Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
IN854A
Axudas do Programa Industrias do Futuro 4.0
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases polas que se rexerá a concesión das axudas da Axencia Galega de Innovación ao abeiro da segunda convocatoria do programa Industrias do futuro 4.0. Este programa, incluído no plan de acción da RIS3 Galicia, ten por obxectivo o fomento do investimento privado para o financiamento da innovación a través do apoio a grandes proxectos empresariais de I+D+i de carácter estratéxico para o tecido industrial galego, centrados no desenvolvemento de tecnoloxías industriais clave para acadar un modelo produtivo innovador. Estes proxectos deberán estar en liña coas tendencias internacionais da fábrica do futuro, fábrica intelixente e da Industria 4.0.
Son actividades subvencionables a investigación industrial, o desenvolvemento experimental e a innovación en materia de organización e de procesos, entendendo como tales as definicións incluídas no artigo 2 do Regulamento (UE) nº 651/2014 e que se recollen no artigo anterior da presente resolución.
Por medio desta resolución, convócanse as ditas axudas para o ano 2018, en réxime de concorrencia competitiva.
1. Poderán ser beneficiarios destas axudas:
a) Empresas industriais cun establecemento permanente legalmente constituído en Galicia, que poidan liderar proxectos empresariais de I+D+i de carácter estratéxico que cumpran as características recollidas no artigo 6 da presente resolución. As empresas, atendendo ao seu tamaño, poderán ser grandes ou pemes, segundo as definicións incluídas no artigo 2 desta Resolución.
b) Agrupacións dunha empresa ou empresas e un organismo de investigación e difusión, nos termos previstos no artigo 8.3 da Lei 9/2007 de subvencións de Galicia (en diante, Lei 9/2007), que realicen proxectos en cooperación.
No caso de agrupacións, as empresas que a integren deberán ter as características indicadas na punto 1.a).
2. Os organismos de investigación, ademais de cumpriren os requisitos da definición incluída no artigo 2, só poderán ser beneficiarios se desenvolven un proxecto en colaboración cunha/s empresa/s no marco dun proxecto en cooperación subvencionable ao abeiro desta convocatoria e contan cun centro de traballo permanente en Galicia.
3. As grandes empresas só poderán acceder ás axudas para proxectos de innovación en materia de organización e de procesos se colaboran de xeito efectivo (artigo 2.10) para o desenvolvemento das actividades obxecto da axuda cunha ou varias pemes que deberán asumir como mínimo o 30 % dos custos subvencionables totais do proxecto en cooperación coa grande empresa.
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Axencia Galega de Innovación (GAIN)
Área de Xestión
Rúa Airas Nunes, s/n, Conxo
15702 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981957303 / 981957872 / 881999355
Email: axudas.gain@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
28/08/2018 00:00 - 28/09/2018 23:59
Prazo de presentación de solicitudes para a segunda edición desta convocatoria, desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG ata o 28 de setembro, de conformidade co disposto no artigo 7 das bases reguladoras.
Non poderán acceder á condición de beneficiarios as persoas ou entidades en que concorra algunha das prohibicións recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, nin tampouco as empresas en crise, nin aquelas que están suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión Europea que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.
No formulario de solicitude (anexo I) inclúense as seguintes declaracións responsables, relativas á empresa solicitante, no caso de proxectos individuais, e a todas as entidades participantes, no caso de proxectos en cooperación:
1º. Declaración responsable do solicitante de todas as axudas solicitadas ou concedidas para a mesma finalidade ou proxecto ou para as mesmas partidas de gasto, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional.
2º. Declaración responsable de que os datos contidos nesta solicitude e nos documentos que se achegan para formulala son certos, e acepta as condicións e obrigas do programa Industrias do futuro 4.0 recollidas nesta resolución.
3º. Declaración responsable de que non está incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións (en diante, Lei 38/2003).
4º. Declaración responsable de que non está incursa en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Deberase comunicar calquera variación das circunstancias recollidas na devandita declaración no momento en que se produza.
5º Declaración responsable de que está ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, e de reembolso de préstamos ou anticipos concedidos con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma.
6º. Declaración responsable de que non pode ser considerada unha empresa en crise conforme o disposto no artigo 2.18 do Regulamento (UE) nº 651/2014, do 17 de xuño, da Comisión. Non obstante, a Axencia Galega de Innovación utilizará os medios que considere oportunos para a súa verificación e requirirá ao solicitante, se for necesario, os documentos oportunos.
7º. Declaración responsable de que non está suxeita a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.
8º. Declaración responsable de que desenvolverá en Galicia as actividades que ten asignadas no plan de traballo do proxecto para o que se solicita a axuda.
9º. Declaración responsable de que a solicitude de axuda é anterior ao comezo do proxecto para o que se solicita (efecto incentivador).
10º. Declaración responsable de que o solicitante coñece que os provedores non poderán estar asociados nin vinculados coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores, e que non concorren neles ningunha das prohibicións recollidas no artigo 27.7 da Lei 9/2007 de subvencións de Galicia, nin no artigo 43 do Regulamento que desenvolve a citada lei, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, tendo en conta, ademais, o disposto no Regulamento (UE) nº 651/2014, sobre empresas vinculadas.
11º. Declaración responsable de que, se é o caso, non vai realizar ningunha utilización comercial posterior do prototipo ou proxecto piloto incluído no proxecto.
12º. Declaración responsable de que, no caso de dispoñer dun plan de igualdade implantado no centro, deberá mantelo durante o período de execución do proxecto.
13º. Declaración responsable de que ten capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos do proxecto para o que solicita a axuda.
Xunto coa solicitude (anexo I) deberá presentarse na sede electrónica da Xunta de Galicia un exemplar da documentación que a continuación se relaciona distinguindo a documentación xurídico-administrativa e a documentación técnica.
a) Documentación xurídico-administrativa:
1º) Poder do representante que presenta a solicitude, inscrito no rexistro competente, verificado por letrado/a da Xunta de Galicia, no caso de que se opoña á súa consulta tal e como se indica no artigo 24.d). Para os apoderados de entidades mercantís distintos de administración única, administración solidaria ou mancomunada, ou tamén o cargo de conselleiro delegado, dadas as características técnicas da consulta ao Rexistro Mercantil, deberá presentarse este poder en todo caso.
2º) Contrato/s subscrito/s de subcontratación con organismo/s e/ou empresa/s, debidamente asinados por ambas as dúas partes.
3º) Informe de vida laboral da entidade posterior á data de inicio do prazo de presentación de solicitudes, selado e asinado polo titular da autorización.
4º) Modelo de comprobación de datos das persoas socias mancomunadas (anexo III). No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta do DNI/NIE deberán indicalo no cadro correspondente habilitado neste anexo e achegar o documento.
5º) No caso de ter concedida algunha axuda, copia da resolución de concesión.
6º) Modelo de declaración de información relativa á condición de peme (anexo IX).
7º) Modelo de comprobación de datos do equipo investigador (anexo X).
8º) Modelo de autorización das persoas socias mancomunadas a favor do representante da entidade solicitante (anexo XI).
9º) Modelo de declaración de presentación da solicitude á segunda edición no caso de proxectos denegados na primeira que, superando a nota mínima, desexen concorrer á segunda novamente sen faceren modificación ningunha (deberá incluírse a data de inicio do proxecto). No caso de proxectos en cooperación, esta declaración deberá ser asinada por todos os membros da agrupación (anexo XII).
Ademais, no caso de proxectos en cooperación:
10º) Declaración de conformidade de participación no proxecto asinada polo/s representante/s de cada unha das entidades da agrupación outorgando ao líder do proxecto a autorización para canalizar a súa relación coa Administración, segundo o anexo II.
11º) A empresa líder da agrupación presentará tamén o acordo regulador da agrupación debidamente asinado por todos os membros. Neste documento contractual deben establecerse os dereitos e obrigas que asume cada membro da agrupación co contido mínimo sinalado no artigo 5.5 desta resolución.
b) Documentación técnica:
1º) Memoria do proxecto, segundo o índice que se inclúe como anexo V (en formato pdf, máximo 3 MB). Nesta memoria deberá incluírse a información detallada sobre o persoal dedicado ao proxecto: identificación do persoal propio da empresa, actividades que desenvolverá, porcentaxe de dedicación ao proxecto e motivación desta porcentaxe. Respecto do persoal de nova contratación, indicarase o seu perfil e a duración do seu contrato. No referido aos custos de equipamento, deberá xustificarse na memoria a vida útil do equipamento e material ou, se for o caso, o procedemento seguido para calcular os custos de amortización.
2º) Currículos, redactados en formato libre, de todos os membros do equipo humano asignado ao proxecto por parte de cada membro da agrupación.
3º) Memoria xustificativa suficientemente detallada sobre as características do proxecto, que xustifique que a actividade maioritaria de investigación teña que ser desenvolvida por persoal (só para as excepcións previstas no artigo 12). No caso de proxectos en cooperación esta memoria xustificativa deberá detallarse para cada un dos membros da agrupación.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) Certificados de estar ao día nas seguintes obrigas: Axencia Estatal da Administración Tributaria, Tesouraría Xeral da Seguridade Social e Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.
b) NIF da entidade solicitante.
c) DNI/NIE da persoa representante da entidade solicitante. No caso de que a entidade solicitante estea representada por unha persoa xurídica comprobarase o NIF desta.
d) Poder do representante que presenta a solicitude, inscrito no rexistro competente. Esta consulta poderá facerse nos casos de: administración única, administración solidaria ou mancomunada, ou tamén o cargo de conselleiro delegado. Para outros apoderados de entidades mercantís distintos dos anteriores, aínda que dispoñan de poderes xerais ou especiais inscritos nun rexistro mercantil, non poderá acreditarse a súa representación por estas vías, dadas as características técnicas da consulta ao Rexistro Mercantil, e terá que achegarse a correspondente documentación pública verificada polo/a letrado/a da Xunta de Galicia.
e) DNI/NIE do/s socio/s mancomunado/s. No caso de que os representantes mancomunados sexan persoas xurídicas, comprobarase o NIF.
f) DNI/NIE das persoas do equipo investigador e do/a tutor/a ou representante legal no caso de menores de idade.
g) Títulos oficiais universitarios e títulos oficiais non universitarios do equipo investigador.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio (anexo I) e nos axexos III e X, segundo corresponda, e achegar os devanditos documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
A presentación das solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, de conformidade co establecido nos artigos 14.2 e 14.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, Lei 39/2015); no artigo 31 da Lei 2/2017, do 8 de febreiro, de medidas fiscais, administrativas e de ordenación, e no artigo 24.2 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Considérase que todos os solicitantes, ao exerceren unha actividade económica, dispoñen de ferramentas informáticas cun coñecemento básico do seu funcionamento, polo que queda acreditado que teñen acceso e dispoñibilidade aos medios electrónicos necesarios.
Se algunha das entidades interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que foi realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365(https://sede.xunta.gal/chave365).
Non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente. Para estes efectos, os interesados deberán indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentaron os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polos interesados, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa. Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle ao interesado a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Os interesados responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algún dos interesados presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que foi realizada a emenda.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
No caso de que algún dos documentos que se vai presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Fase de Solicitude
- Táboa anexa á solicitude
- Declaración de conformidade de participación no proxecto e autorización a favor da persoa representante da agrupación (Anexo II)
- Comprobación de datos das persoas socias mancomunadas (Anexo III)
- Declaración relativa á condición de peme (Anexo IX)
- Autorización das persoas socias mancomunadas a favor da persoa representante da entidade solicitante (Anexo XI)
- Solicitude (Anexo I)
- Comprobación de datos do equipo investigador (Anexo X)
- Declaración responsable de presentación do proxecto á segunda edición (Anexo XII)
Prazo de resolución: Tres meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 25 de maio de 2020 pola que se modifican parcialmente as resolucións do 29 de xuño de 2016, do 21 de maio de 2018 e do 28 de decembro de 2018 polas que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o programa Industrias do futuro 4.0, orientado a proxectos de investigación industrial, desenvolvemento experimental e innovación centrados en tecnoloxías industriais innovadoras, e se convocan para o ano 2019 (respectivamente, primeira convocatoria no Diario Oficial de Galicia do 29 de xuño de 2016, segunda convocatoria no Diario Oficial de Galicia do 4 de xuño de 2018 e terceira convocatoria no Diario Oficial de Galicia do 8 de febreiro de 2019) (DOG nº 106 do 2 de xuño de 2020)
-
Resolución do 21 de maio de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o programa Industrias do futuro 4.0 (segunda convocatoria), orientado a proxectos de investigación industrial, desenvolvemento experimental e innovación centrados en tecnoloxías industriais innovadoras dentro da iniciativa Industrias 4.0-captación de investimentos, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (DOG nº 105 do 4 de xuño de 2018).
-
Extracto da Resolución do 21 de maio de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o programa Industrias do futuro 4.0 (segunda convocatoria), orientado a proxectos de investigación industrial, desenvolvemento experimental e innovación centrados en tecnoloxías industriais innovadoras dentro da iniciativa Industrias 4.0-captación de investimentos, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (DOG nº 105 do 4 de xuño de 2018).
-
Corrección de erros. Resolucion do 21 de maio de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o programa Industrias do futuro 4.0 (segunda convocatoria), orientado a proxectos de investigación industrial, desenvolvemento experimental e innovación centrados en tecnoloxías industriais innovadoras dentro da iniciativa Industrias 4.0-captación de investimentos, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (DOG nº 118 do 21 de xuño de 2018).
-
Resolución do 9 de agosto de 2018 pola que se conceden as axudas da primeira edición do programa Industrias do futuro 4.0, orientado a proxectos de investigación industrial, desenvolvemento experimental e innovación centrados en tecnoloxías industriais innovadoras dentro da iniciativa Industrias 4.0-captación de investimentos, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 e se abre o prazo de presentación de solicitudes para a segunda edición (DOG nº 162 do 27 de agosto de 2018).
-
Resolución do 4 de decembro de 2018 pola que se modifica o artigo 42 da Resolución do 21 de maio de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o programa Industrias do futuro 4.0 (segunda convocatoria), orientado a proxectos de investigación industrial, desenvolvemento experimental e innovación centrados en tecnoloxías industriais innovadoras dentro da iniciativa Industrias 4.0-captación de investimentos, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (DOG nº 235 do 11 de decembro de 2018).
-
Outros procedementos relacionados
Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.
Aberto todo o ano
Modificación da Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.
Aberto todo o ano
Actividade comercial portuaria de subministro de combustible a buques, e outras instalacións fixas e móbiles, mediante medios móbiles terrestres.
Aberto todo o ano
Novacións de débedas
Prazo aberto: 07/02/2025 09:00 - 30/12/2025 14:00