Guía de procedementos e servizos

ED202A

Axudas económicas para a formación práctica en centros de traballo.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2017 - Prazo pechado: 14/10/2017 00:00 - 14/11/2017 23:59
TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento

Convocar axudas económicas para a realización da formación práctica en centros de traballo (FCT) en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento ED202A), nas seguintes modalidades:

1. Modalidade A. Alumnado matriculado en ciclos formativos de grao profesional básico, grao medio e grao superior de formación profesional inicial, artes plásticas e deseño, ensinanzas deportivas e programas formativos e que realice a FCT dentro do territorio español.

2. Modalidade B. Alumnado matriculado en ciclos formativos de grao profesional básico, grao medio ou grao superior de formación profesional inicial, de artes plásticas e deseño, ensinanzas deportivas e que realice a FCT fóra do territorio español co fin de mellorar as competencias lingüísticas e profesionais.

O alumnado matriculado en centros públicos desta comunidade autónoma e, no caso dos centros privados, o alumnado matriculado en ensinanzas concertadas coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que estea cursando o derradeiro curso dun ciclo formativo de grao profesional básico, grao medio ou grao superior de formación profesional inicial, artes plásticas e deseño, ensinanzas deportivas e programas formativos.

Obrigas das persoas beneficiarias.

1. A persoa beneficiaria está obrigada ao reintegro, total ou parcial, da subvención ou da axuda pública percibida no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión, logo do procedemento establecido no artigo 77 e seguintes do citado Regulamento da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

2. A persoa beneficiaria está obrigada a facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das funcións de fiscalización e control que lles correspondan.

3. Para os efectos do artigo 31.7 da Lei 9/2007, utilizarase a declaración responsable recollida no anexo IV desta orde.

4. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no seu artigo 3.1, a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Dirección Xeral de Formación Profesional

Subdirección Xeral de Innovación Profesional e Coordinación co Sistema Produtivo

Servizo de Orientación e Innovación Profesional

Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 2, planta baixa

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981540213 / 981546540

Fax: 881999509

www.edu.xunta.es/fct

Servizo de Orientación e Innovación Profesional
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

19/05/2017 00:00 - 19/06/2017 23:59

14/10/2017 00:00 - 14/11/2017 23:59

1. O primeiro prazo, trinta e un (31) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, para o alumnado que realizase a FCT nos períodos outubro 2016-marzo 2017 e nos períodos xaneiro-xuño, xaneiro-marzo e abril-xuño de 2017. Todo o alumnado deste prazo deberá rematar o período da FCT antes do 31 de agosto de 2017.

O alumnado a que lle corresponda realizar a FCT no período de setembro-decembro de 2017 e que anticipase o período de FCT non se acollerá a este primeiro prazo.

2. O segundo prazo será o comprendido entre o 14 de outubro e o 14 de novembro de 2017, para o alumnado de ciclos formativos que lle corresponda realizar a FCT no período de setembro-decembro de 2017. Este alumnado deberá rematar obrigatoriamente o período de formación en centros de traballo antes do 31 de decembro de 2017. O alumnado que teña horario flexible con autorización da dirección xeral e remate despois do 31 de decembro de 2017 acollerase á seguinte convocatoria de axudas.

- O alumnado que concorra a esta convocatoria de axudas deberá rematar o período de formación práctica en centros de traballo antes do 31 de decembro de 2017.

- Non poderá ter a condición de beneficiario das axudas previstas nesta orde o alumnado que incorra nalgunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

- O/a solicitante debe cumprir os requisitos para obter a condición de beneficiario/a de acordo co artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma segundo indica o artigo 11 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007.

  • O alumnado que reúna os requisitos para participar nesta convocatoria presentará a seguinte documentación:

    • Solicitude normalizada segundo o anexo I desta orde.

    • Declaración do enderezo de residencia durante o período de realización da FCT, segundo o anexo II desta orde.

  • As solicitudes, xunto co resto dos anexos requiridos, serán facilitados ao alumnado polo centro educativo en que estea matriculado no momento de realizar a formación en centros de traballo. Toda esta documentación xerarase a través da aplicación informática www.edu.xunta.es/fct, polo que os anexos desta orde só serven para efectos informativos.

  • As solicitudes, xunto co resto dos anexos, só se poderán presentar no centro educativo onde o alumnado estea matriculado no momento de realizar a formación en centros de traballo.

  • Para calquera outro trámite distinto da presentación da solicitude, a sede electrónica da Xunta de Galicia ten ao dispor das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas

Despois de presentar

Prazo de resolución: Cinco meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 3 de maio de 2017 pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo (DOG nº 94 do 18 de maio de 2017).

    • Orde do 21 de decembro de 2017 pola que se fai pública a resolución das axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo, convocadas pola Orde do 3 de maio de 2017 (DOG nº 15 do 22 de xaneiro de 2018).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

ED306A

Adxudicación de prazas de residencia nos centros residenciais docentes.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 21/06/2025 00:00 - 04/08/2025 23:59

ED308A

Adxudicación de prazas de residencia a persoas colaboradoras bolseiras en centros residenciais docentes.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 21/06/2025 00:00 - 08/08/2025 23:59

ED311F

Premios extraordinarios nas ensinanzas artísticas profesionais de música, danza, e de artes plásticas e deseño na Comunidade Autónoma de Galicia.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 01/07/2025 00:00 - 31/07/2025 23:59

ED317A

Avaliación e acreditación académica do alumnado que cursa as ensinanzas da formación profesional inicial

Aberto todo o ano