Inicio

SEDE
ELECTRÓNICA

Xunta de Galicia
Pode que o seu navegador non estea empregando o plugin de Adobe PDF. Ten a opción de configuralo seguindo as instrucións que lle achegamos ou continuar igualmente coa presentación. << Cancelar e configurar Adobe PDF

IN412B - Axuda do Plan Renove de Fiestras.

Forma presentación

Tramitación en liña

Iniciar presentación electrónica
Iniciar presentación electrónica: entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento desde outro sistema electrónico da Administración da Xunta de Galicia.


Datos solicitude

Prazo de presentación : 01/03/2016 - 30/09/2016.

O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o día 1 de marzo e finalizará o 30 de setembro de 2016, agás que se produza o suposto de esgotamento de crédito.

Prazo de resolución : Cinco meses

Sentido do silencio administrativo : Negativo

  • Solicitude segundo o Anexo III desta orde, acompañada da seguinte documentación:
  • Documentación adicional obrigatoria para persoas físicas:
    • Copia da Escritura da vivenda a nome do solicitante, ou recibo do imposto de bens inmobles (IBI) a nome do solicitante.
    • Copia do DNI ou NIE, da persoa solicitante, no caso de non autorizar a súa consulta no sistema de verificación de datos de identidade.
    • Copia de como mínimo tres ofertas de diferentes propietarios no caso de darse as circunstancias recollidas no artigo 9.f das bases reguladoras da orde.
    • Anexo IV de ser o caso.
  • Documentación adicional obrigatoria para agrupacións de persoas físicas:
    • Copia do documento que acredite a constitución da agrupación.
    • Copia do nomeamento do representante ou apoderado único da agrupación, con poderes bastantes para cumprir as obrigas que, como beneficiario, corresponden á agrupación.
    • Documento en que consten os compromisos de execución asumidos, así como o importe da subvención que se aplicará a cada un deles, que terán igualmente a condición de beneficiarios (Anexo V).
    • Copia de como mínimo tres ofertas de diferentes propietarios no caso de darse as circunstancias recollidas no artigo 9.f das bases reguladoras da orde.
    • Anexo IV de ser o caso.
  • Documentación adicional obrigatoria para comunidades de vecinos:
    • Copia da acta de constitución da comunidade de propietarios coa relación de propietarios e a determinación da cota de participación respectiva.
    • Copia da Certificación do acordo adoptado pola maioría legalmente establecida pola correspondente comunidade de propietarios aceptando as bases da convocatoria, comprometéndose á execución das respectivas obras e facultando o presidente ou administrador de predios para formular a solicitude de subvención.
    • Copia do acta onde conste o nomeamento do presidente ou certificado expedido polo secretario da comunidade referente a este extremo, ou certificación do administrador de predios que xestione a comunidade.
    • Anexo V debidamente cumprimentado.
    • Copia de como mínimo tres ofertas de diferentes propietarios no caso de darse as circunstancias recollidas no artigo 9.f das bases reguladoras da orde.
    • Anexo IV de ser o caso.
  • A documentación complementaria poderá presentarse electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

    A documentación complementaria tamén poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

    As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan auténticas.

    Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.
  • As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es , ou ben desde as páxinas web https://entidadescolaboradoras.xunta.es , https://planrenovefiestras.xunta.es , de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

    Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel (orixinal ou copia compulsada) en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.gal

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

DIRECCIÓN XERAL DE ENERXÍA E MINAS

SUBDIRECCIÓN XERAL DE ENERXÍA

Servizo de Enerxías Renovables e Eficiencia Enerxética
Edificio Advo. San Caetano, s/n - bloque 5 - 4ª planta
15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA
Teléfono: 981545573 / 981545464 Fax: 981545515
Email: cei.dxem.axudasenerxía@xunta.es
Información web: http://economiaeindustria.xunta.es

Poderá facerse uso do teléfono de información xeral da Xunta de Galicia, que é o 012 (desde o resto do Estado: 902 12 00 12).

Versión en formato PDF

A presente orde ten por obxecto aprobar as bases polas cales se rexerá a concesión de axudas por parte da Consellería de Economía e Industria destinadas á rehabilitación dos ocos acristalados da fachada, tanto no referente ao acristalamento como aos marcos ou perfís, co fin de acadar melloras significativas na demanda enerxética do edificio e os conseguintes aforros en termos económicos.

O Plan entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 30 de setembro de 2016.

O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva, de acordo co establecido na Lei 9/2007.

A concesión destas axudas estará en todo caso condicionada á existencia de crédito orzamentario e, no caso de esgotamento do crédito, a Administración deberá publicar no Diario Oficial de Galicia, e tamén na páxina web da DXEM a dita circunstancia, o que suporá a non admisión das solicitudes posteriores.

Actuacións, gastos subvencionables e contía das axudas.

1. Será subvencionable a renovación de fiestras que formen parte da envolvente térmica do edificio pola compra de novas fiestras que cumpran coas seguintes especificacións técnicas:

- Dispor de marcaxe CE conforme a norma UNE EN 14351-1:2006.

- Exixencias mínimas de eficiencia enerxética:

a) Opción A: carpintaría de madeira ou PVC e acristalamento que cumpra algún dos seguintes requisitos:
a.1. Dobre acristalamento con cámara de 12 mm ou superior para vidros normais.
a.2. Dobre acristalamento con cámara de 6 mm ou superior e con cristal baixo emisivo (con emisividade menor ou igual a 0,1).

b) Opción B: carpintaría metálica con rotura de ponte térmica de 12 mm ou superior con dobre acristalamento con cámara de 6 mm ou superior e con acristalamento baixo emisivo (con emisividade menor ou igual a 0,1).

En todo caso, a instalación destas carpintarías deberán cumprir coa exixencia mínima establecida no Código técnico da edificación que corresponda e segundo o disposto na Orden FOM/1635/2013, do 10 de setembro, pola que se actualiza o documento básico DB-HE «Aforro de enerxía», do Código técnico da edificación, aprobado por Real decreto 314/2006, do 17 de marzo.

A renovación consistirá na substitución dunha fiestra existente por outra de igual ou inferior tamaño.

Será subvencionable a colocación dunha nova fiestra paralela á existente (dobre fiestra), sempre e cando esta nova fiestra satisfaga os requisitos enerxéticos citados.

Tamén será subvencionable a renovación de portas que separen estancias calefactadas do exterior, sempre e cando cumpran coas especificacións técnicas deste artigo e teñan marco por todo o perímetro.

Considéranse custos subvencionables a retirada das fiestras existentes, a fabricación das novas fiestras e a súa instalación, sempre e cando veña detallado na factura.

Non son subvencionables:
- Os cerramentos acristalados que se instalen coa finalidade de pechar ambientes exteriores (terrazas e/ou tendedeiros), por non tratarse dunha renovación senón de modificacións na envolvente da vivenda.
- Ocos acristalados non situados na fachada como, por exemplo, as fiestras tipo velux.
- As fiestras que estean nas particións interiores das vivendas (fiestras interiores, fiestras de cuartos de baño interiores, ...), é dicir, aquelas que non separan estancias calefactadas do exterior.

En ningún caso serán subvencionables os gastos relativos a actuacións que xa foran obxecto de subvención nas anteriores campañas do «Plan renove de fiestras».

Con carácter xeral, e de acordo co establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, considéranse gastos subvencionables aqueles que de xeito indubidable respondan á natureza da actividade subvencionable.

Non se considerarán subvencionables:
- Os gastos e custos financeiros que sexan consecuencia do investimento.
- Os gastos realizados en bens usados.

Os gastos subvencionables deberán estar realizados e efectivamente pagados entre o día seguinte da reserva de fondos e o derradeiro día do prazo de xustificación.

2. O IVE (imposto sobre o valor engadido) será subvencionable para os particulares, entidades sen ánimo de lucro e administracións públicas, para o cal será necesario realizar unha declaración responsable (opción establecida na solicitude-anexo III) en que se indique que o obxecto da subvención non se dedica nin se adscribe a ningunha actividade empresarial ou profesional ou, no caso de ser Administración pública, que non pode repercutir o IVE.

3. A contía da axuda ascenderá a un máximo de 100 €/m2 de oco, cuns límites de 3.000 € por vivenda unifamiliar/piso. Para o caso de comunidades de propietarios ou edificios de vivendas, a axuda máxima será de 3.000 € por vivenda unifamiliar/piso, co máximo de 50.000 € por edificio.

En calquera caso, a cantidade da subvención non poderá ser superior ao 25 % do custo total da obra.

Soamente se admitirá unha solicitude de axuda por solicitante e unha única actuación por solicitude.

4. En ningún caso o custo dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor do mercado.

Beneficiarios:

Poderán ser beneficiarias das subvencións as persoas físicas propietarias ou titulares de calquera dereito sobre inmobles do sector residencial e comunidades ou mancomunidades de veciños, sempre que a actuación subvencionable descrita no artigo 3 se realice en vivendas sitas na Comunidade Autónoma de Galicia.

Non poderán obter a condición de beneficiarias as persoas físicas nas cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e na súa normativa de desenvolvemento.

Os beneficiarios obríganse a facilitar canta información lles sexa requirida pola DXEM no exercicio das súas funcións de fiscalización do destino das axudas.

Requisitos:

Son obrigas dos beneficiarios, sen prexuízo do disposto no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as seguintes:
a) As descritas no artigo 6, letras a), b), c) e d), obrigas comúns ás entidades colaboradoras.
b) Realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamente a concesión da subvención.
c) Proporcionarlle á entidade colaboradora todos os documentos necesarios para poder tramitar as axudas establecidas nestas bases, así como acreditar os requisitos ou condicións que determinen a concesión da axuda, no prazo sinalado na convocatoria ou, excepcionalmente, o que se sinale na resolución, cando esta sexa consecuencia da estimación dun recurso.
d) Acreditar ante a entidade colaboradora, con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión, así como antes das correspondentes propostas de pagamento, que está ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma, no caso de non autorizar a súa consulta.
e) Realizar o pagamento das facturas emitidas pola entidade colaboradora antes da data de xustificación establecida no artigo 20. O pagamento corresponderá ao investimento total da renovación descontando a axuda outorgada pola CEI. Este pagamento debe estar debidamente xustificado mediante xustificante bancario, tal e como establece o artigo 20.3 destas bases.
f) Cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas no texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, para o contrato menor o beneficiario deberá solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, a prestación do servizo ou a entrega do ben, agás que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, preste ou subministren ou agás que o gasto se realizase con anterioridade á solicitude de subvención.
A elección entre as ofertas presentadas, que haberá de achegarse coa solicitude de subvención, realizarase conforme criterios de eficiencia y economía, e deberá xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa.
g) Executar as actuacións que fundamenten a concesión da subvención, así como colaborar e achegar a documentación á entidade colaboradora.
h) Xustificar, no prazo establecido no artigo 20, o cumprimento dos requisitos e das condicións, así como a realización das actuacións e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou o desfrute da subvención.
i) Someterse ás actuacións de comprobación que serán efectuadas polo órgano concedente, así como a calquera outra actuación de comprobación e control financeiro que podan realizar os órganos de control competentes, tanto autonómicos como estatais ou comunitarios, para o cal achegará canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.
j) Comunicarlle ao órgano concedente a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.
k) Conservar os documentos xustificativos da aplicación de fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, mentres poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.
l) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos establecidos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

AUTONÓMICA

Orde do 28 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, relativa ao Plan Renove de fiestras, así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á convocatoria para a anualidade 2016 (DOG nº 249 do 31 de decembro de 2015).

AUTONÓMICA

Orde do 18 de xaneiro de 2016 pola que se fan públicos os anexos da Orde do 28 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, relativa ao Plan Renove de fiestras, así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á convocatoria para a anualidade 2016 (DOG nº 19 do 29 de xaneiro de 2016).

AUTONÓMICA

Orde do 15 de xuño de 2016 pola que se amplía o crédito da Orde do 28 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, relativa ao Plan Renove de fiestras, así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á convocatoria para a anualidade 2016 (DOG nº 121 do 28 de xuño de 2016).

Prazo de presentación pechado (01/03/2016 - 30/09/2016)

Tramitación en liña

Iniciar presentación
Vostede está a piques de abandonar a sede electrónica da Xunta de Galicia. Poderá tramitar o procedemento na nova ventá que se abrirá ao pulsar o botón Continuar.
 
Fondo Europeo de desenvolvemento rexional