Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
IN853B - Axudas para a consolidación de unidades mixtas de investigación.
1. Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases polas que se rexerá a concesión das subvencións da Axencia Galega de Innovación no marco do Programa de unidades mixtas de investigación mediante a seguinte modalidade de axuda:
• Modalidade B: axudas para a consolidación de unidades mixtas de investigación, procedemento IN853B.
2. Así mesmo, por medio desta resolución convócanse as ditas axudas para o ano 2022 en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva; as axudas concedidas no marco da presente resolución axustaranse ao establecido no Regulamento (UE) nº 651/2014.
Unicamente poderán ser beneficiarias das axudas da modalidade B as unidades mixtas de investigación beneficiarias dunha axuda da Axencia Galega de Innovación para a súa creación e posta en marcha da convocatoria do ano 2018. Estas unidades mixtas son as beneficiarias das axudas concedidas pola Resolución do 12 de novembro de 2018 (DOG núm. 220, do 19 de novembro).
Para os efectos desta convocatoria, enténdese por unidade mixta de investigación a colaboración entre un organismo de investigación e unha ou varias empresas para o desenvolvemento de liñas de I+D+i de forma coordinada e conxunta e na que se cumpran, segundo a modalidade de axuda que proceda, os seguintes requisitos:
– Modalidade B: axudas para a consolidación de unidades mixtas de investigación (IN853B) .
B1. Poderán optar ás axudas de consolidación previstas nesta convocatoria aquelas unidades mixtas de investigación beneficiarias das axudas da Axencia Galega de Innovación para a súa creación e posta en marcha, concedidas pola Resolución do 12 de novembro de 2018 (DOG núm. 220, do 19 de novembro).
B2. Entidades participantes.
A consolidación dunha unidade mixta de investigación implica o deber de manter e fortalecer a alianza estratéxica entre os seus membros: o organismo de investigación galego e a empresa asinante do seu acordo de constitución. Estes membros corresponderanse cos relacionados na Resolución da Axencia Galega de Innovación, do 12 de novembro de 2018, de concesión de axudas para a creación e posta en marcha de unidades mixtas de investigación.
Excepcionalmente, as unidades mixtas de investigación constituídas inicialmente por un organismo de investigación e unha única empresa poderán incorporar á súa composición unha segunda empresa cando exista unha complementariedade xustificada e unha participación equilibrada co resto de entidades participantes na unidade. Neste caso, as dúas empresas participantes na unidade mixta deberán pertencer ao mesmo grupo empresarial no sentido do disposto no artigo 42 do Real decreto do 22 de agosto de 1885, polo que se publica o Código de comercio.
O organismo de investigación actuará como representante da unidade mixta de investigación ante a Axencia Galega de Innovación, como solicitante da axuda e como único interlocutor con ela.
B3. Áreas/liñas de investigación.
As liñas de investigación das unidades mixtas de investigación serán a continuidade, ampliación e evolución das definidas no momento de creación da unidade e materializaranse no desenvolvemento de novas actividades e novos proxectos no marco destas. Estas novas actividades e novos proxectos non poderán ser nunca unha duplicidade dos traballos desenvolvidos na etapa de creación.
Estas áreas/liñas de investigación estarán aliñadas cos retos estratéxicos e prioridades da RIS3 Galicia. A descrición destes retos e o detalle das súas liñas prioritarias detállase no artigo 2.
Todos os integrantes da unidade mixta poderán participar dos resultados que xera a súa actividade coas condicións e limitacións establecidas polas partes para o efecto.
B4. Acordo de consolidación e duración das unidades mixtas.
A consolidación das unidades mixtas acreditarase mediante un acordo de consolidación asinado entre as partes (acordo regulador). A data de sinatura deste acordo non poderá ser anterior á data de presentación da solicitude nin posterior ao prazo de 15 días hábiles a partir do día seguinte á data de publicación da correspondente resolución de concesión no Diario Oficial de Galicia. A data de sinatura deste acordo marcará o inicio do período mínimo de duración de 3 anos da unidade mixta e o inicio das novas actividades programadas para a súa consolidación.
B5. Localización.
As unidades mixtas estarán situadas en Galicia, cunha localización única, e deberán estar perfectamente delimitadas, identificadas e fisicamente diferenciadas das entidades que nela participan. A maiores desta localización principal, cando sexa preciso, poderán dispor de instalacións satélites para atender o traballo de campo ou laboratorio.
B6. Orzamento subvencionable mínimo da unidade mixta de investigación.
a) O orzamento subvencionable mínimo da unidade mixta deberá ser de 2.000.000 de euros para o marco temporal 2022-2025, dividido entre os integrantes da unidade mixta.
b) A participación da/s empresa/s no orzamento da unidade mixta debe ser, como mínimo, dun 40 %.
Para o desenvolvemento das actividades da unidade mixta, esta participación poderá ser mediante a execución con medios propios e/ou mediante achegas monetarias ao organismo de investigación. O importe destas achegas monetarias será destinado integramente polo organismo de investigación ao financiamento en exclusiva das actividades da unidade mixta e non computará para os efectos da achega do organismo de investigación.
c) A participación do organismo de investigación no orzamento da unidade mixta debe ser, como mínimo, dun 10 %. Tendo en conta que o organismo de investigación será o único perceptor da axuda da Axencia Galega de Innovación, tal e como se especifica no artigo 4 desta convocatoria, a porcentaxe de participación do organismo de investigación no orzamento da unidade mixta calcularase descontando da achega total do organismo de investigación a subvención que este reciba de Gain.
d) Estes requisitos mínimos serán de imprescindible cumprimento no momento da resolución de concesión. No caso de que no momento da finalización da duración da unidade mixta de investigación se comprobe algunha desviación nestes requisitos e sempre que se respecten, como mínimo, os límites sinalados na táboa que segue, a Axencia Galega de Innovación poderá resolver a viabilidade da unidade mixta, despois de estudar as circunstancias que orixinaron o incumprimento destes requisitos mínimos, sempre que un informe técnico avale o correcto desenvolvemento das actuacións previstas e a consecución dos fins para os que se concedeu a subvención.
Importes mínimos .
Orzamento da unidade mixta: Como mínimo, o 60 % do orzamento inicial concedido
Participación da/s empresa/s: 40 % do orzamento total da unidade mixta
Participación do organismo de investigación: 10 % do orzamento total da unidade mixta
Non obstante, aplicaranse a estes supostos as penalizacións e as previsións contidas no artigo 33 (graduación dos incumprimentos).
2. Só se financiarán as actividades das unidades mixtas de investigación desenvolvidas na Comunidade Autónoma galega, sen prexuízo de que as subcontratacións, asistencias técnicas ou colaboracións externas poidan encomendarse a entidades que operen fóra do territorio galego.
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Axencia Galega de Innovación (GAIN)
Área de Xestión
Rúa Airas Nunes, s/n
15702 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981541096/ 881999633
Fax: 981541039
Email: xestion.gain@xunta.gal
Axencia Galega de Innovación (GAIN)
Resolución do 31 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas do Programa de unidades mixtas de investigación, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (DOG nº 45 do 7 de marzo de 2022).
Extracto da Resolución do 31 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas do Programa de unidades mixtas de investigación, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (DOG nº 45 do 7 de marzo de 2022).
Prazo de presentación: PECHADO
08/03/2022 00:00 - 07/04/2022 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día de publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes.
Forma, lugar e presentación das solicitudes .
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través dos formularios normalizados dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
2. O organismo de investigación, como representante da unidade mixta, presentará unha única solicitude e a información contida nos anexos.
3. Nos formularios de solicitude IN853B (anexo III) e tamén no anexo VI inclúense as seguintes declaracións responsables, relativas a cada un dos membros integrantes da unidade mixta:
1. Declaración responsable de todas as axudas solicitadas e concedidas para a mesma finalidade ou os mesmos custos, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional.
2. Declaración responsable de que todos os datos contidos na solicitude e nos documentos que se achegan son certos e que acepta as condicións e obrigas do Programa de unidades mixtas de investigación recollidas nesta resolución.
3. Declaración responsable de non estar incurso en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
4. Declaración responsable de non estar incurso en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas prevista nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Deberase comunicar calquera variación das circunstancias recollidas na devandita declaración no momento en que se produza.
5. Declaración responsable de estar ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, e de reembolso de préstamos ou anticipos concedidos con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma.
6. Declaración responsable de non estar suxeito a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión Europea que declarase unha axuda ilegal ou incompatible co mercado común.
7. Declaración responsable de que a solicitude de axuda é anterior ao comezo das actividades para as que se solicita (efecto incentivador).
8. Declaración responsable de que ten a capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir cos obxectivos da unidade mixta para a que se solicita a axuda.
9. Declaración responsable de que desenvolverá en Galicia as actividades que ten asignadas no plan de traballo da unidade mixta de investigación para o que solicita a axuda.
10. Declaración responsable de que as dependencias da unidade mixta de investigación estarán en Galicia, perfectamente delimitadas, identificadas e fisicamente diferenciadas das entidades que nela participan.
11. Declaración responsable de que non pode ser considerada unha empresa en crise conforme o disposto no artigo 2.18 do Regulamento (UE) nº 651/2014, do 17 de xuño, da Comisión. Non obstante, a Axencia Galega de Innovación utilizará os medios que considere oportunos para a súa verificación e requirirá ao solicitante, se for necesario, os documentos oportunos.
12. Declaración responsable de que, se é o caso, non vai realizar ningunha utilización comercial posterior do prototipo ou proxecto piloto incluído na proposta.
13. Declaración responsable de que manterá un sistema de contabilidade separada ou un código contable adecuado que facilite unha pista de auditoría apropiada en relación con todos os gastos correspondentes aos investimentos realizados ao abeiro da convocatoria, e conservará a documentación xustificativa relativa aos gastos financiados durante un prazo de cinco anos.
14. Declaración responsable de que cumprirá a normativa comunitaria, estatal ou autonómica de aplicación.
4. A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación destas bases reguladoras.
Documentación complementaria .
1. Deberá achegarse xunto coas solicitudes a seguinte documentación complementaria:
a) Declaración responsable de cada un dos membros integrantes da unidade mixta (anexo VI).
b) Declaración responsable da categoría de empresa, peme ou grande empresa (anexo VII). Non obstante, a Axencia Galega de Innovación poderá utilizar os medios que considere oportunos para a súa verificación e requirirá ao solicitante, se for necesario, os documentos oportunos.
c) Para a modalidade B (IN853B):
– Memoria técnica da consolidación da unidade mixta de investigación (anexo IV), na cal se recollerá toda a información, tanto de carácter científico-técnico como económica do proxecto. Con independencia da información recollida neste anexo, poderase incluír información e documentación complementaria.
– Declaración asinada polos integrantes da unidade mixta de investigación en que manifestan a súa intención de consolidar a unidade mixta de investigación atendendo aos requisitos desta convocatoria e ao contido da memoria técnica indicada no punto anterior, acompañada dunha copia do acordo de constitución da unidade mixta. Coa sinatura desta declaración as partes manifestan a súa conformidade coa presentación da solicitude de axuda ao abeiro da presente convocatoria polo organismo de investigación como entidade representante da unidade mixta.
2. Os anexos II, IV, VI e VII estarán dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia http://sede.xunta.gal
3. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán obtidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, de non se poderen obter os citados documentos, poderáselle solicitar novamente á persoa interesada a súa achega.
4. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
5. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
6. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos .
1. Para a tramitación destes procedementos consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que as persoas interesadas se opoñan á súa consulta:
– Certificados de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social, das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia e das obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT).
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
4. Non obstante, aquelas entidades comprendidas no artigo 11 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, que desenvolve a Lei de subvencións de Galicia, poderán presentar unha declaración responsable de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
5. No caso de que o solicitante deba presentar estes certificados na fase de emenda, logo de que a consulta polo órgano xestor non obtivese resultado favorable, a data de expedición dos certificados pola Administración correspondente deberá ser posterior á data de consulta polo órgano xestor, o que se comunicará no requirimento de emenda da documentación.
6. A Axencia Galega de Innovación realizará as comprobacións documentais necesarias para garantir que os beneficiarios non incorren en ningunha das circunstancias enumeradas no artigo 2.18 do Regulamento (UE) nº 651/2014, do 17 de xuño, da Comisión, para considerar unha empresa en crise.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban facer durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"
Outras convocatorias ou publicacións
Procedementos e servizos relacionados
Axudas do Programa Conecta Peme.
Subvencións para proxectos de innovación en produto, Liña 2.
Axudas para a creación e posta en marcha de unidades mixtas de investigación.
Axudas para o establecemento de centros mixtos de investigación