Guía de procedementos e servizos

IN854A

Axudas para a iniciativa fábrica intelixente e sustentable.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2023 - Prazo pechado: 07/07/2023 00:00 - 02/10/2023 23:59

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Concesión de Axudas para a iniciativa fábrica intelixente e sostible, orientada a proxectos de investigación industrial, desenvolvemento experimental e innovación centrados en tecnoloxías industriais innovadoras para apoiar ás empresas na súa transición industrial en liña coas prioridades europeas en materia de dixitalización e pacto verde.

Poderán ser beneficiarios destas axudas:

a) Empresas industriais ou de servizos, que dispoñan dun centro de traballo permanente legalmente constituído, que poidan liderar proxectos empresariais de I+D+i de carácter estratéxico que cumpran as características recollidas no artigo 3.

b) Agrupacións dunha empresa ou empresas do sector industrial ou de servizos e un ou varios organismos de investigación e difusión, nos termos previstos no artigo 8.3 da Lei 9/2007 de subvencións de Galicia (en diante, Lei 9/2007), que realicen proxectos en cooperación.

c) Agrupacións entre empresas que deberán pertencer ao sector industrial ou de servizos.

2. Os organismos de investigación, ademais de cumprir os requisitos da definición incluída no artigo 2, só poderán ser beneficiarios se desenvolven un proxecto en colaboración cunha ou varias empresas no marco dun proxecto en cooperación subvencionable ao abeiro desta convocatoria e contan cun centro de traballo permanente legalmente constituído en Galicia.

3. As grandes empresas só poderán acceder ás axudas para proxectos de innovación organizativa e en materia de procesos se colaboran de xeito efectivo (artigo 2.13 desta convocatoria) cunha ou varias pemes, que deberán asumir, como mínimo, o 30 % dos custos subvencionables totais do proxecto en cooperación coa grande empresa.

4. No caso de proxectos de I+D, as empresas grandes que conten con máis de 499 traballadores só poderán ser beneficiarias se desenvolven un proxecto en colaboración cunha o varias pemes. As pemes que formen parte da agrupación deberán asumir, no seu conxunto, un mínimo do 5 % do total dos custos subvencionables.

5. Non poderán acceder á condición de beneficiarios as persoas ou entidades en que concorra algunha das prohibicións recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, nin tampouco as empresas en crise, nin aquelas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión Europea que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado común. A Axencia Galega de Innovación utilizará os medios que considere oportunos para a súa verificación e requiriralle ao solicitante, se for necesario, os documentos oportunos.

Tampouco poderán obter a condición de beneficiarias as empresas que non cumpran os requisitos establecidos no artigo 13 da Lei xeral de subvencións. En particular, non poderán obter a condición de beneficiaria aquelas as entidades que incumpran os prazos de pagamento a que se refire o artigo 13.3.bis da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

6. Todas as entidades que forman parte da agrupación e que obteñan axuda terán a consideración de beneficiarias e deberán cumprir as súas obrigas como tales. Tanto na solicitude como na resolución de concesión deberán constar, de forma expresa, os compromisos de execución asumidos por cada membro, así como o importe de subvención que se vai aplicar por cada un deles. A concesión e o pagamento da axuda efectuarase a cada unha das entidades participantes en proporción á parte dos gastos que lle corresponda realizar no proxecto.

7. As agrupacións rexeranse polo documento contractual que as regule. O funcionamento interno da agrupación responderá a criterios de autonomía de xestión e deberá incluír de forma expresa quen é o líder ou representante da agrupación. O líder será o representante único da agrupación, único interlocutor coa Administración en todo o procedemento, e con poderes bastantes para cumprir as obrigas que, como beneficiario, lle corresponden á agrupación. O líder sempre deberá ser unha empresa, nunca un organismo de investigación.

O documento contractual de regulación da agrupación deberá prever, como mínimo, o seguinte:

a) Distribución das actividades, do orzamento total e do achegado por cada un dos membros da agrupación.

b) Acordo de representación da agrupación e elección do seu representante ante a Administración para os efectos de interlocución con ela.

c) Acordos de confidencialidade.

d) Propiedade, protección legal (patentes) e divulgación dos resultados.

e) Xestión da agrupación, plan de continxencias e distribución de responsabilidades ante posibles dificultades.

f) Designación dun/dunha xefe/a técnico do proxecto. Esta figura será única para toda a agrupación.

Con todo, o orzamento e as actividades quedarán suxeitos ao establecido na resolución de concesión da axuda.

A agrupación de empresas non se poderá disolver ata que transcorra o prazo de prescrición previsto no artigo 35 da Lei 9/2007.

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Axencia Galega de Innovación (GAIN)

Rúa Airas Nunes, s/n, Conxo

15702  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981 957 303/981 957 872/881 999 355

Email: axudas.gain@xunta.gal

http://gain.xunta.gal

Axencia Galega de Innovación (GAIN)

Prazo de presentación: PECHADO

07/07/2023 00:00 - 02/10/2023 23:59

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 2 de outubro de 2023.

Solicitudes.

1. Todos os solicitantes presentarán o anexo I (solicitude), xunto co resto dos anexos dispoñibles, na sede electrónica da Xunta de Galicia.

2. No caso de proxectos en cooperación, cada membro da agrupación, agás o líder, presentará a súa solicitude expresando claramente o título do proxecto e a información contida no anexo I. Desta presentación resultará un número de rexistro que deberá facilitar á empresa líder. Posteriormente, a empresa líder de cada agrupación presentará a súa solicitude. Para os efectos de presentación da solicitude do proxecto, unicamente se terá en conta a data de presentación da solicitude da empresa líder, sendo esta a súa responsabilidade, polo que se entenderán inadmitidas as solicitudes que non dispoñan da presentación do líder.

3. Os datos de contacto das solicitudes (enderezo postal, enderezo electrónico e teléfono) consideraranse os únicos válidos para os efectos de notificacións.

4. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das entidades interesadas presenta a solicitude de xeito presencial, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

5. A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación destas bases reguladoras.

6. No formulario de solicitude (anexo I) inclúense as seguintes declaracións responsables relativas á empresa solicitante, no caso de proxectos individuais, e a todas as entidades participantes, no caso de proxectos en cooperación:

a) Declaración responsable do solicitante de todas as axudas solicitadas ou concedidas, para a mesma finalidade ou proxecto, ou para as mesmas partidas de gasto, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional.

b) Declaración responsable de que os datos contidos na solicitude e na documentación complementaria son certos, e que acepta as condicións e as obrigas recollidas nesta resolución.

c) Declaración responsable de que non está incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións (en diante, Lei 38/2003).

d) Declaración responsable de que non está incursa en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Deberase comunicar calquera variación das circunstancias recollidas na dita declaración no momento en que se produza.

e) Declaración responsable de que está ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, e de reembolso de préstamos ou anticipos concedidos con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma.

f) Declaración responsable de non ser considerada como empresa en crise conforme o disposto no artigo 2.18 do Regulamento (UE) nº 651/2014, do 17 de xuño, da Comisión.

g) Declaración responsable de non estar suxeita a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

h) Declaración responsable de que desenvolverá en Galicia as actividades que ten asignadas no plan de traballo do proxecto para o cal solicita a axuda.

i) Declaración responsable de que a solicitude de axuda é anterior ao inicio do proxecto para o cal se solicita (efecto incentivador).

j) Declaración responsable de que o solicitante sabe que os provedores non poderán estar asociados nin vinculados coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores, e que non concorren neles ningunha das prohibicións recollidas no artigo 27.7 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, nin no artigo 43 do Regulamento que desenvolve a citada lei, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, tendo en conta, ademais, o disposto no Regulamento (UE) nº 651/2014 sobre empresas vinculadas.

k) Declaración responsable de que, no caso de dispoñer dun plan de igualdade implantado no centro, deberá mantelo durante o período de execución do proxecto e de mantemento dos investimentos previstos no artigo 34.m) desta resolución.

l) Declaración responsable de que ten capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos do proxecto para o cal solicita a axuda.

m) Declaración responsable de que manterá un sistema de contabilidade separada ou un código contable adecuada en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais de contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados con fondos Feder.

o) Declaración responsable de que conservará toda a documentación relativa a esta subvención durante un prazo de cinco anos a partir do 31 de decembro do ano en que se efectúe o último pagamento da axuda (artigo 82 RDC).

p) Declaración responsable de que asumirá a aplicación de medidas antifraude eficaces e proporcionadas no seu ámbito de xestión, así como a obriga de comunicarlle ao órgano xestor os casos de sospeitas de fraude.

q) Declaración responsable de que cumprirá a normativa comunitaria, estatal e autonómica de aplicación.

r) Declaración responsable do cumprimento do principio de «non causar un prexuízo significativo» (DNSH) e compromiso do/da beneficiario/a de prever e realizar as accións oportunas para asegurar que os/as subcontratistas cumpran con este principio.

s) Compromiso por escrito de conceder os dereitos e accesos necesarios para garantir que a Comisión, a OLAF, o Tribunal de Contas Europeo, a Fiscalía Europea e as autoridades nacionais e autonómicas exerzan as súas competencias.

Documentación complementaria.

1. As persoas interesadas deberán achegar, xunto coa solicitude, a seguinte documentación:

a) Documentación xurídico-administrativa:

1º. Anexo I bis: descrición do equipo investigador e orzamento do proxecto.

2º. Poder da persoa representante que presenta a solicitude verificado por letrado/a da Xunta de Galicia no caso de non estar inscrito no Rexistro Electrónico Xeral de Apoderamentos de Galicia (REAG).

3º. Contrato/s de subcontratación subscrito/s con organismo/s e/ou empresa/s asinados por ambas as partes nos supostos en que o importe da subcontratación supere os 60.000 euros e que o dito importe exceda o 20 % da axuda concedida.

4º. Anexo de comprobación de datos das persoas representantes mancomunadas, no caso de representación mancomunada (anexo II).

5º. Anexo de declaración de información relativa á condición de peme (anexo VI). A Axencia Galega de Innovación utilizará os medios que considere oportunos para a súa verificación e requiriralle ao solicitante, se for necesario, os documentos oportunos.

6º. Anexo de comprobación de datos do equipo investigador (anexo III).

7º. No caso de proxectos en cooperación, a empresa líder presentará o acordo regulador da agrupación asinado por todos os membros. Neste documento contractual deben establecerse os dereitos e as obrigas que asume cada membro da agrupación, co contido mínimo sinalado no artigo 5.7 desta resolución.

8º. Memoria xustificativa do cumprimento do principio DNSH conforme o Regulamento (UE) nº 2020/852, do 18 de xuño de 2020, relativo ao establecemento dun marco para facilitar os investimentos sustentables e polo que se modifica o Regulamento (UE) nº 2019/2088, segundo se detalla no anexo IX desta convocatoria.

9º. Acreditación sobre o cumprimento dos prazos de pagamento a provedores, de conformidade co previsto no artigo 13.3.bis da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións:

1. Para sociedades que, de acordo coa normativa contable, poidan presentar conta de perdas e ganancias abreviada, declaración responsable do cumprimento dos prazos de pagamento previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais.

2. Para aquelas sociedades que, de acordo coa normativa contable, non poidan presentar conta de perdas e ganancias abreviada, certificación emitida por auditor/a rexistrado/a no Rexistro Oficial de Auditores de Contas do cumprimento dos prazos de pagamento previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais.

b) Documentación técnica:

1º. Memoria técnica do proxecto, segundo o índice que se inclúe como anexo VIII (en formato pdf) para presentar polo líder. Nesta memoria deberá incluírse a información detallada sobre o persoal dedicado ao proxecto: identificación do persoal propio da empresa, actividades que desenvolverá, porcentaxe de dedicación ao proxecto e motivación desta porcentaxe. Respecto do persoal de nova contratación, indicaranse o seu perfil e a duración do seu contrato. No referido aos custos de equipamento, deberá xustificarse na memoria a vida útil do equipamento e material instrumental de nova adquisición e o procedemento seguido para calcular os custos de amortización.

2º. Currículos redactados en formato libre de todos os membros do equipo humano asignado ao proxecto por parte de cada membro da agrupación.

c) Plan de comunicación e difusión do proxecto.

Os beneficiarios deberán realizar un plan de comunicación e difusión dos resultados do proxecto para compartir os resultados non suxeitos a confidencialidade co ecosistema de I+D+i, coa sociedade e coas administracións, e maximizar así o seu impacto. Este plan deberá presentalo o líder do proxecto e incluirá as actividades que debe realizar cada beneficiario en cada unha das anualidades.

Este plan de comunicación debe describir os obxectivos previstos, as actividades de comunicación propostas, os indicadores para medir os resultados destas e o público a que van dirixidas (comunidade científica, usuarios finais, sociedade en xeral...).

As accións de comunicación deben estenderse ao longo de toda a vida do proxecto, estar estratexicamente planificadas, con obxectivos claros e medibles, e ser proporcionais á escala do proxecto. Cómpre xustificar por que cada medida elixida é a máis adecuada para o público obxectivo a que vai dirixida.

O plan de comunicación e difusión debe incluír, como contido mínimo, a realización de tres eventos de difusión do proxecto: un evento de difusión ao comezo do proxecto, nun prazo máximo de dous (2) meses desde a data de concesión da subvención, para explicar os seus obxectivos; outro, na metade da súa execución, e un terceiro no momento da súa finalización para expoñer os resultados non suxeitos a confidencialidade. Este último realizarase, como máximo tres (3) meses despois da finalización do proxecto e deberá xerar un impacto medible a través da súa divulgación nos medios de comunicación e nas redes sociais. O plan de comunicación centrarase prioritariamente nas fases intermedia e final, en que se poderán divulgar avances e resultados finais. Nos tres eventos poñerase de manifesto o apoio da Unión Europea e da Axencia Galega de Innovación ás actuacións do proxecto, mencionando expresamente estes apoios e amosando os logotipos de ambas as entidades en todos os materiais empregados.

As actividades de comunicación e difusión poden consistir na realización ou participación en eventos, xornadas; publicación en plataformas, web e redes sociais; elaboración de folletos, carteis ou vídeos; boletíns periódicos/novas e comunicados de prensa, entre outras. Así mesmo, ao finalizar as actividades do proxecto deberá elaborarse un microvídeo, dun mínimo de dous minutos de duración, para difundir os resultados do proxecto a través das redes sociais.

As actividades de difusión e comunicación que impliquen formación non serán subvencionables, así como as axudas de custo e viaxes.

Ao tratarse de subvencións cofinanciadas con fondos da Unión Europea, todas as actividades do plan deberán respectar o disposto no artigo 50 e no anexo IX do Regulamento (UE) nº 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño, e no documento «O uso do emblema europeo no contexto dos programas da UE 2021-2027».

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderáselle solicitar novamente á persoa interesada que os achegue.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Os anexos desta convocatoria estarán dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Se algunha das persoas interesadas presenta documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) Certificados de estar ao día nas seguintes obrigas: Axencia Estatal da Administración Tributaria, Tesouraría Xeral da Seguridade Social e Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) NIF da entidade solicitante.

c) DNI/NIE da persoa representante da entidade solicitante. No caso de que a entidade solicitante estea representada por unha persoa xurídica, comprobarase o NIF desta.

d) DNI/NIE/NIF das persoas representantes mancomunadas.

e) DNI/NIE das persoas do equipo investigador.

f) Títulos oficiais universitarios e non universitarios do equipo investigador.

g) Consulta de vida laboral (TXSS) dos últimos doce (12) meses do equipo investigador.

h) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

i) Consulta de concesións de subvencións e axudas.

Consultaranse, ademais, os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente: certificado do grao de discapacidade do equipo investigador.

2. No caso de as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de solicitude (anexo I) e nos anexos II e III, segundo corresponda, e achegar os ditos documentos.

Cando o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselle solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación das solicitudes.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 23 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a iniciativa Fábrica intelixente e sustentable, orientada a proxectos de investigación industrial, desenvolvemento experimental e innovación centrados en tecnoloxías industriais innovadoras para apoiar as empresas na súa transición industrial, en liña coas prioridades europeas en materia de dixitalización e pacto verde, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (DOG nº 128 do 6 de xullo de 2023).

    • Extracto da Resolución do 23 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a iniciativa Fábrica intelixente e sustentable, orientada a proxectos de investigación industrial, desenvolvemento experimental e innovación centrados en tecnoloxías industriais innovadoras para apoiar as empresas na súa transición industrial, en liña coas prioridades europeas en materia de dixitalización e pacto verde, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (DOG nº 128 do 6 de xullo de 2023).

    • Corrección de erros. Resolución do 23 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a iniciativa Fábrica intelixente e sustentable, orientada a proxectos de investigación industrial, desenvolvemento experimental e innovación centrados en tecnoloxías industriais innovadoras para apoiar as empresas na súa transición industrial en liña coas prioridades europeas en materia de dixitalización e pacto verde, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (DOG nº 140 do 24 de xullo de 2023).

    • Resolución do 10 de agosto de 2023 pola que se modifica a Resolución do 23 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a iniciativa Fábrica intelixente e sustentable, orientada a proxectos de investigación industrial, desenvolvemento experimental e innovación centrados en tecnoloxías industriais innovadoras para apoiar ás empresas na súa transición industrial, en liña coas prioridades europeas en materia de dixitalización e pacto verde, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (DOG nº 158 do 22 de agosto de 2023).

    • Resolución do 29 de decembro de 2023 pola que se modifica a Resolución do 23 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a iniciativa Fábrica intelixente e sustentable, orientada a proxectos de investigación industrial, desenvolvemento experimental e innovación centrados en tecnoloxías industriais innovadoras para apoiar as empresas na súa transición industrial, en liña coas prioridades europeas en materia de dixitalización e pacto verde, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (DOG nº 2 do 3 de xaneiro de 2024).

    • Resolución do 23 de abril de 2024 pola que se conceden as axudas para a iniciativa Fábrica intelixente e sustentable, orientada a proxectos de investigación industrial, desenvolvemento experimental e innovación centrados en tecnoloxías industriais innovadoras para apoiar as empresas na súa transición industrial en liña coas prioridades europeas en materia de dixitalización e pacto verde, convocadas pola Resolución do 23 de xuño de 2023 (DOG nº 92 do 13 de maio de 2024).

Outros procedementos relacionados

IG402A

Axudas a servizos modulares de asesoramento especializado a empresas galegas prestados por entidades colaboradoras (Programa Re-acciona), cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027

Prazo aberto: 21/01/2025 09:00 - 17/11/2025 14:00

IN608B

Rexistro de posta en servizo de guindastre torre para obras ou outras aplicacións.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IN859A

Convocatoria pola Axencia Galega de Innovación de cinco postos de persoal investigador, na modalidade de investigador distinguido, para persoas beneficiarias dunha bolsa do Consello Europeo de Investigación (ERC), no marco do programa Oportunius.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 12/06/2025 00:00 - 26/06/2025 23:59

MR560B

Inscrición no rexistro dos centros de cría, subministradores e usuarios de animais de experimentación.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano