Inicio

SEDE
ELECTRÓNICA

Xunta de Galicia
Pode que o seu navegador non estea empregando o plugin de Adobe PDF. Ten a opción de configuralo seguindo as instrucións que lle achegamos ou continuar igualmente coa presentación. << Cancelar e configurar Adobe PDF
En caso de utilizar un certificado electrónico, lembre que debe ter instalado a aplicación de escritorio Autofirma.

- Se non a ten instalada siga as instruccións desta ligazón
- Se xa ten instalada a aplicación ou utilizará Chave365, faga clic no botón Continuar.
En caso de utilizar un certificado electrónico, lembre que debe ter instalado a aplicación de escritorio Autofirma.

- Se non a ten instalada siga as instruccións desta ligazón
- Se xa ten instalada a aplicación ou utilizará Chave365, faga clic no botón Continuar.
Este procedemento únicamente pode ser iniciado utilizando Internet Explorer.

Disculpe as molestias que poida ocasionarle.

IN421A - Axudas para proxectos de enerxías renovables.

Forma presentación

Tramitación en liña

Iniciar presentación electrónica
Iniciar presentación electrónica: entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento desde outro sistema electrónico da Administración da Xunta de Galicia.


Datos da solicitude

Prazo de presentación: 24/03/2017 - 24/04/2017.

Un (1) mes, contado desde o día seguinte da publicación das presentes bases no Diario Oficial de Galicia.

Prazo de resolución: Tres meses

Sentido do silencio administrativo: Negativo

  • Solicitude segundo o Anexo II.
  • Documentación acreditativa da titularidade dos terreos ou inmobles sobre os que se vai executar o proxecto, ou da dispoñibilidade dos mesmos durante un período mínimo de cinco anos.
  • Fotografías do lugar onde se vai a instalar o equipo.
  • Memoria técnica da actuación, segundo proceda, conforme ao modelo dispoñible na web do Inega, www.inega.gal
  • Plano de situación onde se indique a localización dos equipamentos e inclúa o exterior da edificación, indicando a zona de captación.
  • Folla de características dos principais equipamentos térmicos (bomba de calor e paneis solares).
  • Certificados de rendemento e documentación xustificativa da cualificación enerxética.
  • Tres ofertas solicitadas para o proxecto.
  • Documentación adicional obrigatoria para administración pública:
    • Acreditación do nomeamento ou elección do representante da entidade solicitante.
    • Certificado do acordo adoptado polo órgano competente polo que se aproba solicitar a axuda regulada nestas bases, se procede.
    • Certificado no que se acredite que se cumpriu o requisito de moderación de custes.
    • No caso das administracións locais, certificación de que a entidade solicitante remitiu as contas do último exercicio orzamentario a que legalmente está obrigado ao Consello de Contas tal e como se establece no apartado 2 d) do art. 7 das bases reguladoras.
  • Documentación adicional obrigatoria para empresas só cando non estean obrigadas a estar inscritas no Rexistro Mercantil ou ben non teñan domicilio social en Galicia:
    • Documento constitutivo da sociedade.
    • Documento público acreditativo do poder con que actúa o representante da empresa ou entidade solicitante.
    • Documento que acredite a existencia dun centro de traballo en Galicia ou a realización dalgunha actividade empresarial xustificable dentro do territorio da comunidade autónoma de Galicia.
  • Documentación adicional obrigatoria para entidades sen ánimo de lucro:
    • Documentación que acredite a representación coa que se actúa.
  • Documentación adicional obrigatoria para agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, de dereito privado:
    • Documentación que acredite a súa constitución.
    • Documentación que acredite la representación con la que se actúa.
    • Documento no que consten os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, indicando a porcentaxe da subvención que se vai aplicar por cada un deles, que terán igualmente a condición de beneficiarios (anexo III).
  • Outra documentación adicional que o interesado considere conveniente.
  • As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario electrónico normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal desde a páxina web do Inega (http://www.inega.gal) de acordo co establecido nos artigos 14.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas..

    Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia e na páxina web do Inega (http://www.inega.gal ).
  • A documentación complementaria presentarase electrónicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 28 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

    Cando as persoas interesadas teñan a consideración de Administracións públicas, institucións sen animo de lucro ou pequeñas e medianas empresas (pemes) e as súas agrupacións e asociación, as solicitudes deberán presentarse por vía electrónica a través do formulario electrónico normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal ou ben desde a páxina web do Inega (http://www.inega.gal) de acordo co establecido nos artigos 14.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas.

    Para todas as demáis persoas interesadas, as solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica. Opcionalmente, tamén poderán  presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas.

  • No prazo de presentación de solicitudes, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA (INEGA)

R/ Avelino Pousa Antelo, 5 San Lázaro
15707 Santiago de Compostela
Teléfono: 981541500 Fax: 981541515
Información web: www.inega.es

O obxecto destas subvencións é apoiar proxectos con fins de aforro enerxético e fomento do uso das enerxías renovables. Os proxectos limitaranse a instalacións para o quecemento dun fluído mediante equipamentos que utilicen como fonte enerxética a xeotérmica, aerotérmica ou a solar térmica.

Serán subvencionables:
1. Equipamento principal de xeración enerxética (bomba de calor ou paneis solares).
2. O custe de montaxe e conexionado.
3. Accesorios para o correcto funcionamento do sistema salvo os equipos emisores que non formen parte do equipo xerador e os elementos de distribución da calor fora da sala de caldeiras.
4. No caso da enerxía xeotérmica, o sistema de captación do recurso xeotérmico: sondeos, intercambiadores, acumuladores, tuberías, etc.

Non son subvencionables:
1. O IVE, excepto cando non sexa recuperable conforme a lexislación nacional sobre IVE.
Salvo as persoas físicas, os beneficiarios que gocen da exención do IVE, deberán acreditar esta circunstancia mediante a presentación do correspondente certificado emitido pola administración tributaria.
2. Os gastos de funcionamento da actividade subvencionada e material funxible en xeral.
3. Os gastos anteriores á presentación da solicitude.
4. A reposición ou mera substitución de equipamentos existentes. A estes efectos enténdese por gastos de reposición ou substitución aqueles que se limiten a substituír unha máquina existente ou parte da mesma por unha máquina nova e moderna sen ampliar a capacidade de produción en máis dun 25 % ou introducir cambios fundamentais na natureza da produción ou tecnoloxía correspondente .
5. Equipamento e materiais non funxibles de segunda man.
6. A simple reposición ou substitución de equipamentos e maquinarias.
7. As obras de mantemento.
8. Os gastos de aluger.
9. As taxas e licenzas administrativas.
10. Na adquisición de bens e servizos mediante contratos públicos os pagos efectuados polo contratista á Administración en concepto de taxa de dirección de obra ou control de calidade.
11. As conducións de distribución interior do calor e os equipos emisores, salvo cando estes sexan parte activa do circuíto de xeración térmica.

Beneficiarios:

1. Poderán acceder á condición de beneficiarios das presentes subvencións:
a) As entidades locais de Galicia e entidades dela dependentes.
b) A administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e as entidades instrumentais dela dependentes.
c) As persoas físicas ou xurídicas de dereito privado, as súas agrupacións e asociacións.

2. Quedan excluídas aquelas empresas que non teñan a consideración de PEMEs, segundo os termos definidos no anexo I  do Regulamento (UE) 651/2014 da Comisión, de 17 de xuño de 2014 polo que se declaran determinado tipo de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado. Os datos para o cálculo de efectivos, os importes financeiros e o período de referencia serán os referidos nos artigos 4 e 5 do anexo I do citado Regulamento.

3. As empresas deberán cumprir co criterio de autonomía, nos termos que se establecen no anexo I do Regulamento xeral de exención por categorías.

4. Se as empresas non tiveren o domicilio social en Galicia, deberán acreditar, cando menos, a existencia dun centro de traballo ou a realización dalgunha actividade empresarial xustificable dentro do territorio da Comunidade Autónoma.

5. Os requisitos para obter a condición de beneficiarios deberanse cumprir, o máis tardar, na data límite de remate do prazo de presentación de solicitudes.

6. Non poderán obter a condición de beneficiarias as empresas suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión que tivera declarado unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

7. Non poderán ter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da citada Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, nin as empresas exceptuadas do ámbito de aplicación do Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis, e mais do Regulamento (UE) nº 1408/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector da agricultura.

8. As agrupacións de persoas físicas ou xurídicas de dereito privado deberán nomear un representante ou apoderado único da agrupación con poderes bastantes para cumprir coas obrigas propias dos beneficiarios dunha subvención. Estas agrupacións non poderán disolverse ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

9. Quedan excluidas como posibles beneficiarios aquelas empresas do sector da producción agrícola primaria (CNAE de clase 01.11 a 02.40).

Obrigas dos beneficiarios.
1. Son obrigas dos beneficiarios as establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia e, en particular, as  establecidas nestas bases reguladoras e na resolución de concesión.
2. Cando un beneficiario non poida executar o proxecto deberá renunciar á subvención. A renuncia efectuarase mediante a presentación do anexo IV que se xunta a título informativo. Este anexo deberá cumprimentarse a través da aplicación informática accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, ou ben desde a páxina web do Inega (http://www.inega.gal ).
3. O beneficiario está obrigado a respectar o destino do investimento, polo menos, os cinco (5) anos posteriores á data da resolución de pagamento final, salvo que existan prazos de maior amplitude aplicables no ámbito da Xunta de Galicia para proxectos determinados, caso no que se aplicarán estes.
4. O beneficiario deberá cumprir as medidas en materia de información e comunicación, sobre o apoio procedente dos fondos FEADER, recollidas no punto 2 da parte 1 do anexo III do Regulamento de execución (UE) 808/2014, da Comisión do 17 de xullo de 2014, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través de Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).
En todas as actividades de información, publicidade e comunicación que leve a cabo o beneficiario deberá recoñecer o apoio do Feader a operación financiada mostrando o emblema da Unión e unha referencia a axuda do Feader.
En concreto, os beneficiarios deberán cumprir as seguintes obrigacións:
a. Cando o beneficiario dispoña dun sitio web para uso profesional, deberá incluír no mesmo unha breve descrición da operación cando poda establecerse un vínculo entre o obxecto do sitio web e a axuda prestada á operación, en proporción ó nivel de axuda, cos seus obxectivos e resultados, e destacando a axuda financeira da Unión.
b. No caso de operación que consistan no financiamento de obras de infraestrutura ou construción que se beneficien dunha axuda pública total superior a 500.000 €, deberá colocar nun lugar ben visible para o público, un cartel temporal de tamaño significativo relativo á operación.
c. No caso de operacións non incluídas no apartado anterior que reciban unha axuda pública total superior éa 50.000 €, o beneficiario colocará unha placa explicativa con información sobre o proxecto, na que destacará a axuda financeira da Unión.
Os carteis, paneis ou placas e sitios web levarán unha descrición do proxecto ou da operación e os elementos descritos anteriormente. Esta información ocupará como mínimo o 25% do cartel, da placa ou da páxina web.
O  Inega porá a disposición dos beneficiarios modelos de placa  (na súa web).
5. O beneficiario deberá conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, polo menos, durante o período de permanencia dos investimentos e  está obrigado a facilitar a información que lle requira o Inega e a someterse ás actuacións de comprobación e control financeiro dos órganos competentes da administración autonómica, estatal e comunitaria no exercicio das súas funcións.
6. Os beneficiarios estarán obrigados a levar un sistema de contabilidade separado ou ben un código contable axeitado para todas as transaccións relativas ao proxecto subvencionado.
7. Os beneficiarios no marco das medidas de desenvolvemento rural comprometerase a proporcionar á Autoridade de xestión, ós avaliadores designados ou a outros organismos en que dita autoridade delegara a realización deste tipo de tarefas, toda a información necesaria para poder realizar o seguimento e avaliación do programa, en particular en relación co cumprimento de determinados obxectivos e prioridades (artigo 71 do Regulamento (UE) 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, de 17 de decembro de 2013).
8. A Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e as súas entidades instrumentais, no caso de resultar beneficiarias de subvención e sempre que non estivesen orzamentados inicialmente, deberán xerar o correspondente crédito polos ingresos que se produzan.

Requisitos:

1. Todos os proxectos deberán cumprir os requisitos seguintes:
a) Que non estean iniciados na data de presentación da solicitude da axuda. Os solicitantes poderán iniciar a execución do proxecto unha vez presentada a solicitude.
b) As actividades deberán ser realizadas no ámbito rural de Galicia, entendido como tal o ámbito de aplicación do PDR 2014-2020 de Galicia.
A definición de zona rural realizarase por eliminación daquelas zonas consideradas densamente poboadas (urbanas) en cada territorio. A delimitación destas zonas onde se debe realizar a actividade está definida a nivel de parroquia en función da densidade da poboación. Só serán elixibles as parroquias definidas como rurais ou intermedias para os efectos da aplicación do Feader (clasificación ZPP ou ZIP do grao de urbanización da parroquia segundo o GU 2016).
Esta información pode ser consultada na web do Instituto Galego de Estatística http://www.ige.eu/estatico/estat.jsp?ruta=html/gl/rural-urbano/MapaParroquiasGrao2016.htm
c) Que no momento da certificación final os equipos subvencionados estean en disposición de funcionar .
d) Que sexan viables tecnicamente.
e) Que se axusten á normativa sectorial (comunitaria, estatal e autonómica) en materia enerxética.
f) Que se axusten ás especificacións indicadas nas presentes bases.    
g) Que o solicitante non teña sido sancionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria pola comisión de infraccións en materia de subvencións no prazo de un ano se a infracción foi cualificada como leve, de dous anos se a infracción foi cualificada como grave ou tres anos se a infracción foi cualificada como moi grave. Os prazos computaranse desde a data de remate do prazo de presentación das solicitudes.
2.  O beneficiario no caso de pago indebido quedará obrigado a reembolsar o importe en cuestión, ao que se engadirán, no seu caso, os intereses. Non se aplicará a obriga de reembolso si o pago e froito dun error da autoridade competente ou de outra autoridade sen que o beneficiario puidera detectar razoablemente ese erro ( artigo 7.1 e 3 do Regulamento (UE) 809/2014, da Comisión, do 17 de xullo de 2014).
Con carácter xeral os supostos de retirada total e parcial da axuda e a imposición de sancións administrativas o beneficiario veñen reguladas no artigo 63 do Regulamento (UE) 809/2014, da Comisión, do 17 de xullo de 2014.
3. O investimento para que a actuación sexa subvencionable deberá superar os 3.000 euros (IVE excluído).

AUTONÓMICA

Resolución do 14 de marzo de 2017 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para a creación, mellora e ampliación de pequenas infraestruturas para proxectos de enerxías renovables, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se anuncia a convocatoria para o ano 2017 2016 (DOG nº 58 do 23 de marzo de 2017).

AUTONÓMICA

Corrección de Erros. Resolución do 14 de marzo de 2017 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para a creación, mellora e ampliación de pequenas infraestruturas para proxectos de enerxías renovables, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se anuncia a convocatoria para o ano 2017 (DOG nº 77 do 21 de abril de 2017).

Prazo de presentación pechado (24/03/2017 - 24/04/2017)

Tramitación en liña

Iniciar presentación
Vostede está a piques de abandonar a sede electrónica da Xunta de Galicia. Poderá tramitar o procedemento na nova ventá que se abrirá ao pulsar o botón Continuar.
 
Fondo Europeo de desenvolvemento rexional