelos normalizados correspondentes do código do procedemento administrativo PE616C, que están dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

Normas xerais.

a) Os exames teóricos e prácticos realizaranos os tribunais que se constitúan de conformidade co establecido no artigo 3 da Orde do 28 de novembro de 2007, pola que se regula a composición dos tribunais para a obtención de titulacións marítimo-pesqueiras e náutico-deportivas (DOG núm. 243, do 18 de decembro).

Dada a situación sanitaria actual debida á COVID-19 e no caso de que nun ou en varios dos centros de ensino exista un número elevado de persoas inscritas para algunha das probas convocadas, poderase realizar o exame en varias quendas. Neste caso, comunicaráselles ás persoas interesadas, unha vez publicada a lista definitiva de admitidos/as no portal web de formación da Consellería do Mar https://mar.xunta.gal/gl/o-mar/investigacion-e-formacion/formacion/informacion-do-alumnado e nos taboleiros de anuncios de cada centro oficial de ensino, as quendas en que se realizarán as probas.

b) As persoas que se presenten ao exame teórico complementario de patrón/patroa de embarcacións de lecer deben estar en posesión da tarxeta de patrón/patroa para navegación básica ou do certificado de exame expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia. Os posuidores do certificado de exame soamente terán dereito a examinarse nas dúas seguintes convocatorias consecutivas ordinarias. Para este efecto, no caso de matricularse nas convocatorias extraordinarias, estas serán computadas como ordinarias. Estas persoas soamente terán que examinarse das unidades teóricas 7, 8, 9, 10 e 11 e disporán dun tempo máximo de 45 minutos para realizar o exame.

c) Ás persoas que se presenten ao exame para obter o título de patrón/patroa de embarcacións de lecer e non consigan superar a proba, pero que si o fagan de acordo coas exixencias de patrón/patroa para navegación básica, recoñeceráselles o devandito aprobado, ben para as seguintes convocatorias, nesta administración ou ben para a expedición do título de patrón/patroa para navegación básica. Conservarán o aprobado durante un período máximo de dúas convocatorias ordinarias consecutivas, nas cales esta administración realice os exames de patrón/patroa de embarcacións de lecer. Para este efecto, no caso de matricularse nas convocatorias extraordinarias, estas serán computadas como ordinarias.

d) Ás persoas que se presenten ao exame de capitán/capitá de iate ou patrón/patroa de iate e superen algún dos módulos que conforman o exame teórico, de acordo co regulado no Real decreto 875/2014, do 10 de outubro, conservaráselles o aprobado destes nas dúas seguintes convocatorias ordinarias consecutivas que convoque esta administración. Para este efecto, no caso de se matricularen nas convocatorias extraordinarias, estas serán computadas como ordinarias.

e) No caso de non poder realizarse unha convocatoria de exame, as persoas matriculadas terán que solicitar a devolución da taxa, non poderán utilizala para a seguinte convocatoria.

Idade mínima.

Para obter as titulacións de patrón/patroa de embarcacións de lecer, patrón/patroa de iate e capitán/capitá de iate, as persoas interesadas deberán ter cumpridos os 18 anos de idade no momento en que se realicen as probas para a obtención destes títulos.

O título de patrón/patroa para navegación básica poden obtelo os/as menores de idade que teñan cumpridos os 16 anos no momento de realización das probas, sempre que acrediten, mediante a presentación por escrito do consentimento dos seus pais, nais ou titores/as legais, e superen os requisitos teóricos e prácticos exixidos no Real decreto 875/2014, do 10 de outubro.

Datas e lugares de exame.

As datas dos exames teóricos e prácticos, así como os lugares onde se realizarán aparecen indicados no anexo II.

As persoas que non se presenten aos exames non terán dereito a devolución das taxas. Unicamente se prevé a posibilidade de devolución da taxa nos casos en que a ausencia sexa debido a unha enfermidade grave, circunstancia esta que deberá ser debidamente xustificada por un facultativo médico e notificada no prazo dos tres días seguintes ao exame.

Aspirantes para a obtención do título para o goberno das embarcacións de lecer na Comunidade Autónoma de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

Subdirección Xeral de Xestión, Ensino e Relacións Sectoriais

Servizo de Ensino e Titulacións Náutico-pesqueiras

Rúa dos Irmandiños, s/n Salgueiriños

15701  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546139

Fax: 981546138

Email: cma.dxdesenvolvemento@xunta.gal

https://mar.xunta.gal/

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

Centros Públicos de Ensinanzas Náuticas e Marítimo-pesqueiro

Instituto Politécnico Marítimo-pesqueiro del Atlántico de Vigo

Avenida Beiramar, 55

36202  Vigo  (Pontevedra)

Teléfono: 886110825/ 886110826

Fax: 986201286

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Departamento Territorial da Consellería do Mar da Coruña

Oficina Comarcal do Mar en Ribeira

Praza dos Mariñeiros, s/n

15960  Ribeira  (Coruña, A)

Teléfono: 881997155

Fax: 881997151

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

Centros Públicos de Ensinanzas Náuticas e Marítimo-pesqueiro

Escola Oficial Náutico Pesqueira de Ribeira

Rúa dos Estudantes, nº 7

15960  Ribeira  (Coruña, A)

Teléfono: 881866317/ 881866324

Fax: 981874368

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Departamento Territorial da Consellería do Mar da Coruña

Oficina Comarcal do Mar en Ferrol

Praza Camilo José Cela, s/n

15403  Ferrol  (Coruña, A)

Teléfono: 981337315

Fax: 981337318

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Departamento Territorial da Consellería do Mar de Celeiro

Rúa Ramón Canosa, nº 1 - Celeiro

27863  Viveiro  (Lugo)

Teléfono: 982555002

Fax: 982555005

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Departamento Territorial da Consellería do Mar de Vigo

Oficina Comarcal do Mar en Vilagarcía de Arousa

Alto da Rosa s/n - Carril

36610  Vilagarcía de Arousa  (Pontevedra)

Teléfono: 886206308

Fax: 886206314

Email: xefatura.cmar.vilagarcia@xunta.es

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Departamento Territorial da Consellería do Mar da Coruña

Rúa Ramón y Cajal nº 2 - 5º andar

15006  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981182029

Fax: 981182027

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Departamento Territorial da Consellería do Mar de Vigo

Rúa Concepción Arenal, nº 8

36201  Vigo  (Pontevedra)

Teléfono: 986817113

Fax: 986817160

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Departamento Territorial da Consellería do Mar de Vigo

Oficina Comarcal do Mar en Pontevedra

Rúa Fernández Ladreda, nº 43 - 4ª Planta

36003  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805470

Fax: 986805512

Email: delegación.mar.pontevedra@xunta.es

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

Centros Públicos de Ensinanzas Náuticas e Marítimo-pesqueiro

Escola Oficial Náutico Pesqueira de Ferrol

Rúa 19 de Febreiro, nº 30-34

15407  Ferrol  (Coruña, A)

Teléfono: 881938212/ 881938213

Fax: 881938224

Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

28/03/2022 00:00 - 08/04/2022 23:59

01/08/2022 00:00 - 12/08/2022 23:59

Convocatoria de maio de 2022:

Matrícula: do 28 de marzo ata o 8 de abril, ambos incluídos.

Convocatoria de setembro de 2022:

Matrícula: do 1 ao 12 de agosto, ambos incluídos.

Para obter o título de lecer correspondente, ademais de superar estas probas, os/as interesados/as deberán reunir os requisitos establecidos no Real decreto 875/2014, do 10 de outubro, polo que se regulan as titulacións náuticas para o goberno das embarcacións de lecer.

  • Exame teórico para a obtención do titulo para o goberno de embarcacións de lecer. ( 30.21.01)

Pode realizar o pago destas taxas na Oficina Virtual Tributaria.

Solicitude.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica, a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e dos rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Para poder presentarse ás convocatorias ordinarias, as persoas interesadas teñen que presentar dentro do período de matrícula de cada unha delas, a solicitude dirixida ao centro oficial de ensino pesqueiro onde queiran realizar o exame. O modelo de solicitude é o que figura no anexo I desta resolución (procedemento PE616C).

Unha vez finalizado o prazo de matrícula de cada convocatoria, que aparece indicado no anexo II, farase pública a listaxe provisional das persoas admitidas e excluídas no portal web de formación da Consellería do Mar https://mar.xunta.gal/gl/o-mar/investigacion-e-formacion/formacion/informacion-do-alumnado e nos taboleiros de anuncios de cada centro oficial de ensino marítimo-pesqueiro, e darase un prazo de 10 días hábiles para que as persoas excluídas poidan emendar as deficiencias, de acordo co disposto no artigo 68.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común e das administracións públicas.

Documentación complementaria.

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Acreditar o pagamento das taxas. O pagamento da taxa debe realizarse dentro do período de matrícula e, no caso de que as persoas interesadas non realicen o pagamento da taxa antes da data da fin da matrícula, non poderán presentarse aos exames. O código da taxa é o seguinte: 30.21.01.

Segundo o establecido na Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia (BOE núm. 12, do 14 de xaneiro de 2004), e na Lei 17/2021, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022 (DOG núm. 251, do 31 de decembro), as taxas polos dereitos de exame das distintas titulacións de lecer son as seguintes:

1. Exames teóricos:

– Patrón/patroa para navegación básica: 31,92 €.

– Patrón/patroa de embarcacións de lecer: 41,09 €.

– Patrón/patroa de iate: 57,57 €.

– Capitán/capitá de iate: 69,85 €.

– Patrón/patroa de moto náutica A ou B: 31,00 €.

2. Exames prácticos:

– Patrón/patroa para navegación básica: 79,76 €.

– Patrón/patroa de embarcacións de lecer: 79,76 €.

– Patrón/patroa de iate: 119,66 €.

– Capitán/capitá de iate: 119,66 €.

– Patrón/patroa de moto náutica A ou B: 89,82 €.

Se desexan tramitar a taxa por vía telemática, deberán introducir os datos da taxa e efectuar o pagamento. Para isto dispón das modalidades de pagamento telemático (cargo en conta ou tarxeta) e pagamento presencial (mediante un impreso para presentar na entidade bancaria). Unha vez realizado o ingreso, obterá o xustificante correspondente.

Se desexan tramitar a taxa de xeito presencial, poderán obter un modelo en branco para cubrir ou ben introducir os datos da taxa, e a aplicación proporcionaralles o modelo xa cuberto.

O enderezo web é o seguinte:

https://ovt.atriga.gal/#!/detalle_servizo/?Pago+de+taxas+e+prezos/11609730/4126995/11609860/l/item-dark-blue

b) Consentimento dos seus pais, nais ou titores/as legais para os menores de idade que teñan cumpridos os 16 anos, no momento de realización das probas para obter o título de patrón/patroa para navegación básica.

c) Copia do título de patrón/patroa para navegación básica, se foi expedido fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, para poder presentarse ao exame teórico específico para a obtención do título de patrón/patroa de embarcacións de lecer e complementario do xa superado para obter o título de patrón/patroa para navegación básica. Deberán achegar copia do título antes de finalizar o prazo de matrícula.

d) Copia do título de patrón/patroa de embarcacións de lecer, se foi expedido fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, para as persoas que se presenten ao exame de patrón/patroa de iate. Deberán achegar copia do título antes de finalizar o prazo de matrícula.

e) Copia do título de patrón/patroa de iate, se foi expedido fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, para as persoas que se presenten ao exame de capitán/capitá de iate. Deberán achegar copia do título antes de finalizar o prazo de matrícula.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou estes documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitárselle novamente á persoa interesada a súa achega.

2. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á consulta:

– DNI ou NIE da persoa solicitante ou representante.

– NIF da entidade representante.

– Título de patrón/patroa para navegación básica, cando sexa expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia.

– Título de patrón/patroa de embarcacións de lecer, cando sexa expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia.

– Título de patrón/patroa de iate, cando sexa expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia.

– Certificado de exame de patrón/patroa para navegación básica, cando sexa expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia.

– Certificado de exame de patrón/patroa de embarcacións de lecer, cando sexa expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia.

– Certificado de exame de patrón/patroa de iate, cando sexa expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia.

– Certificado de exame de capitán/capitá de iate, cando sexa expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación das solicitudes.

A sede electrónica da Xunta de Galicia permítelles ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica, tamén poderán realizarse estes trámites presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Despois de presentar

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 8 de xaneiro de 2009 pola que se establecen as condicións e se regulan os requisitos para a obtención dos títulos que habilitan para o goberno das embarcacións de lecer na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 11 do 16 de xaneiro de 2009).

    • Resolución do 17 de febreiro de 2022, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se convocan exames ordinarios teóricos e prácticos para a obtención das titulacións que habilitan para o goberno das embarcacións de lecer e motos náuticas na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 46 do 8 de marzo de 2022).

  • Ámbito Estatal
    • Real Decreto 875/2014, do 10 de outubro, polo que se regulan as titulacións náuticas para o goberno das embarcacións de recreo (BOE nº 247 do 11 de outubro de 2014).

    • Real Decreto 238/2019, do 5 de abril, polo que se establecen habilitacións anexas ás titulacións náuticas para o goberno das embarcacións de recreo e se actualizan as medidas de seguridade na utilización das motos náuticas (BOE nº 104, do 1 de maio de 2019).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

IF501A

Autorización temporal de uso de posto de atracada, en portos dependentes da comunidade autónoma de Galicia, outorgada por Portos de Galicia, para barcos con base no porto.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF502A

Práctica da pesca marítima de recreo en superficie en zonas de servizo dos portos dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PE113E

Axudas destinadas aos familiares dos profesionais do mar falecidos no exercicio da súa actividade.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 30/01/2025 00:00 - 15/12/2025 23:59

PE401B

Permiso de explotación a pé.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano